O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 29, 2014

NENGÚN POLÍTICO NEN INSTITUCIÓN OFICIAL PUIDO LIXAR A XORNADA INAUGURAL NA CONF. SUR , NORLESTE E ANDALUZA!!


















Un día espectacular en toda a República Billarda abrazou ós centos de indomábeis palanadores e palanadoras da LNB NorLeste , Sur e Conferencia Anadaluza no seu brutal arrinque de tempada regular...
















Un cheo absoluto no campo da estacada en Bueu para recibir a paus unha vez máis o inicio da competicion regular na conf. sur que volta a extremecer e facer saltar as alarmas nos corpos de represión do estado.


















E para iste arrinque de tampada a Conf. Mae realizou un troco de timón no seu batuxo indíxena e das bravas augas do cantábrico de Burela como aconteceu nas ultimas edicións se trocou ó espectacular marco do campo de xogo de Ponte de Outeiro que recibíu á serpe multicor cun implacábel sol de xustiza revolucionaria.


















En Ponte de Outeiro debutaron en competicon oficial as dúas novas e poderosas franquicias que ista tempada se unen á mellor competicon de billarda da europa, por unha banda activistas de PenaVerde debutaron na LNB e xa deixaron mostra da súa gran pegada que de seguro van amplificar na segunda enganchada regular que eles mesmos coordianaran iste vindeiro 11 de outubro no agardadísmo Aberto puntuábel da Cadeira [ Trabada ]


















E ó carón da nova equipa mariña apresentouse tamén oficialmente a nova e franquicia chairega , dende Pol chegaron @s activista de Polka unha equipa que demostrou na pista e fóra dela unha frescura e forza que de seguro vai marcar tendencia no presente e futuro da accíón billardeira.



Markitos chegaba a Outeiro para probarse mais voltou para a súa nova casa estreando tamén primeiro trofeo de campión absoluto da tempada no Norleste , se ben isto en absoluto se pode considerar unha sorpresa que os campión por equipas foran O Cadaval si que se poden considerar unha anomalía sobre todo para os todopoderosos Billardeiros Musicais que pese ás súas novas incorporacións non puiderón superar á experiencia e acerto dos Cadaveiros




Unha xornada inaugural na que emerxeron novas ilusions e novos referentes nacionais coma o explosivo Larrivey da Billarda que iste sábado cegou con cada un dos seus golpexos en Bueu ó seu alterego de Balaidos.

















E nada mellor que unha explosiva foliada-billardeira coma a realizada na Ponte de Outeiro para por a guinda a unha histórica xornada que abríu o semáforo para o arrinque na Conf. Sur,  Norleste..


















E por suporto tamén no máxico espazo do ToxoVerde de Cadiz no que iste domingo tamén arrincou cunha espectacular xornada inaugular a referencial Conf. Andaluza... Billarda Sempre , #faitedaLNB!!

sexta-feira, setembro 26, 2014

BOTABAS ALGO EN FALTA?? O MONSTRUO DE SEIS CABEZAS VOLTA ÁS CORREDOIRAS, BALADOS E ESTRADAS!!



UNHA DUCHA FRIA CON XABÓN DO LAGARTO E UN ALOUMIÑO DUNHA PINCHA ARDENTE , ISA É RECEITA COA QUE A LNB SOBREVIVE INMUNE Ó EXTERMINIO  ..SEMPRE TESA , SEMPRE DENTRO!!!


















Será pois iste sábado un día nos que terra oulee unha vez maís ante o implacábel fungar das billarda no ar xa que tres das conferencias da LNB botan a andar unha edicion máis , que coma nos entrerros será a novena , unha competición salvaxe na que non hai nada escrito e que coma en enteriores edicion todo pode pasar. Pola Banda Norte a Conferencia Mae bota a andar e faino nun sitio espectacular como é a Ponte de Outeiro nun Aberto coordinado pola referencial franquicia dos Carabullo que promete emocions e festa a feixes e que amosa ás claras o poder que a tribo da chaira xa ten nista referencial conferencia NorLeste.




















Cun video-estalo e cun espectacular cartaz co que a indomábel Conf. Sur ilustra a seu arrinque de tempada en Bueu , sobran palabras para invitar e suxerir que se iste sábado  non te deixas caer polo campo da Estacada é mellor que non volvas beber dise máxico licor do negro café nunca máis..






















