O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 28, 2014

PALÁNS ERGUEITOS COS VECIÑOS DE SANXENXO CONTRA AS OBRAS NO PANTANAL DO CLUB NAUTICO!!














Nun dos epicentros da Conferencia RíasBaixas saltou a chista despois de que unha vez máis os reponsábeis do clube nautico da vila , ó igual que acontece en moitos outros concellos costeiros galegos , tentaran mexar por riba dos veciños , apoiados polas forzas de ocupacion e coa connivencia institucional o xenocidio ecolóxico na Praza dos Barcos está a piques de consumarse de non ser pola acción dos veciños e veciñas fart@s de tanta podredume ....




Decidiron dunha puta vez pasar das palabras ó feitos ..... Billarda Sempre cos veciños e contra o xenocidio ecolóxico do club nautico de Sanxenxo!!

quinta-feira, fevereiro 27, 2014

O COMBOIO BEZOUQUEIRO, SESIÓN VERMÚ , BILLARDA , POCEIRO E PALÁN STEREO!!



















O descarrilamento do tren cara Bruxelas previo paso polas eleccions europeas fixo que activistas da actual conferencia durminte Bezouqueira se baixaran da locomotora de Anova por mor de deixar de ser locomotora e converterse en vagón dunha formacion españolista. Unha decision a de abandoar a Comision Permanente da formacion liderada por Beiras e Noriega que ben podería sacar de novo a Proia á pista de xogo para activar o universo billa xa que como se demostra día a día dende fai xa un feixe de anos , a LNB é ise comboio con credivilidade a eito e paso firme que iste país necesita para a súa liberacion nacional...



















E non pode haber mellor exemplo de socializacion do conflicto billardeiro que os medios standar e os partidos que se presentan á farsa das eleccions europeas se empeñan en silenciar , que nun contexto coma o que iste sábado vai inundar o parroquia de San Miguel de Reinante no marco da Tradicional Feira Anual donde apartires das 15 h. se celebrará o explosivo Aberto non puntuábel do San Rosendo despois da sesion vermú.... Billarda , Poceiro e palán Stereo!! 

segunda-feira, fevereiro 24, 2014

CARA A CARBALLO NO BILLARDA ALL STARS 2014 ..15 LABIRINTO DE BILLARDA E PAIXÓN!!


Diferentes correntes se entrecruzaron en Mondoñedo , Salceda e Culleredo para que o leirón da LNB puidera penetrar no labirinto co palán na man para confirmar que o vindeiro 15 de marzo saltarán as espigas na grella no Billarda All Stars Pichorro 2014 que coordiando pola semente da Conf. Bergantinhos se celebrará na poderosa vila de Carballo.  Un All Stars que coma o anterio en Muimenta contará cun explosivo terceiro tempo que arrincará cunha foliada no lusco e fusco para a posteriori na mítica Sala A Reserva desenterrar as brosas de guerra nunha noite que promete ser histórica coa celebracion do I Festival LNB coas actuacions dos Vacalouras, o palanador e beatboxer Xenderal e a presentacion mundial dos 12 Labirinto , a banda paralela de dous históricos de Zenzar...

















Mais o leiron da LNB ademáis de Carballo tamén profetizou na súa inmersion no labirinto do Aberto das tartas de Mondoñedo que as billardas tirarán cara o Eo-Navia xa que a presenza dun neo-activista naviego no aberto Mindoniense acende a chama para apoiar máis accions de apoio á tribo liriu . Unha conexión brutal como se pode ver no espectacular especial sobre a Copa Cantábrica no programa La Bolera da televisión pública asturiana .

SE O VELLO SINBAD XOGASE Á BILLARDA...









Espectacular toma panorámika tomada polo ollo de rapiña do gran Nachok , o fótógrafo oficial da LNB que artellou todo o deseño gráfico do Repùblica Billarda estivo en Mondoñedo iste sábado captando a esencia visual diste mítica Aberto na Conferencia Mae.

















E antres de comezar a loita na vila de Cunqueiro os Billardeiros Musicais entregaron a Carabullo a empanada de Meira que erroneamente foi levada no anterior Aberto pola franquicia Ribadense coma campioa de equipos.

















Non foi o único acto anti-social que protagonizou a franquicia de Muimenta antes do inicio do Aberto , cartaz en man os Carabullo apresentaron o explosivo certamen de curtas que vai inundar a igrexa civil da vila filloeira de creatividade audiovisual independente.














