O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 16, 2015

BROSAS E PALÁNS .... XEO NOS BEIZOS , SANGUE NAS MANS!!


















Na noite as montañas de Remourelle cuspen o vento do deserto , o bruar dos bois ceives e os espírito salvaxe do noso Calvete Sempre seduce unha vez máis o palán e os lápices de cores dun dos máis grandes referentes dista nosa revolución dun e outro lado da Ponte . Desafiando o reflexo das árbore no río , tecendo o presente e o furturo da LNB coa mesma brosa que o verdugo fendeu as nosas mentes Muriego rastrexa as profundidades do nosa identidade comun coma homus-billardeiros que somos para alertarnos que iste domingo en Remourelle e o sábado en Celeiro de Mariñaos no Son do Masma... Calvete Vive a Loita Sigue!!


















E Calvete Vive en cada varado no gran Aberto apertura da Conf. NorOeste na pista do Melga de Ponteceso no que Daniel de B.M seguíu coa súa teima de prantar pexegueiros na referencial beira atlantica da LNB...
















E Calvete vive en cada varado olimpico do exercito imbatíbel das RíasBaixas no estadio olimpico de Marin....Cuspe nas mans, Billarda Sempre!!