E no único sitio no que o noso ouro negro se destila en forma de manzanilla , ó dicer no mítico Toxo Verde de Cádiz , iste domingo á hora do vermú arrinca tamén a accion na referencial e efervescente Conferecia Anadalucía , un luxazo inmenso para toda a LNB poder ter de compañeiros de viaxes a istes tol@s do palán que dende a Bahía nos amosan cada estalo no Toxo Verde o camiño cara a victoria...Billarda Sempre , Avante LNB!!

quarta-feira, setembro 24, 2014

LISTOS NA NORLESTE E SUR PARA OS SANGUENTOS DISPAROS DE SAIDA... NUNHA MAN O PALÁN E NA OUTRA A PISTOLA!!


















Coa forza dun xabarín ferido urrinca ista find. unha nova e incendiaria edición da Liga Regular na Conferencia Mae e na indomábel Conf. Sur da LNB . No ala norte do país a Conf. Norleste dá un brutal paso á fronte na xa imparábel invasion chairega realizando o primeiro Aberto puntuábel no xa mítico espazo do campo de Outeiro en Muimenta, coordiando pola referencial franquicia local dos Carabullo os espectaculares trofeos tallados coa furia e carraxe da man e a brosa aborixe disas terras que ilustran iste estalo xa agardan pola gran serpe multicor da LNB-Norleste que simultaneo ao seu arrinque , no hemisferio contrario do país, na vila de Bueu, os irmans da Conf. Sur  collerán nunha man o palán e na outra a pistola para realizar o mortífero disparo de saída da campeticion regular..














Foron moitas , diversas e mesmo perigosas as diferencte cunetas nas que as vacas e xatos das diferencias franquicias da LNB estiveron pacendo para ultimar a súa posta a punto cara o inminente e super-esixente inico de tempada mais nengunha unha do calibre da aposta do combiando Bulls-PenaVerde que iste semana se mergullaron nunha espectacular xira polo Magreb para espallar a billarda polas terras do Islam e de paso ultimar a súa posta a punto cara o seu debú no agardadísmo  Aberto puntuábel na Cadeira xa que por desgraza os camelos da LNB non traerán de volta ó país ás palanadoras ate iste sábado á tardiña cando o lusco e fusco sexa testigo mudo da entrega dos espectaculares premios do Aberto de Outeiro.....Galiza EstadoBillarda Sempre!!  

terça-feira, setembro 23, 2014

@SUEVIAGZ #AVANTECOVARAL #AVANTEFERVEDOIRO...FÓRA TOURADAS E FUTBOL BRITÁNICO DA GALIZA , AVANTE A BILLARDA E O FUTBOL GAÉLICO!!















Iste sábado celebrouse no xá mítico espazo de Guimarei acondicionado pol@s referenciais activistas do Fervedoiro unha nova edicion do incendiario Aberto de Cuntis. Arderon as redes anti-sociais antes e despois de que Miguel Gontad o palanador aborixe de Cuntis se fixese co títlo de campión absoluto da cuarta edición da enganchada no Alabarellos. Unha enganchada que estivo marcada pola cunxuncion brutal de forzas entre yihadistas da LNB dirixidos polo Muhamad Collazo procedente do califato LNB de Laracha e polos muiadíns gaélicos do Suevia directamente chegados de Compostela. Gaélico e Billarda unha alianza selada co ferro quente do Fervedoiro que sen dúbida  vai seguir arrincando os achantos e invadindo as leiras!!
















Unha leiras as das Rías Baixas que xa poucas quedan sen estercar polos activistas dista referencial conferencia que paralelamente a Cuntis asediou a praza de touros de Pontevedra cun multitudinario Aberto na Praza de Campolongo da cidade deparmental . IMpresionate a fenda  inmortalizada polos foto-activistas da LNB que ten que facer reflexionar ao alcaide Lores que a ilegalizacion das touradas na cidade ten que ser unha realidade e que a praza ten que pasar a converterse no primeiro Billardódromo da Galiza coma a LNB históricamente ben reivindicando...Fóra Touradas e Futbol Británico da Galiza, avante Billarda e Futbol Gaélico!!

sexta-feira, setembro 19, 2014

QUERES FUTBOL BRITÁNICO?? NON GRAZAS ...ISTE SÁBADO BILLARDA E GAÉLICO EN CUNTIS E ABERTO PUNTUÁBEL EN CAMPOLONGO ( PONTEVEDRA )!!


