Unha xornada que como informa a reporteira-ákrata veu marcada polo presenza dunha anti-siareira que consultou e incluso chamou ó concello se a LNB tiña permiso oficial para desenrolar un desporte ten perigoso coma a billarda. Anécdota. Guai ter pedido o permiso, non sei se che comentaron que ó comezar a xogar, unha rapaza achegouse a preguntarlles se tiñan autorización para xogar alí, porque era perigoso para os nenos e nenas,... Chamou por teléfono a alguén do Concello para informarse.
Non lle daría importancia, o seu pai tivo un accidente grave nun ollo xogando á billarda de novo. Parece se que non se puxo borde, só preguntou,..

















E simultáneo ó exercito da Norleste desterraban tamén a machada de guerra en Salceda os activista da Conferencia Sur coordianados polo espírito do Merdeiro representado polos referenciais treze-catorce.
















Mais de medio cento de participantes nun aberto mitico que se alongou da pista de xogo á festa Hortera posterior coa que a tribo pincha recibíu coma as formigas reciben o vinagre o incendiario entroido billardeiro
















E segundo informan no facebook oficla do Sur a pódiun do Aberto de Salceda foi o seguinte:

1º Xan (LÚA)
2º Albino (LÚA)
3º Fariña (COR)

Infantil: Adriana (VAL)

Mulleres: Adriana (VAL)

Equipas: Lúa de Forza





















Tanto en Salceda coma en Mondoñedo o terceiro tempo incadíu o espítiro de moitos dos participantes nos Aberto , foran gañadores ou non as cervexas e a intensiadebillardeira transladouse ós bares de Mondoñedo que historicamente están irmandados coa LNB . Martinho dos Bulls terceiro, Diego de Carabullo segundo e Coedo dos Billardeiros Musicais foi o pódium que os carabullo compretaron co título de franquicias polo que a celebracion no Porriño coa tarta de Diego acompañando os grolos de cervexa e co Botelo de campións por equipas nas alforxas co que coma en Ucrania con Yanukovich rematan xa por dous abertos consecutivos coa dictadura dos Billardeiros Musicias _
Fixo moi bo día. Os sectores máis intrépidos achegaronse ó Porriño onde un dos gañadores compartiu a súa tarta en plan merendola antes da chegada das tapas e disfrutaron das exposicións do local e do bo roio existente


















Ti ó monte e eu ó mar , cantaban aerolínea federales e cando un se sitúa en Mondoñedo a dicotomía foi Carabullo ó Porriño e Tropa Lixeira e activstas de Ex-Tension Billarda ó Valeco donde iste ano non estaba o referente Bukaneiro da LNB Txomin detrás da barra mais diante estaba o papae de kevin José tomando unhas cañas antes de tirar para a casa ...














E quen quixo chegar á casa sen as mans valeiras foi Daniel de Billardeiros Musicais que ó non poder acadar unha das espectaculares tartas de Mondoñedo feitas polo Koreano apurou a fin de semana para iste domingo 23 f . asaltar a pista de Culleredo no aberto de manán da Conf. Noroeste e poder afrontar así unhas merecidas vacacións nos territorios da Conferencia Andalucía...Billarda Sempre, #faitedaLNB!!

sábado, fevereiro 22, 2014

NO MES DE ¨NON TOMARÁS A BILLARDA EN BROMA¨ ...ADIANTE SALCEDA, MONDOÑEDO E A CRUÑA!!



Despois  duns anos de secano , torna a emoción , o espectáculo , a festa e o licor café ás pista da Conferencia Sur e faino pola porta grande cun incendiario video-estalo made no Faisca acendendo as estelas para quentar as espigas na grella de cara ó explosivo Billarda All Stars Pichorro de Carballo.    

















Unha festa e una Aberto mítico o organizado iste sábado apartires das 16 h. pola referencial franquicia dos Treze Catorce que fará que os disfraces e a billarda de novo se misturen coas formigas avinagradas e o espírito do merdeiro para desembocar ó final do Aberto nunha espectacular festa Hortera amenizada entre outros polo Dj. Croqueta. 


















E simultánea á accion billardeiro-antroideira de Salceda @s activistas da Norleste se darán cita no espectacular marco da Alameda de Alameda de Mondoñedo , un espazo perfecto para apresentar o espectacular certame de curtas que os Carabullo de Muimenta están artellando na igrexa civil da vila chairega , un poco antes de arrincar a loita polas espectaculares Tartas de Mondoñedo feitas no exilio da Pasteleiría do Koreano de Lourenzá, un manxar de moitos kilates que se verá amplificado polo Botelo-LNB coma premio para a franquicia campioa do Aberto .  













