O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 02, 2015

...E DECÍAN QUE NON VALÍA PARA NADA!!
















Unha das máis controvertidas decisions da história da LNB foi sen dúbida elexir ise brutal insulto á dignidade galega perpetrado polo expresidente Fraga e incomprensíbelmente aínda en pé pese a que aquel tívio goberno gris de dous partidos collidos pola man se paseara pola moqueta de san caetano e tivera a oportunidade de botalo abaixo. De tódolos xeito un bipartito que non tivo coraxe para eliminar Luar da grella da television galega é case unha broma esixirlle que durante o seu mandato libere o Gaias disa esperpéntica mole de pedra chamada cidade da cultura.

















Recen inaugurada a Cidade da Cultura o gran seleccionador nacional Flores en compaña do seu secretario técnico Suso Villarino dos Remourelle Bulls foron dos primeiros visitantes o holocausto formando parte dunha excursión , en canto pisaron as primeiras lastras xa se deron conta que en realidade tantos miles de millóns de euros foran gastados non en balde senón para construir unha perfecta pista de billarda. Unha idea que inmediatamente transladaron á LNB que sen embargo tivo que agardar un tempo no conxelador , xa que a priori semellaba unha auténtica loucura froito dun posíbel sindrome de estocolmo que o seleccionador e o seu secretario técnico sufriran durante a visita ó descomunal empedrado do Gaias.Mais foi durante o traxecto na Guagua da LNB para a desputa do pasado Play Off Nacional de Conxo cando Ismael de Outeiro destapou de novo o saco dos tronos sinalando entrando en Compostela a Cidade da Cultura coma futuro obxectivo...e así foi como foi , desafiando a mesma lóxica ca o que perpetrou iste insulto ó pobo galego , insultamos ao insultador e levamos a Coroza da LNB e o Play off Nacional á zoa cero...















Foi iso , un espectacular derrube simbólico  ,o que quixo exemplificar a LNB levando á boca do lobo a celebración do Play Off Nacional , como dixo nun dos estados do facebook lanzados dende a pista de xogo polo palanador do Faisca Xosé Miguel , o gran pecado da LNB foi encher por primeira vez dende a súa apertura de Cultura e por encima Galega a Cidade da Cultura.


















Arrincaba pois un día histórico no que a incertudime e a carraxe eran as forzas invisíbeis que dirixían cada un nosos varados , en sesón de mañá como é norma desputáronde as finais nacionais infantil , feminina e a de equipas...


















coa adrenalima cabalgando polas veas dos palanadores e palanadoras da LNB chegaba a hora do indispensábel xantar de irmandade autoxestionado a pé de pista , un intre no que unha vez máis se puxo en marcha o agardadísimo concurso gastronónico MilloCorvo na procura da mellor e peor tortilla dos diferentes xantares que inundaron as mesas de pedra do Play Off Nacional 2015 , un concurso que sacou das trincheiras ó mítico Komando Carnelao que paseou a súa lingua por cada un dos manxares na procura da obra Millo Corvo e da súa contracapa , o premio Falso Shaolín á peor proposta.



















E despois do xantar , postre , café de pota-madre , chupiño e faria para aclimatar o corpo á sesion de tarde na que a final de Varados e a Final Absoluta serían os protagonistas...Mais foi unha sobremesa na que faltou un dos elementos cruciais , O Chiste dos Gatos de Flores , foron ducias os palanadores e palanadoras que botaron en falta iste imprescindíbel condimento no menú do play off nacional mais por motivos persoais Flores non puido estar fisicamente mais si o fixo espiritualmente guiando as nosas billardas e os nosos chistes...


















Toda unha tempada resumida nun golpe a cara ou cruz , a vida ou morte...na primeira tanda de de 5 varados nengún dos finalistas conseguiu a meta mais na segunda volta , cun adianto de 5 metros a final tinxiuse de emocion e fixo tremer as lastras do patético mausoleo fraguista. Palanadores que percorreron centos de km só e unicamente para xogar ista final , demostran a magnitude do brutal compromiso , un 10 para eles e para tod@s ises que chegaron reinqueantes e tolleitos polo dioivo festeiro pero que alí estiveron arrimando o hombreiro e o palán e pondo o seu gran de area...






E no ocaso da tardiña , a coroza púñase en xogo , coma o óxido das pedras chairegas que adornan a mole vergoñenta avanza sobre os adoquín do aldraxe....con isa mesma natural e incontrolábel forza e precision as billardas procuraban o varal na mítica final absoluta diste Play Off Nacional_2015.

















Podium Infantil >> Campion Nacional: Adrián
















No podium feminino>>  CAMPIOA NACIONAL: LU de CORREDOIRAS, 2 º BEGO de CORREDOIRAS , 3 º ELENA de GHARABOTOS

















Podim por Equipas : Campións Nacionais: Billardeiros Musicais , 2º Gharaboto , 3º Carabullo de Teixo
















Podium de Varados>> Campion Nacional: Camiña  , 2 º Salva , 3º Ricar




















E COROCEIRO NACIONAL : RICAR DE CORREDOIRAS /  traspaso de poderes e Coroza de Xan Rodiño Ricar sen incidentes mais faltou outra Coroza para o gran Mario de Conxo que abrazou canda nós a loucura e foi capaz de realizar as xestións pertinentes para que a gran serpe multicor da LNB puidera chegar e deslizar as súas billardas e a carraxe na arañeira de pedra tecida por un psicópata. Mario Sempre , Adiante Play Off Nacional!!