O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 04, 2015

NON ERES DA LNB SE NON PARTICIPACHES NO CONCURSO MILLO CORVO - FALSO SHAOLIN Á MELLOR E PEOR TORTILLA DO PLAY OFF NACIONAL!!



Un brutal Big Bang de sensacions que estou na boca dos palanadores do Cadaval,  na do enviado especial de Tele-Varal e na de todo o xiri cando degustaron a tortilla coa que ista gran franquicia chairega se achegou á cidade da cultura para desputar o Play Off Nacional 2015 , erguere ás 6 da mañá , pelar e fritir as patacas cazonas , misturalas con ovos de galiña de Mos , utilizar pingo de porco autóctono na vez de aceite foraneo e por a guinta utilizando cebola shalot orixinario cebolin da franza pero que se converteu en cobola na sabana chairega.....pero quen carallo pode competir contra todo isto?? 

















Unha vez máis no Play Off Nacional de LNB de entre fogo cruzado merxeu das trincheiras da soberanía alimentar o temíbel Komando Carnelao para analizar cadaunha das tortillsa dos diferentes colectivos presentes no xantar de irmandade.

















Diferentes texturas , cores e sabores acariñaron o órgano gustativo dun xuri que non se deixaba impresionar por nengun tipo de marea pataqueira chegada do cantábrico ou atlantico piscina.

















durante a previa do Play Off Nacional as redes antisiociais-LNB arderon co lanzamentos da Tortilla de Esterko coa que  posuidor do premio da pasada edicion á peor tortilla tentaba asaltar de novo o agora maxistralmente denomidando Premio Falso Shaolin á peor mistura.




















A tension subía a cada que o Xuri Carnelao se achega a a cada tortilla , o activistas de Carabullo  que viñan de asaltar o podium na final de equipas rillaban nos petiscos e na tortilla collendo forzar cara rematar a faena co Millo Corvo e nas finais de Varados e Absoluta da tarde..

















E por vez primeira na historia do prestixioso Premio Gastronómico MilloCorvo na procura da mellor e peor tortilla do Play Off Nacional participaban os Billardeiros Musicais que tentaron reforzar o sabor da súa creación ofrecendo viño a un xa desidratado xurado que prestoso se prestou á corruptela

















Simultaenamente á celebración o Play Off Nacional na Cidade da Cultura , no estadio Vicente Calderón de Madrid os míticos AC/DC preparábanse para á noite asatar o esceario na primeira das actuacions na capital da que Manuela Carmena axina será alcaldesa. Uns clasicos implacábeis os AC/DC e a tortilla dos Gharabotos deronse a man a centos de km ise serán de domingo para alimentar a Manuel Camiña que tan só unhas horas despois sería campión nacional de Varados.

















As facinas neutras coas que o xuri saboreaba cada petisco trocouse en analise polo miudo ó final da xeira de catación cando tocou valorar as diferentes creacions e sinalar as diferentes circunferencias sinaladas pola gloria do Millo Corvo e  Falso Shaolin


















un podium que tremou cando Serxio coma vocal do xuri anunciou a aplastante primacía chairega nista gran edicon do MilloCorvo do Play Off nacional 2015 , se como vimos noi video estalo de Tele-Varal o condimento verbal dunha filosofía de xogo e cociña do Cadaval fixo inconmensurábel o seu aplastante triunfo foi , a creacion dos Carabullo , a que datou a loucura entre os afecionad@s e a que fixo saltar todas as alarmas dos restaurantes dunha e outra banda do nacemento do Miño porque en se Mario abrazaba o trofeo con orgullo o valioso premio MilloCorvo á Mellor Tortilla con igual ou aínda máis orgullo se cabe o facía Mijo abrazando o trofeo Falso Shaolin que premia o atrevemento e a valentía dentro e fóra da cociña...MIlloCorvo-FalsoShaolin Sempre, Adiante a indixenismo alimetar e desportivo na Galiza!!