O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 13, 2014

ISTE DOMINGO PAPÁ PALÁN PROTEXE ÓS KAMIKACES DA BILLARDA NO ABERTO DO GALO DA NORLESTE E NO ABERTO DA AGRA DE LEBORÍS NA NOROESTE!!


















Durante toda ista semana en ribadeo ulíu moi raro ...como a galo mollado , é por iso que visto as imposibilidades que dende as institución deportivas municipais de que o mítico torneo do Galo da LNB se desputase a cuberto os Billardeiros Musicais , coordinadores diste aberto, optasen pola proteccion do pavillón de San Miguel que ofrece a magnífica xestion dos Remourelle Bulls e da Ekipa , equipas enfrontados a morte na pista pero que unha vez máis demostran que cando se trata de desatoar un atasco institucional todos somos un para o bo fluir das implacábeis regos da LNB. Porque cando un responsábel de deportes dun concello X afirma que xogar á billarda a cuberto é unha perda de identidade absoluta do noso deporte nacional para moitos palanadores e palanadoras da LNB cando unha mañá , tarde ou noite de chuvia , xeada ou vento extremo.. un pleno municipal se celebra na comodidade con calefacción e sillas acolchoadas dun salón do consistorio e non fóra á pureza do ceo aberto para nós perde toda a lexitimidade sobre todo se ise goberno se di nacionalista.

















E un domingo máis na frecuencia atlantica da LNB lanzan o berro ben cedo pola mañá de ERGUETE E LOITA!! xa que apartires das 11 h . os activistas da Noroestes reuniranse no pavillón do IES Agra de Leborís para desputrar un novo Aberto puntuábel na Laracha co pouso brutal dos tempos novos , tempos salvaxes...Billarda Sempre, colle o palán e failles fronte!!