O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 05, 2014

AS DEHESAS E A TELLEIRA ..AS ALTERNATIVAS CHURRASQUEIRO-BILLARDEIRAS E ANTI-IBI DISTA DILATADA FIND. NO BIERZO E SANXENXO!!



















De novo os irmáns de BillardaBierzo comandado polo referencial Tío Migui asaltan o Centro Cívico Deheas para dende as 16 sementar Ponferrada e o Bierzo todo de billardas afiadas e ósos de churrasco. O que comezou sendo unha brincadeira para arrincar a festa nista find. longa está a medrar de xeito imparábel consolidándose coma unha das datas fixas e refencias dentro do calendario billardeiro de todo o universo LNB. o Evento está funcionar de xeito brutal entre @s activistas do palán do lugar que xa se desafían en plan ultras antes dun almorzo ás sete da mañá. Se estás preparando o GPS para ista dilatada find. , a Billarda e o Churrasco do Tío Migui converten as Dehasas é o teu destino perfecto!!













E simultánea á incendiaria accion billardeiro-churrasqueira das Dehesas en Vilalonga na pista de terra da Telleira celebraráse unha nova enganchada puntuábel da Conf. RíasBaixas e nón só iso senón que os palanadores e palanadoras que participen no Aberto terán a posibilidade de informarse e asinar contra a implantacion do IBI solicitando a revision do mesmo por parte das autoridades municipais do concello de Sanxenxo. Se queres que as cousas sigas como están deitate e quédate na casa , se queres que a túa opinion sexa escoitada , colle e palán e bótate á Telleira...IBI Non , Billarda Sempre!!