O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 25, 2014

TI A MACHORRA , EU O PALÁN...SE CHE FERVE O PEITO ÚNETE Á AUTÉNTICA NO GRAN DESAFÍO CANTÁBRICO_2014!!










Iste sábado chega unha nova edición da gran competicion de bilharda entre nacións ibéricas , a equivalente no noso desporto nacional ó seis nacions de rugbi tinxira de lume e paixón os nosos corazóns astures e galaicos na loita pola tan desexada Copa Cantábrica que cruzará a ponte dos Santos para presidir na pista de Pidras Blancas o gran partido internacional de Liriu-Bilharda.



Asturies agarda ansiosa e cega de vinganza coas machorras prestas e dispostas para asestarlle o golpe mortal á Auténtica coma se dun coello se tratara , mais @s de Flores , lonxe de relaxarse e deixarse esfolar pracidamente , contan as horas , minutos e segundos cara atrás para asaltar o castru da pista de Piedras Brancas e defender a Copa Cantábrica con dentes dun xabarín ferido e as uñas dun gato raxado panza arriba... Se che ferve o peito , únete á Auténtica no dasafío da Copa Cantábrica_2024!