O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 11, 2015

AS NOSAS BILLARDAS EN PONTECESO , MARIN E TODO O PAÍS ACABICORNADAS SEMPRE Á LOITA DO SECTOR LACTEO GALEGO!!

















Compostela e Lugo sitadas polos tractores , a desesperacion e a esperanza de todo o pobo galego xunguido  inexosabelmente ó futuro e ó mais raiboso presente do sector lácteo. Vacas e paláns ó parlamento porque como dicían ás portas dise esterqueira de coiro e moqueta , alí non saben o que son nen unha cousa nen outra...




















Coas nosas billardas e olladas acabicorandas á loita do sector lacteo , iste sábado arrinca a brutal accion regular nunha das conferecias histórica da LNB, na NorOeste e faino estreando un espectacular espazo como é o Campo de Xogos do Melga en Ponteceso aproveitando o impulso que nos proporciona o balbordo das festa da Barquina e a forza do gran referente e druida do xogo tradicional galego e internacional Ricardo Pérez i Verdes , e como se anucia no espectacular cartaz, para competir e desbancar ós repunantes da Formula1,  haberá o sábado sesion de adestramentos oficiais e o domingo gran Final do Aberto apartires das 11 H. para toda a xente que previamente con tope ista pasado xoves se tivese inscrito niste gran campionato co que a NorOeste dá o pistoletazo de saída.

















E atención porque en Marin si vai haber pegatinas , porque para contradecir quela mítica canción dos Resentidos de Vigo´92 , na que Reixa cantaba que nunca Vigo sería olimpica e nunca terian pegatinas como tivo Barcelona. Pois iste domingo a Conferencia RíasBaixas da LNB fai un brutal despregue de medios e activiadas para subsanar a carencia olimpica que o corrupto Samarán non puido dar á Galiza.

















Unha morea de probas e actividades no estadio e vila olimpica de Marin que contará cun explosivo coctel sonoro en sesión de mañá cos imprescidíbeis Son de Marin homenaxeando ó gran músico , asubiador e petaportas  John Balán e pola noite no paseo marítimo da vila coas actuacions de Dakidarria , Tomawor&check selectak...unha festa das que deixan pegada, records mundiais e marcas no corpo !!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home