O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 31, 2014

ISTE DOMINGO ABERTO DA FILLOA XOTRAMU-MUIMENTA .. O BRAVÚ ESTOURA EN CADA VARADO!!



















No referencial galiñeiro do festival de Cans os Diplomáticos voltaron bruar cunha espectacular Sesion Bravú , un brutal e incendiario espazo alternativo análogo á pista de terra batide de Conxo donde a LNB celebraba a explosiva edicion 2014 do Play Off Nacional , alí no peito do gran palanador dos Carabullo de Muimenta , Ismael de Outeiro , e no resto dos centos de activistas do palán que estaban alí estouraba en cada golpexo da madeira contra a madeira a raiba e carraxe dos Rastreros e do movemento bravú todo.


















Foi unha tempada iste na que varios palanadores sufriron contratempos deribados do seu paso por diferentes ingresos hospitalarios e precisamente será o gran Ismael Outeiro quen por un contratempo dunha pequena intervencion quirurxica non poderá estar no gran Aberto da Filloa na súa vila mae de Muimenta. Será pois iste domingo 1 de Xuño no marco da gran festa de xogos tradicionais Xotramu donde de novo apartires das 16 h. as billardas voltarán bruar na procura das filloas ...Colle o palán e fura o Nordeste cun seco Varado!!

quinta-feira, maio 29, 2014

#CONXO2014 ....COLLE O PALÁN E A ÁBRETE DE ORELLAS!!



















La búsqueda de nuevos sonidos y espacios fue una de las peculiaridades de los incios inalienables billardeira de la civilización, y nada más brutal que propisa abstracto con auriculares en la pista en los momentos de mayor tensión que debe ser compatible con un palanador Top como es, sin duda, la participación en final nacional varado.


















Los espacios y los sonidos que explotaron en Cabano adjuntan al campo de fútbol, ​​donde la tierra se celebra musical a bordo, protagonizada por dos palanadores absolutamente de referencia, Albino Gelin la guitarra y los vientos y las trompicallos armónicas travesaño abrió caminos y emociones compartidas con decenas de siareiros desfrutaron a una longitud que la aclamación popular de la India para el seguro se repetirá en los próximos anti-billardeiros eventos ...

quarta-feira, maio 28, 2014

OS PREMIOS GASTRONÓMICOS MILLO CORVO - CARNELAO Á MELLOR E PEOR TORTILLA DO PLAY OFF NACIONAL INCENDIAN DE NOVO #CONXO2014!!















Carnelao-Facebook ofreceu en exclusiva mundial a brutal imaxe do podium do MilloCorvo-Carnelao á mellor e peor tortilla do Play Off Nacional de Billarda . Carmela de Trouleiros foi a encargada de recoller as mazorcas de MilloCorvo e a botella de Likor Café de mans do Komandante Viana que acredita a súa Tortilla coma a mellor do Play Off Nacional e Xermán da Ekipa-Bítere recibíu o MilloCorvo "Montserrat García" á peor tortilla do Play Off Nacional #Conxo2014.....porque outro xeito de rebelarse e facer tortillas é posíbel!!



















A irrupcion das billardas en Conxo como xa é tradicion troixo tamén consigo a  visibilizacion do conflicto alimentar que ano coa celebracion dun uin ano máis do impresindíbel concurso MilloCorvo-Carnealo que premia á mellor tortilla do Play Off Nacional que iste edicion deu un brutal paso ó fronte premiando tamén a peor creacion de #Conxo2014.  No referencial espazo facebook de Carnelao xa se poden ver nun espectacular primeiro plano as espectaculares tortillas que entraron en concuso.

















Un cualificado Xuri formado por palanadores da LNB percorreu as mesas para catar e desfrutar das diferentes creacions ás que lle foron asignando unha puntuacion . O anti-percorrido gastronímica na procura do MilloCorvo arrincou na mesa dos Billardeiros Musicais de Ribadeo.


















Posteriormente o xuri chimpou cara o salnés para probar a tortilla coa que a tribo da Conf. RíasBaixas se estaban alimentando , o que a posteriori sería o Coroceiro Nacional e o seu rival na final estaban alí , comerían da tortilla istes dous Luas de Zorza??

















E do Salnés á área estornela , os membros do xuri chegaban ó Pino dispostos a probar unhas tortillas que xa coa vista se facía a boca auga .


















Xusto a sensacion totalmante oposta que experimentaron os xuices do MilloCorvo - Carnelao cando chegaron á cata da tortilla de Ras do Eo con ovos de Remourelle que apresentaba un dos membros da decana das franquicia LNB "Ekipa-Bítere".

