Un aberto o da Tarta de Mondoñedo no que ademáis cada inscrit@ recibirá un espectacular exemplar do agardadísimo Almanake-LNB relizado polo palanador dos Bulls e artista multiciplinar Muriego , un paso ó fronte para que en todas os fogares dos palanadores e palanadoras estexa o Almanake-LNB que escorrente os posíbeis meigallos que perseguen ós activistas da Billarda. E como anuncian no facebook oficial da Noroeste, iste domingo xa está marcado tamén no Almanake-LNB da conferencia Atlántica para como é norma apartires das 11 h. desputar unha xonrada dóbel nun punto a determinar da cidade da Cruña...xúnguete ó palán no que resta diste intenso mes de ¨ Non tomarás a billarda en Broma¨!!

quarta-feira, fevereiro 19, 2014

NUNHA MAN O PALÁN E NA OUTRA A TARTA DE MONDOÑEDO, PASTELMAN , FAI QUE ISES MISERÁBEIS PAGUEN O PATO!!













Nun intre no que a necesidade  de superheroes cheos de dignidade e credibilidade ética e moral é mais necesaria ca nunca a LNB nunha fin de semana na que o antroido en Salceda e as Tartas de Mondoñedo serán protagonistas simultáneos iste vindeiro sábado , unha accion simultánea da cal emerxe ise espectacular heroe enmascarado e xusticierio chamado PASTELMAN que exerce na vila de Sprinfield mais que iste sábado tamén aparecerá por Mondoñedo e Salceda cunha man o palán e na outra a tarta de Mondoñedo ...















E atención porque os activistas da Conf. Noroeste anuncian no seu facebook oficial que iste domingo tamén Pastelman terá traballo nunha pista por confirmar na Coruña coa celebracion dunha xornada dóbel puntuébel para a poderosa e indomábel conferenca atlantica . Por favor Pastelman unha man o palán e na outra a tarta de mondoñedo e fai que ises miserábeis  paguen o pato!! 

segunda-feira, fevereiro 17, 2014

AGARRA O TEU PALÁN E LÁNZATE Ó ABISMO BILLARDEIRO DO ENTROIDO EN SALCEDA E DOS TARTAZOS DE RESISTENCIA EN MONDOÑEDO!!

















O Loitador , o impactante e desgarrador filme protagonizado por Mickey Rourke sobre a descarrilada vida dun heroe do cuadrilátero vido a menos despois de 20 anos de chimpos e labazadas acende a chama sobre a necesidade imperiosa despois de centos de micro e medio-metraxes billardeiros de que un director e unha productora sexa galega ou de donde carallo sexa poña o seu filtro sobre o universo LNB para describir coa crudeza dunha operacion a corazón aberto o que significa para un activista a resistencia e afirmacion vital  dentro e fóra da pista de xogo ser "O Palanador".


















E non pode haber mellor exemplo de resistencia e ímpetu que o protagonizado ista fin de semana o sábado na Confarencia Centro que protexidos baixo as tellas do pavillón de Castrofeito realizaron un novo e multitudianrio Aberto Cicloxénico puntuábel do universo estornela no que a Raquel a gran palanadora dos Trouleiro se fixo co triunfo absoluto espallándo con ista gran vistoria aínda máis o poder das palanadoras que en cada Aberto e golpexo se reivindican  coa mesma forza e precisión das patinadoras olímpicas de velocidade sobre o xeo de Sochi.


















E por se non quedara claro na Centro @s activistas da Conf. RíasBaixas tamén isa mesma tarde de sábado se deron cita no pavillón de Ribadumia para celebrar unha nova enganchada puntuábel no que os palanadores sabedores do empurre das Pussy Riots Billardeiras nada máis arincou o torneo puxeron as barbas a remollo polo que puidera acontecer...

















Cos caixeiros ardendo en Vigo , coa corrupción arramplando ás súas anchas e con impunidade absoluta nos governos das cidades e vilas galegas e no goberno foral de Nafarroa  ... a LNB non pode quedar de mans cruzadas e co palán nunha man e coa tarta de Mondoñedo na outra a xustiza billardeira afina punteiría para iste vindeiro sábado no espectacular marco da Alameda mindoniense e no Campo de futbol de Salceda de Caselas por a careta e correr o entroido escorrentando ás pantasmas do presente e do pasado....Entroido , Billarda e Tartazos de Resistencia Sempre!!