O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 24, 2014

NON ERES DA LNB SE.... NUNCA BERRACHE VIVA FRANCO!!


















Porque ise foi o berro que resoou o pasado domingo en todo o pavillón do Piñeiro de Cerceda donde se celebraba o terceiro asalto puntuábel da Conf. NorOeste no que o gran e referencial palanador Italo-Galego , Franco , dos Billardeiros Musicais arrasou a toda a tribo atlantica incluida a súa compañeira de franquicia Geni na espectacular final diste gran Aberto Cochukeiro.














Vence Franco nun espectacular arrinque de tempada tanto na súa conferencia aborixe da Norleste donde acotio asalta o podium e nas diferentes conderencias nas que participa sendo iste a do NorOeste donde por fin deu o tan desexado campanazo . Un extraordinado estado de forma no que se atopa o italo-galego que ogallá sexa o reflexo de como se atopa a Auténtica da que el formará parte no vindeiro desafío da Copa Cantábrica que iste sábado 29 enfrontará a Galiza e Asturies na pista central de Piedras Blancas. Un compromiso internacionalista da LNB que despois da acción Txirikila en Pasaia , a converxencia cantábrica do Liriu-Billarda desexa ferventemente con Franco ó fronte xunto ó resto de palanadores italian@s da Polka algun día afrontar o tan agardado reto lippa  con noso irmáns do Tocati de Verona ..Billarda , Liriu , Txirikila e Lippa Sempre!!