O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 16, 2014

O APALPADOR PRESENTE NO ABERTO DO GALO E NO SUBCONCIENTE COLECTIVO NO ABERTO DA LARACHA!!


















Catro estacións cara a loucura , isé o título do recentemente editado libro de Evaristo Páramos , exlider de la polla e actual Gatillazo, e que xunto ás ultimas acción literarias de Luis Pirucha , o palanador dos Gharabotos que pola mañá competía en Laracha e facía dobrete en San Miguel , monopolizaron absolutamente as acesas conversas contracultarais a pé de pista na nova edición do Aberto do Galo 2014 , que por incompetencia institucional das autoridades ribadense se tivo que deslocalizar ó pavillóns de San Miguel de Reinante ( Barreiros ).


















Un camiño á loucura que fixo posíel b que o gran palanador da Ekipa " Mondoñedo " xestionara unha vez máis un espectacular galo para que o Apalpador llo puidera entregar en total plenitude emocinal ó gran campoón diste mítico Aberto que foi Markitos de Billardeiros Musicais que nunha serie brutal de 5 plenos acaecidos todos eles pola vía rápida do varado, enviou á lona a todos os seus contrincantes cunha mortífera dose de cloroformo.















Pola parte da Coruña gostan dos almorzos en comunidade poder ser unha das causas polas que o pavillón da Laracha ulira a café recén feito iste domingo cando apartires das 11 da mañá os activistas da Noroeste se reuniran entorno a un Varal para escorrentala xeada da mañán...















Un Aberto no que un palanador do hemisferio Sur " Carolo " fixo valer a súa ferocidade e acerto nunha mañá na que o recordo do siareiro galego dos Riazor Blues Jimmy asasinado en Madrid polo feixismo ultra permanecia xunguido en cada un dos varados dos palanadores e palanadoras da Conf. Noroeste...Billarda Sempre!!