O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 16, 2015

A CHAVE DAS NOCES EN CASTROVERDE , A PITA DO MONTE NA CADEIRA...E O ALATO DE MARIN POLA TRIBO DA SUL!!


















Espectacular cartaz para anuciar a gran festa de inauguración da Chave das Noces , o centro social situado en Castroverde que de seguro fará resoar na boca dos veciñ@s o mítico dito de máis raro ca un can verde para definir á fauna que se pasará polo Aberto de billarda que apartires das 11 h rachará o xeo e as noces para abrir un programa que traerá festa e emocións fortes ate ben entrada a madrugada..













E un pouco máis tarde e un pouco máis ó norte no concello de Trabada a iso das 15 h. a conferencia Norleste toranraá por segundo ano consecutivo á mitica pista do monte da Cadeira para estourar en plenitude brutal coa forza e vitalidade da pita do monto nunha nova enganchada da súa xeira regular..

















e tirando para o sur , na pista do colexio San Narciso de Marín a conferencia sur asalta un dos escerarios que comparten a Sur e as RíasBaixas , terra de ningures pois para un novo aberto puntuábel da conferencia maís dabaixo ate que no Toxo Verde comecen a coller o paláns e descorchar as manzanillas...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!