O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 23, 2015

IL MONDO , IL MONDO.....MONDOÑEDO_2015!!


















Unha auténtica montaña rusa emocional azoutou a toda agran serpe multicor da LNB-NorLeste iste pasado sábado 21 F no espectacular marco da Alameda dos Remedios de Mondoñedo. Motivad@s ate o infinito os ducias de activistas billardeir@s non quixeron dar o brazo a torcer e desafiaron a climatoloxía dende o minuto cero ate que as exquisitas tartas de mondoñedo da pasteleiria Cabaleiros de Lourenzá invadiron o podium imposíbel...




















Il Mondo, Il Mondo ....Mondoñedo!! , ise era a coletilla a xeito de bucle da canción dos resentidos era a sincope sonora que acompañou ó gran Collazo en cada un dos seus golpexos e sobre todo no que posibilitou que acadara o seu primeiro Varado na terra de Cunqueiro . Son preto dos 30 os varados conseguidos pola gran estrela da Laracha ó longo de toda a xeira histórica na LNB , unha espectacular anotacion que sabemos pon nervioso a ise outro mito da anti-literatura e pintura galega chamado Luis Pirucha que no seu ultimo aberto acadou a cifra de 149 varados.


















Cento e pico Varados , unha cifra que para alguns poder parecer algo mais inalcanzábel a menos que Pirucha sufra algun "accidente inesperado" mais ate para iso na LNB hai solucion xa que os activistas de Carabullo xa comunicaron que ante calquera posibel doenza ou lesión eles teñen médico na vila de 11:30  a 13 h , un tempo que segundo as autoriades sanitarias é tempo suficiente para atender a preto de 20 doentes nisa hora e media na que tamén se inclue o tempo de tomar o café o médico ou médica desprazado dende Cospeito.


















Unha situacion absolutamente insostíbel e de descréto total que fai que a LNB non poida para nada confiar en ningun tipo de institucions galegas e que nos obrigua a por os nosos fondos a salvo en seguros paraisos fiscais suizos e andorrans coma fixeron antes honorábeis e referenciais persoeiros coma o ex-president Puyol .


















Foi un gran Aberto porque unha vez máis unha estrana forza de atraccion interactua entre   todos os palanadores e palanadoras da NorLeste para achegarnos en masa a un punto máxico no que non ten equipa nen nengun xogador participando na competición e ate as tartas aínda sendo de Mondoñedo son feitas en Lourenzá. Daniel dos Billardeiros foi quen levou o Tartazo maior , seguido de Pepe do cadaval e terceiro Chaly de Carabullo que non puido estar presente na espectacular entrega de premios...


















Unha entrega de premios cargada de emocion incontrolábel xa que ao non estar presentes nen Merce nen Txomin que son as dúas brutais conexións Mindonienses da LNB foi oficiada polo gran Cheriff da LNB  chegado de Meira , Ficas, e polo flamente nova fichade dos Remourelle-Bulls , o xa referencial Basanta, que rachou todos as cadeas e aramios de espiños co seu incendiario debut LNB na Alameda dos Remedios que fixo inevitábel que rematara o Aberto entregando o Botelo da LNB ós Billardeiros Musicais que os acredita coma equipa campioa.  Non só os Bulls teñen un gran fichaxe senón que apadriñado polo Comandante Collazo , Basanta, entra con pleno dereito no apaixoante universo LNB representando ise espíritu indomábel e insaciábel que todo bicho-Billardeiro ten que levar dentro....Basanta e Mondoñedo Sempre , adiante co Varal!!