O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, fevereiro 15, 2015

SANGUE , VIÑO E AUGA A FEIXES NO MULTITUDINARIO ABERTO INDOOR DE BARRANTES!!

















Ista tarde de sábado mentras milleiros de filloas sairan coma tiros das tixolas de todo o país , nas indomábeis leiras de Barrantes as billardas dos activistas da Conf. RíasBaixas bruaban no pavillón municipal por mor da crudeza meterolóxica que impedíu o desenrolo do Aberto no alto da praza da carballeira coma inicialmente estaba estipulado




















O entroido vivíuse con intensidade brutal por todos os palanadores e palanadoras tanto dentro do pavillón de Barrantes coma fóra a unhas ducias de km. xa que en Vigo , activistas da LNB, trocaban momentaneamente o palán pola vara para mutarse no mítico Merdeiro sair co chankete parcorrer as rúas de Vigo..

















E ó carón do case un cento de participantes aborixes das RíasBaixas uníronse activistas coma o Comandante Collazo das terras da Laracha da NorOeste que nos ilustra cun espectacular raio-verbal a xeito de microcrónico da xornada que deixou ate sangue dunha testa na pista de xogo; Onte en Barrantes,apoteose billardeira nun pavillón que chovía dentro,un palanador ferido na cabeza polo impacto dunha billarda,ambiente de Entroido,chovendo a mares fóra.A billarda non pon mala cara ao mal tempo!!