O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 26, 2015

DO ABERTO DA REPÚBLICA GALEGA NA PONTRAGA Ó ANHO MOURO DE RIBADEO!!
















Sen billarda non hai República e sen Aberto non hai festa na Galiza ....e iso sábeno ben os organizadores da festa da República Galega que iste sábado organizan unha edicion máis diste xa mítico festexo que reune en Ordes a todo o activismo que dun ou outro xeito traballan a reo guiados polo espírito de xuño  do 1931 cando se proclamou a I República Galega ...espectacular Cartaz que arrinca ás 12 h coa desputa dunha nova edicon do Aberto de República para dar paso á sesion vermú e a todo un feixe de repichocas literarias e musicias que vai encher a Pontraga da festa e loita ...























E o Domingo en sesion de tarde , unha vez máis os palanadores e palanadoras da LNB se voltarán a identificar con ise animal diferente que coma cada un dos practicantes diste desporte busca fuxir da manada. Apartires das 16 h. na explanada do Restaurante Huerto de Ribadeo , torna a emocion e os espectáculo do Interparroquial_2015!!























E o sábado coma previo do Anho Mouro , na explanado do Eroski de Ribadeo vaise celebrar un Aberto con exibicion previa para nenos e nenas no que todo o mundo poderá participar porque un xamón e moitos máis premios doados polo supermercado basco está en xogo...Billarda , Xamóns , Años e República Sempre!!