O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 08, 2015

"GRAMOLA GOMINOLA" CAMIÑANDO E XOGANDO Á BILLARDA ENTRE SERPES!!






















( Gramola Gominola )

Quero saír xogar
teño un novo palán
unha billarda de buxo
e a sorte na man

Quero verde, quero aire
espazo para imaxinar
un estadio cheo de xente
bater a marca mundial

Son o campión internacional
Son o campión do mundo mundial

Veño sendo o rei do atino
Chapas teño a mancheas
Promete non enfadarte
aínda que conmigo perdas

Quero saír a xogar
facer amigos no parque
xogando ao pilón ou ás chapas
xogando ao bote ou á chave.

Son o campión internacional












Fai un tempo sabiamos dun grupo que incluira no seu repertorio unha canción de temática billardeira , inspirado posibelmente polo tsunami brutal do República Billarda e do bruar dos golpexos do palán contra a madeira afiada da gran serpe multicor da LNB , os Gramola Gominola , grupo adicado ó público infantil , lanzaron ao ar iste espectacular single titulado " Campión Internacional" sobre o que o referencial palanador das Troitas Bravas , Xose Regueiro , nos puxo sobre a pista para que desfrutemos antes , durante e despois de realizarmos o acto billardeiro. Na Gramola Paco de Zenzar que istes días afia xa a billarda e afina a   guitarra para xunto co resto dos Padriños camiñar e berrar entre as serpes...Campión internacional , Quero sair xogar á billarda , quimbumbia ou gilli danda!!