E a tension mascábase no ambiente cando o xuri chegou ós territorios gastronómicos da Conf. Sur , alí agardaban as creacions  de Bego de Corredoiras , tan só un par de horas antes proclamada Campioa Nacional Feminina que defendía o título MilloCorvo-Carnelao Marrozos-2013 .

















E dende a Coruña ó igual que fixeron na pista de xogo de Conxo ó conseguir o terceiro posto por equipas no MilloCorpo os Filloas de Sangue tamén querían reivindicarse cun conxuro de patacas e ovos mollados polas brisa atlántica e a forza e compromiso infranqueábel da Laracha alegre e combativa

















E no medio dista boráxine de tortillas o xuri pasouse pola mesa da referencial Conf. Andaluza para saborear a imprescindíbel Manzanilla directmente traída dende o campo base do Toxo-Verde de Cádiz. Nengún Play Off Nacional sen MilloCorvo nen Manzanilla-

















O pesadelo instalouse no corpo dos membros do xurado cando se decataron que gran anti-chef da LNB Pinto estaba exercendo como asesor da gran Dego de Corredeiras mais nen o alento do palán do palanador da Faisca na caluga dos xuices fixo tremar o pulso á hora de puntuar a tortilla da campioa nacional feminina.


















Co corazón e o estómago partido retaron a súa andaina gastronómica os membros do xuri Millo-Corvo Carnelao 2014, foi na mesa dos Gharabotos que compartían coa equipa Andaluza donde o degustaron a creación dos indíxenas de Marín. A  puntacion das creacions do MilloCorvo #Conxo2014 no referencial Carnelao-Facebook!!

terça-feira, maio 27, 2014

EN CONXO214 O COROCEIRO NACIONAL E OS CAMPIÓNS NACIONAIS SEMENTAN VENTOS PARA MOI PROTO RECOLLER TEMPESTADES!!

Unha espectacular imaxe do Podium que resume toda intensidade vivida na terra batida do campo de futbol de Conxo na espectacular edicion 2014 do Play Off Nacional da LNB.

















Cada segundo na entrega de premios das diferentes categorías en xogo eran lóstregos de emoción indíxena compartida polos premiad@s e polos centos de siareir@s LNB que seguiron co corazon nun puño a gran cerimonia conducida polo ex-coroceiro nacional Rubén Otero. E o éxtase colectivo produciuse cando os activistas LNB-Carnelao foron os encargados de realizar o Encorozamento do campión nacional absoluto da LNB 2014 Xan Rodiño.

















Ferveron e ferven as redes anti-sociais da LNB cando á tardiña se comunicou ó mundo polo Varal-Facebook  dende a pista de Conxo que o Troita Brava Xosé Regueiro se convertera no campion nacional 2014 de varados.

















E antes dos varados e do dioivo que partíu pola metade a final nacional de Varados a gran Bego combertíase nunha final contra Lu na nova campioa nacional feminina.

















Unha final feminina que tivo ó seu caron e de xeito simultáneo a gran e agardadísima final infantil , impresionante nivelazo na canteira da LNB que converteu a Brais  no primeiro gran campion nacional infantil da história.

















E pese ós chuzos de punta que golpexaron a final nacional por equipas que propiciaron un parón no ecuador  da mesma que se aproveitou para realizar o xantar de irmandade para depois o mesmo e da entrega dos explosivos premios MilloCorvo-Carnelao á Mellor Tortilla e MilloCorvo-Montserrat García á peor tortilla
do Play Off Nacional , rematar a final de franquicias na que os Lua de Forza da RíasBaixas se impuxeron sen paliativos ó resto de equipas.
















Mais nunha tan intensa entrega de premios nacionais como foi ista de #Conxo2014 hai que destacar a espectacular xestion de premios nacionais realizados por artesáns do salnés que queren manterse no anonimato e polas intensas locucions de Mario , o concelleiro LNB no goberno do exilio e polo brutal discurso do gran Xose Collazo representando ós míticos Filloas de Sangue ó recoller a escultura que os acredita coma terceiros clasificados....Collazo patriota galego e futuro presidente da República Galega xa!!

segunda-feira, maio 26, 2014

#CONXO2014 CONVERTE A XAN RODIÑO NO PRIMEIRO VEXETARIANO COROCEIRO NACIONAL!!


