Iste sábado unha vez máis a área recreativa do Albariños ,  o referencial campo base acondicionado sen nengun tipo de axuda institucional polos activistas do fervedoiro armados con fouciños, gadañas e azadóns , voltará e resplandecer coa nova edicon do explosivo Aberto de Billarda de Cuntis , unha accion que atrona nos ollos co espectacular cartaz anunciador e co incendiario video promocional do evento no que ó carón das billardas da LNB bruarán tamén os balóns gaélicos dos irmáns de Suevia FG de Compostela- A cita apartires das 12 h -











Iste pasado xoves no concello de Pontevedra apresentouse a nova edicion da Liga Nacional de Billarda , unha competicion indíxena e totalmente autoxestionada que está a piques de acadar a década de brutal actividade , alí estiveron membros de varias conferencias custodiando e protexendo dos posíbeis ataques do concelleiros taurinos da cidade departamental ó actual Coroceiro Nacional que exerceu de mestre de cerimonia niste apresentación que unha vez máis rachou moldes . E para que non pare a festa ista sábado na denominada Praza da constitucion de Campolongo en Pontevedra se celebrará apartires das 16:30 h. a segunda enganchada regular na Conf. RíasBaixas....

quarta-feira, setembro 17, 2014

SCOTLAND YES , BILLARDAS Á CABEZA DO REINO UNIDO A PROL DA INDEPENDENCIA ESCOCESA!!














Billardas que chimpan do medio dos toxos dos Ancares á cabeza dun ciclista tamén británico coma metáfora brutal de apoio da LNB ó YES no referendum en Escocia que iste xoves pase o que pase vai facer tremer os cimentos dista europa do capital e da opresion sistemática ós pobos....























Pobos coma a Galiza , Catalunya , EuskalHerria ou Asturies que seguen co xugo dun estado opresor alindando o seu futuro teñen no exemplo do pobo Escoces que dende as sete da mañán vai ateigar a furnas con papeletas afirmativas e en actitudes positivas  coma as que emanan dos irmáns do Fervedoiro de Cuntis que iste sábado voltan á carga cunha nova edición do seu xa mítico Aberto de Billarda , o seu garante de lume aceso ó final dista gran noite de pedra....Parcelaria Nom, Escocia SIM!!

sábado, setembro 13, 2014

Á HORA DO VERMÚ CALVETE EN REMOURELLE E NA NOITE ESTRELADA ROMASANTAS EN POIO!!




















Na fronte unha estrela e nunha man o palán e na outra un vermu , isa é a filosofia brutal coa que os activistas da Norleste afrontan o inminente e incendiario inicio de tempada na conferencia mae , ca imaxe do gran mito da billarda Calvete no horizonte a serpe multicor iste domingo atópase en Remourelle para inxerir o año mouro 2014 , obra e graza dos billardeiros musicais , para coller forzas e coa forza do carneiro enfurecido berrar elato e claro...nen un paso atrás , nen para coller impuso!!



















E coa noite coma aliada de novo os activistas da Billarda 21 arrincaron ista find. botándose á rúa en Poio para desafiar os lobos e raposos da contorna . Unha accion que coa Coroza da LNB descansando no Restaurante Gata Meiga de Poio ofrece todos os ingredentes para que nunha distas , cando o aberto sexa con lua chea , apareza o Romasantas da LNB esixindo o seu palán e billarda...Homes e Mulleres Lobo nas noites billardeiras xa!!

sexta-feira, setembro 12, 2014

FÓRA DE ÓRBITA!!



Unha billarda impulsada ó ar pola consellaría de ben estar , sáe da órbita terrestre e cando aterra ....













faino nun copo de cervexa en plena asemblea da consellaría indíxena de malestar e asuntos anti-sociais celebrando o exitazo da accion de semente billardeira no colexio da vila chairega coordinado pola referencial Anpa dp centro da vila chairega....A billarda no século 21 de día, de noite , nos centros de ensino e nos centros penitenciarios do país enteiro!!

terça-feira, setembro 09, 2014

MENÚ DO DÍA :DE PRIMEIRO BILLARDA E TOLEIRÍA EN MARÍN E DE SEGUNDO VIÑO DO PAÍS NO FERVEDOIRO DE CUNTIS NA CANFURNADA LNB SEN FIN!!
















