O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, fevereiro 01, 2015

SANTI GAÑA O MÍTICO LACÓN DE MEIRA NUNHA FINAL A 3 FRONTE A MARKITOS E IVÁN, O GRAN ROOKIE-LNB DOS PENAVERDE!!


















A friaxe de fóra combatéuse en Meira coa canícula dos varados dos palanadores e palanadoras da Norleste no interior do pavillón munciapal da vila chairega . Un lacón en xogo e máis de medio cento de activistas famentos desexosos de meterlle o palán e o dente...


















Agarando polo pichón da LNB que anuncie a magnitude da traxedia no Aberto das Encrobas da NorOeste , en Meira , a raìdez da pista e a boráxine dos golpexos situou unha final con tres plenos donde a gran sorpresa foi o gran palanador de Penaverde Iván , un debutante iste tempada que arrincaba a súa carreira no alto da Cadeira para nun tempo record situarse nunha final top no xa mítico Aberto do Lacón de Meira.

















Unha final que catapultou a Santi, despois de varios abertos rendindo a un nivel máximo, ao máis alto do podium abrazado ao espectacular Lacón dos MdeMeira, no posto pisándolle os calcaños situouse o xa cLásico entre os laureis Markitos e coma terceiro clasificado entrou coa forza dun raposo da Cadeira o gran rooky dos PenaVerde Iván. Lacón e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!