IMPOSÍBEL NON EXTREMECERSE DE NOVO ANTE A ESPECTACULAR IMAXE DE ENCOROZAMENTO DO GRAN PALANADOR DOS LÚA DE FORZA , XAN RODIÑO . NUNHA FINAL Ó LÍMITE NA TERRA BATIDA DE CONXO O PALANADOR DAS RÍAS BAIXAS FULMINOU Ó SEU COMPAÑEIRO DE EQUIPA GINÉS QUE VÍA COMO POR SEGUNDA VEZ CONSECUTIVA SE LLE ESCORREGABA A COROZA DAS MANS COMA A AUGA ENTRE AS DEDAS. DANIEL O COROCEIRO NACIONAL SAÍNTE ENTREGABA EMOCIONADO NUNHA MAXISTAL CERIMONIA DE ENTREGA DE PREMIOS O TROFEO QUE DENDE O PRINCIPIO DOS TEMPOS DA CIVILIZACION LNB ACOMPAÑA Ó COROCEIR@ NACIONAL DURANTE TODO O SEU ANO DE VIDA BAIXO AS XESTAS ...BILLARDA SEMPRE, ADIANTE CO COROCEIRO NACIONAL!!


sábado, maio 24, 2014

HAI UN AVISMO DONDE HABÍA UN ESTREITO ... A LOMBOS DO MACHO-PATERA DA LNB CONQUISTAREMOS DE NOVO #CONXO2014!!


...














Os nosos nomes perderon calquera senso , somos tan pequenos coma os grans de area do deserto ...uns grans de area que mañá serán mar , só de nós depende . Coa ollada limpa e o pulso firme nun  mesmo punto do horizonte , a gran serpe multicor da LNB retorna iste 25 de maio á mítica terra batida de Conxo a lombos dise animal coma nós irrepetíbel  , o Macho , froito da unión de dúas especies que da paixón entre os silveiros emerxe coa forza dun xabarín ferido. Iste domingo xúnguete pois ó Varal-Facebook e sigue en tempo real os bafos da incendiaria loita pola Coroza niste... Play Off Nacional #Conxo2014!! 

quarta-feira, maio 21, 2014

OVOS , PALÁNS E PATACAS POLA SOBERANÍA ALIMENTAR E DESPORTIVA NA NOVA EDICION DO CONCURSO DE TORTILLAS DO PLAY OFF NACIONAL #CONXO2014!!














Cos ollos na listaxe de clasificad@s para loitar pola  Coroza da LNB e polos espectaculares trofeos de cada categoría e coas mans nos paláns regulamentarios e no rabo das tixolas ó lume para iste domingo 25 de Maio loitar no terreo de terra batida do campo de futbol de Conxo polos diferentes títulos nacionais en xogo e polo gran trofeo Carnelao que como manda a anti-tradicion billardeira premiará á mellor tortilla do xantar de irmandade a pé de pista.


















Un xuri formado por palanadores e palanadoras das diferentes conferencias percorrerá as mesas catando petiscos de cada unha das exquisitas creacions para de entre todas elexir polo sabor , presentacion e orixinalidade á mellor e máis anti-española das tortillas do Play Off Nacional #Conxo2014...Ovos , Paláns e Billardas pola independecia e soberanía alimentar sempre!!

terça-feira, maio 20, 2014

#8f45anos PALANADORES ATRAPADOS NA PODREDUME DA ARAÑEIRA XUDICIAL ANTI-GALEGA!!









Aquela mañá a LNB tamén estaba en Compostela , activistas da LNB nas rúas fronte á manifa do odio destilado polos manifestantes de GaliciaBilingüe e no palacio de congresos donde o daquela o governo bipartito supostamente ía crear unha infraestuctura global de accion para todo o deporte tradicional galego , unha chafullada máis que rematou  esfumandose coma todo o resto daquelas patrañas... Mais ise mesmo día pola tarde nun pavillón de Compostela a LNB celebrou un xa mítico Aberto dos Represariados , en homenaxe ós encausados pola súa activiade de compromiso co país. Así foi aquela xornada de loita e billarda e así ten que ser cada Aberto da LNB porque como expresa o voceiro dos encausados pola defensa da lingua á saida dos xulgados non pode ser que os que atacan e lapidan a lingua de seu estexan okupando postos institucionais e os que a aman e a protexen esteñan sendo xulgados por elo.











Todos os encausados son recoñecidos impulsores da accion da LNB mais un deles , o mítico palanador da Conf. NorOeste Jano , é dos que deixaron fonda pegada nos diferentes abertos nos que participaron , e para mostra ista espectacular imaxe do podium nun Aberto das Letras na Coruña no que Jano acupou o segundo posto e imborrábel tamén a participacion diste activista nun explosivo  Aberto Zoqueiro do día da Patria no mítico espazo de Belvís...Defender a Lingua e Billarda Non pode ser Delito!!

domingo, maio 18, 2014

SEN MANZANILLA NON HAI PLAY OFF NACIONAL, ARRINCA A CONTA ATRÁS PARA A GRAN MUIÑADA CONXO 2014!!


