Espectacular estalo do grande Dávila en homenaxe á referencial e indomábel parella de aborixes de Marín , unha explosiva adiactoria a xeito de sinatura imposíebl na capa nun dos exemplares do Bicheiro para Chali e Camiña que converte iste libro en único, intransferíbel e billardeiro que dentro dun tempo de seguro disparará as súa cotizacion nos poderosos mercados mouros da Arte Indíxena da LNB
















Tolos están Cheli e Camiña e tolos estamos os que dun xeito ou outro estamos xunguidos a iste imparábel revolucion que imparábel se espalla coma o lume na herba seca polo país adiante. Un lume e unha tolemia que os irmáns da Asociacion O Fervedoiro van atizar iste vindeiro 20 de setembro no gran teatro dos soños de Albariños en Guimarei . Cuntis é billardeira e xa arrinca a súa  brutal conta atrás co inminente lanzamento do seu xa mítico e sempre sorprendente Cartaz do Aberto que aprentarán en exclusiva mundial no seu incendiario facebook oficial...Fervedoiro , Tolemia e Billarda Sempre!!

sexta-feira, setembro 05, 2014

ISTE SÁBADO ....OS DE SEMPRE COMERÁN MARISCO E @S DA LNB SEGUIREMOS COMENDO TERRA E BEBENDO POESÍA!!

















Unhas das máis clásicas festas gastronómicas que históricamente reunen a máis chourizos do estado español atraidos polo inconfundíbel arona do mellor peixe e viño galego é sen dúbida a festa do marisco que iste sábado o vai petar en O Grove e por extension en todas as Rías Baixas. O turismo colonial ten nista cita un dos seus epicentros claves , por unha banda uns rematan o seu impune facheirío estival e outros aproveitan ista gran festa para iniciar o seu saqueo ás terrase rías galegas.


















Sexa como for iste mesmo sábado a iso do mediodía polas 12 h , no hemisferio sur galego e moi preto do arrecendo das nécoras e ameixas do Grove , unha vez máis  a LNB artella o seu xa mítico Aberto no espectacular marco do Festival da Poesía do Condado . Unha alianza cn iste festival que xa ben de moi lonxe e que cos lóstregos poéticos de activistas coma Xabier Cordal dende o esceario de seguro que van facer chimpar unha vez máis as indomábeis pinchas da Conf. Sur polas marxes podres da legalidade aínda vixente...


E para por cordura e dignidade no medio da gran orxía de marisco unha vez máis as Cachizas das Rías Baixan chegarán ó Grove iste mesmo sábado no marco das xornadas de xogos tradicionais da Festa do Marisco para apartires das 17 h. asaltar a Praza Maior do Corgo e vingar ós noso mexilóns , navallas e percebes ....e atencion porque como se está amiazando nos medios locais de novo a LNB vai tentar rebasar a liña dos 100 participantes polo que ademáis de comer terra iste sábado non esquezas o palán e a cachiza na casa que con tanta xente na pista a ver se non vai haber leña para tod@s.- Na Billarda do Século XXI...Marisco , Churrasco e Poesía para tod@s!!

quinta-feira, setembro 04, 2014

EN PORTONOVO CARA A LÚA COA CAMISA E BILLARDA NOVA!!



















Ä moda orixinaria dos desertos cada vez máis cercanos do hemisferio Sul de afiar os coitelos nos pescozos dos americanos únese tamén a teima de ir un paso máis aló na imparábel yihad billardeira coa que  esnaquizar para sempre a longa noite de pedra na que ate a irrupcion da LNB o noso desporto nacional estaba mergullado...



















Foi a pasada find. no transito do sábado ao domingo cando os activistas da Conf. Rías Baixas trocaron os pescozos polas billardas para desafiar a madruda e en plena noite ó carón dos bagalumes realizar unha espectacular sesión de Cachiza nocturna no Parque do Espiñeiro coa que despedir o mes de agosto en Portonovo e acender así unha chama no grande tunel da desolación coa premisa da billarda coma a única espranza posíbel..De noite e de día , viño branco viño tinto ...a billarda desporto distinto!!