O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 09, 2015

MAZÁS E SIDRA AUTÓCTONA EN MARIN , CUBALIBRES E BILLARDA-BIERZO NO H3 DE PONFERRADA E PITU CALEYA E SIDRA ASTURIANA NAS PANTALLAS DA TPA!!

















Arrinca a referencial Conferencia Sur e faino iste sábado reivindicándose a si mesma en Marín e ó poder da foita autóctona e prohibida . Apartires das 16´30 h, a pista de Santo Tomé de Piñeiro será invadida polo arrecendo da sidra e os vermes sairán das mazás co palán na man na procura do Varal Homicida...espectacular o video estalo co que os activistas do mítico tele-varal-sur voltan xunguir a cámara e o palán para anunciar ó mundo o tan desexado fin da tregua...





















E tan só unha media hora despois de que as mazás e os activistas da conf. sur comecen  a bruar en Marín , no centro cívico Dehesas de Ponferrada a poderosa tribo dos TioMigui Boys&Girls daranse cita para a desputa dun novo gran Aberto coordinado polo Bar H3  que remate coa agonía brutal de toda o comuindade billardeira do Bierzo...














Non hai tregua a unha e outra banda das fronteiras que sinalan as cartografías imposíbeis ,  por terra , mar e aire as billardas rachan as cadeas e aramios de espiños como fixo Alvariño en Outeiro e cólanse nas pantallas acompañando aos nosos irmáns da tibo liriu no espectacular reportaxe que iste domingo apartires das 15 h. se emitirá no referencial programa La Bolera da TPA asturiana gravado na última edición do M0ítico Pitu caleya de Piarnu ....Pitu , Liriu e Hevia Sempre , Adiante co Varal!!