O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 26, 2015

NA GALIZA ALDRAXADA , NA BRETAÑA RESPEITADA E MUSEADA!!



















Cando Mafia Galega aterrou na Bretaña sobre o esceario do Liet International de Lorient xa se intuía que a gran e perigosa serpe multicor da LNB ía deixar o seu mortífero veleo na terra irmá , berce temén dunha importantísima civilizacion billardeira. Un feito histórico que istes días constatou insitu o gran palanador da Faisca e enviado especial de TeleVaral Pinto , acostumado como está a habitar terra hostil cando colle o palán na Galiza , con iste seu explosivo docu-fotocumemtal " Na Galiza aldraxada , na Bretaña respeitada e museada " fainos vibrar coas brutais imaxes do tramento respetuoso que os bretóns procesan ó desporto da billarda .













Raza e territorio alíanse en cada Varado e por extension nista espectacular catalogacion que Pinto nos amosa para que ás instutucion galegas lles caia unha vez a cara de vergoña. A billarda na Galiza por obra e graza da LNB escollega do museos coma a augas das dedas mais como está a acontecer coa exposicion itinerante de Cartaces " Fiestras da Liberdade" compre xa un espazo de referencia para o estudo e análise do fenómeno billardeiro dende o incio dos tempos ate os nosos días.













Niste seu enttrar e saír do gran labirinto bretón billardeiro Pinto vai seixando as pegadas da LNB, farangullas precias que cada palanaodor e palanadora lanxa contra o varal coma gotas de likor café en cada Aberto de billarda

















Mais o percorrido pola gran espiral billardeira que azoutou o universo billardeiro ista find, tivo ademáis de a Bretaña con Pinto coma catalizador a Iván de PenaVerde e toda a súa equipa indíxena como protagonistas absolutos no multitudinario Aberto da Pontenova . Iván aborixe de Cuenca lucíu orgulloso as cores da súa terra mae para recoller no podoim a espectaculares navalla que o acredita coma campión absoluto ó carón do Troita Brava Regueiro e do Billardeiro Musical Daniel.


















E Daniel coa navalla no peto coma tercieiro clasificado na Pontenova liderando un Komando Billardeiro partía na mañá do domingo cara á laracha disposto a asaltar armado co ferro e o palán a espectacular pista na que se celebrou o novo Aberto puntuábel da NorOeste . Un Aberto o de Laracha calificado por algún palanador chegado dende o Sul coma unha auténtica ONU , xa que había participacion de todas as conferencias incluida representacion da Centro que se achegou á Laracha para coller impulso coa brisa do atlantico piscina. A terra e o mar pide billarda e os activistas da Noroeste fiseron caso ao berro xordo dos toxos e das olas . Dende a Cochikeira Berdillo arrassou con todas as esperanzas do resto do competidores convertendose no gran campión absoluto custodiado no podiun polo Comandante Collazo e a palanadora de Corredoiras LU... #faitedaLNB , Non imos parar ata xogar en todas partes!!!