Aram os bois e chove pero yo quería comprarme um vestido y está cerrado el Bershka. ...Iste é un dos espectaculares twitts lanzados no día das letras polo referencia activista foz-ego @cascarelo , sorprendentememente aínda segue en liberdade e as forzas de represion policial non irromperon aínda , que nos saibamos , na súa morada compostelá pese pedir unha amnistía xudicial nas redes sociais para poder ceibar improperios perante o falecemento do preso nº 8719600510 - Amnistía por un lado e retorno do exilio polo outro xa que a LNB despois dunha ardua xestión conseguíu que o Play Off Nacional 2014 se realice de novo no mítico espazo do campo de futbol de terra de Conxo.










Unha edicion a do 2014 na que que por desgraza non van estar os irmáns da conf. bezouqueira , a tribo billa continúa en estado vexetal todo o contrario que os activista da referencial Conf. Andaluza que dende o seu explosivo facebook xa informan do nerviosismo e a intensidade brutal coa que viven a conta a trás cara a inmersion billardeira atendendo ós procesos técnicos de construccion de billardas sen descuidar un àpice a infraestructura loxistica formada por un conxunto de botellas de manzanilla que os activistas galegos da LNB agardamos ansios@s ...Sen manzanilla non hai play off nacional , Billarda Sempre Adiante Conxo2014!!

terça-feira, maio 13, 2014

TRAZO E VILAGARCÍA RACHAN O GUIÓN E ACOLLEN OS BILLARDA MASTER CLASS DA LNB NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!

















No marco da semena das letras galegas un par de centros e ensino do país deron o paso ó fronte para esnaquizar a aldraxe e inxuria institucional que condea á billarda ó ostrascismo mediático , son o Centro de Ensino de Trazo o venres 16 de maio donde a billarda vai estar presente coordianada por activistas LNB dirixidos polo referencial Sub-Comandante Collazo , dende as 9:30 ate as 14 h. os nenos e nenas terán a gran sorte de descubrir o universo billardeiro que as aulas e os libros lles negan cunha maxistral Master Class + Abertinho que pode que lles troque a vida . Un troco de rumbo vital que de seguro van experimentar os alumnos do Ceip Viñagrande de Vilagarcía de Arousa xa que o xoves 15 de Maio coordiando por un comando da Conf. RíasBaixas vaise desenrolar unha gran accion LNB con Master Class e posterior Abertinho entre os alumnos e alumnas que de seguro lles abrirá os ollos cara un universo descoñecido e ancestral que o sistema educativo actual galego lles nega o acceso. Beizóns pois ós mestres e mestras valentes que rachan as cadeas para que os seus alumnos se adentren no sempre perigoso e excitante territorio billarda...Billarda Sempre, Adiante coas Master Class da LNB!!

domingo, maio 11, 2014

CONTRA A TROIKA DEPORTIVA ..TOD@S SOMOS WELLINTON, TOD@S SOMOS O CICLISTA LNB!!


















Iste sábado intenso no que a Conf. Norleste selou en Remourelle os seus pasaportes para o Play Off Nacional 2014 e todos os palans da Conf. RíasBaiaxas se uniron en Meis en solidaridade con Nanuq , abre o horzinte e as nosas gorxar para berrar forte e alto contra un maldito novo domingo de futbol e repeticións do Luar , coma maxistralmente proclaman os activistas da Conf. Sur no seu estado do Facebook " "Ao partido que vaian Oubiña e Bermejo; a xente seria ten unha cita hoxe en Castrelos!"  Contra a Troika Deportiva e mediata que asedia á Billarda... Nunha man o palán e na outra a Copa Wellinton!!


















E por se non foran poucos os frontes Abertos en Remourelle deputando o Aberto do Coello estivo ulitmando o seu adestramento específico Ruben Sanchez  o mítico Ciclista LNB volta con fame ás estradas do país para afrontar ista vindeira find. o Campinato Galego de Ciclismo 2014  . En Remourelle Rubén e o coello da LNB cruzaron as súas olladas e os seus camiños e atencion porque se o destino dun deles está claro o do outro poderás seguilo segundo a segundo dende Ovaral-Facebook nisa proba na que toda a seper multicor da LNB estará de novo canda el empurrando a súa bicicleta...Billarda Sempre , Adiante Ciclista LNB!! 

sexta-feira, maio 09, 2014

ARRINCA A CAMPAÑA ELEITORAL DAS EUROPEAS...POBO QUE ESPERAS? ADIANTE CO VARAL!!


















