O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 17, 2015

BILLARDA E MUNICIPALISMO INDÍXENA SEMPRE!!








O rego de viño e festa esparabellada pola gran serpe multicor da LNB a pasada edicion do xerro do salnés en Xil estourou de novo iste sábado 16 no explosivo festival das letras celebrado na carballeira de Barrantes.




















un festival cun previo de luxo xa que dende as 16 h. as billardas da Conf. RíasBaixas estiveron presentes exercendo de teloneiros das bandas que apartires das 22h asaltaron o esceario de barrantes , un espectacular cartaz coma altofalante dunha gran xornada de billarda , festa e reivindicacion da fala indíxena , lástima que a pé de pistas por mor do apartheid eleitoral exercido polo partido popular a faciana do palanador e candidato por Somos Ribadumia nas vindeiras eleccions municipais do 24M Enrique Oubiña , non puido lucir guindado nas paredes e farolas....Billarda e Candidatos Indíxenas sempre!!