O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 30, 2015

O BRUAR DAS BILLARDAS E O SILENCIO DO AÑO MOURO...

















Chegou o Año á pista e cn el a loucura total .... unha edicion máis o mítico torneo por equipas da LNB non defraudou e encheu de emocion suor e bágoas cada un dos golpexos dos palanadores e palanadoras que iste pasado domingo 28 de xuño se deron cita en intensa sesion de tarde na explanada do restaurante Huerto de Ribadeo.



















Un día antes e a tan só un excaso km. de distancia a donde o Año desfrutou do seu torneo , activistas da LNB celebraron o agardadísimo Aberto do Xamón do Eroski baixo un sol de xustiza na gran explanada da área comercial ribadense.

















Agradécese ver que unha marca comercial aposta por un deporte coma a billarda aldraxado sistematicamente por todas as institucions e marcas comerciais , un 10 para os responsábeis do Eroski por ista aposta e ogallá que se repitan accions coma ista na que o gran palanador dos Billardeiros M. Franco se fixo co tan desexado Xamón do Eroski.















E simultáneos os varados polo xamón a unhas dúcias de Km. na Pontraga en Ordes , resoban os golpexos da madeira contra a madeira a prol dunha moi desexada República Galega. Que dúbida colle que o día que chegue ise intre de proclamar a república galega será por méritos de xente coma Xosé Collado e toda a tribo da Conf. NorOeste que unha edicon máis fireon bruar as billardas da LNB na gran festa da República Galega.

















E unha república necesita xente e animáis comprometid@s... dispostos a pasar frío , fame e sede para que a billarda e a nosa indepencia sexa total e plena . Isa é a filosofía que emana do Año da LNB e da cada unha das equipas parroquiais que loitron por el coma gran metáfora da soberanía vital da LNB. Dende Outeiro con reforzos dunha experimentada gorxa e palán Meirego e un xove valor da cantira Ribadense , co segunto posto no podium ovino ista foi a única equipa que logrou por nerviosos aos todo poderosos Billardeiros Musiciais



















Como marca o ADN da EkipA , a procedencia e o xogo alebrestrado de cada un dos intedrantes dista comando billardeiro fixo que pese a un moi potente arrinque , a medida que discorria o torneo os golpexos dos paladores se ías desinflando . Unha terceira praza define moi claramente a dimension dista gran equipa deseñada para accións explosivas que perde fuelle nas longas distancias ...

















E pese a unha mermada nómina de efectivos a os Bulls demostraron unha vez máis que non neceitan nada máis ca un pouco de ar para respirar e uns xuramentos para porse en marcha , e se ademáis contan coa alinanza da EkipA , a equipa indíxena irmán para non dubidou un intre en ceder unha espectacular estrela como é Angel Barcia , para dar lustre e brilo a unha participacion máis que digna como corresponde a unha equipa histórica da LNB. Cuarto posto para uns activistas Top da LNB que trocaron a ovella pola cabra coma metáfora brutal da súa filosofía vital.

















Situados no outro hemisferio , empalmados en varadero tantearon o terreo coma turistas nun campo minado de billardas , a metamorfose da alta competicion dente Pol pasando por Meira , a culler de pau que tanto abrazaba Daniel con sorna foi para as mans distes activistas que deron unha maxistral leccion de compromiso billardeiro desprazandose varias dúcias de km . priorizando sobre todas as cousas o valor de atoparse...


















Todas as quinibillardas pronosticaban que os Billardeiros Musicais isa noite durmirían co Año ó lado , e non se equivocaron, non houbo nengun tsunami nen dentro nen fóra da pista que o impedira polo que un ano máis os Billardeiros brilaron coma a roupa lavada con Perlán....Billarda , República e Año Mouro Sempre!!