Arrincou a campaña electoral para catapultar un feixe de eurodeputad@s a Bruxelas , alí se pasa de puta nai, mellor incluso que nas poltronas dos concellos , nos abravadeiros das deputacions , baixo a sombra dos eucaliptos do parlamentiño de Compostela  ou na barra libre do congreso de madrid....ser eurodeputad@ é sen dúbida o màximo!!. Mentras o pobo podrecemos comendo pedras e terra eles na súa ponte aerea defenderán a túa condicion de escravo viaxando en bsiness-class asistindo a reunións e ceas bañadas en champangue e fariña...



















O futuro é un limparabrisas e o pasado é un retrovisor mais o noso presente máis raiboso pasa inevitabelmente pola invasion sublime da nosa illa da coelleira particular , Remourelle é o lugar e iste sábado é o serán de autos donde definitivamente se definirán os nomes d@s representantes da Conf. NorLeste para a desputa do Play Off Nacional_2014.

















E simultaneamente a Remourelle en Meis se desputará unha nova enganchada regular da Conf. RíasBaixas que ademáis terá unha gran causa solidaria como transfondo polo que animamos clamorosamente a inscribirse no gran Aberto de Nanuq para que coa billarda como transfondo axudar a unha familia que precisa do noso apoio , cariño e solidaridade.



















E o domingo sen importar sequera que o Celta depute o seu insípido partido de liga , a LNB ceiba as pinchas no parque se Castrelos en homenaxe a inse novo gran ídolo de masas LNB no que dende fai uns días se converteu o negado xogador brasileiro celeste Wellinton. Moitos palanadores e palanadoras da LNB non serían o que hoxe son sen unha previa retirada de carnet por alcoholemia  - Ontes foi Wellinton , mañá podes ser ti...Billarda e Licor Kafé Sempre, Adiante Copa Wellinton!!

terça-feira, maio 06, 2014

PALÁNS E COELLOS ...ESFOLANDO O PRESENTE PARA CONQUISTAR O FUTURO!!



















O coello , ise animal tantas veces alpurrado en moitas culturas que pola contra na galega supón un dos referentes básicos da nosa fauna alimenticia . Cando un médico lle receita ó doente indíxena inxeirir cousa lixeira inmediatamente os nosos parámetros mentais nos conducen ós montes do país donde habita a lebre e o espectacular coello autóctono. E nada mena mellor ca inxerir algo lixeiro ou pesado antes de celebrar o ultimo Aberto Puntuábel polo que na Taberna de Lola iste sábado se celebrará un xantar de irmandade , os activistas Carnelao-LNB poden ir reservando xa o seu prato-

















En Remourelle de novo iste espectacular animal terá a súa merecida homenaxe que nengunha institución se atreve a realizar , coordinado polos poderosos Remourelle Bulls iste sábado na brava parroquia ribadense o coello terá a súa merecidísima homenaxe da tribo LNB da NorLeste, un estalo simultáneo ó Aberto que na conf.  RíasBaixas no Campo da Boca no concello de Meis se celebrará en solidaridade co neno Nanuq . Unha xornada a diste sábado que se presenta cunha intensidade brutal e para a que ademáis do coello autóctono galego en Remourelle os Bulls xa anuncian iste espectacular abano de tofeos coa escultura para o campión e os espectaculares petiscos de bonito para o segund@ e terceir@ clasificado ademáis dun explosivo premio sorpresa para a aquipa campioa do Aberto.

sexta-feira, maio 02, 2014

A ASEMBLEA DE MAJARAS DA CONF. SUR DECIDÍU ...MAÑÁ SOL E ABERTO DO REBULLÓN!!
















Ás veces semella que algunha mente aberta e competente asoma polo aparello de televisión, son coma as psicofonías , casos paranormais nunha grella a da TDT invadida de morralla e podredume. que unha cancion de Kortatu apareza escondida coma enucianciado dun panel no programa de Antena3...





















ë tan estrano coma que un Aberto da Conferencia Sur se celebre en Domingo e poidas participar sen a túa camiseta de forza habitual. Pois ben a asemblea de majaras decidíu e decidíu ben...iste domingo 4 de Maio tes unha cita coa loucura billardeira no Monte do Rebullón de Mos...Coa súa Cordura Nunca, A Billarda Sempre Tola e Resistente!!