O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 01, 2015

O FERVEDOIRO >> TROCANDO ANCEIOS EN REALIDADES E AS IDEAS EN FEITOS!!

















Sen presa para sen pausa , os irmáns do Fervedoiro de Cuntis xa van pola 5º edicion do seu xa mítico Aberto de Billarda que mistura ecoloxismo e desporto nacional para de xeito totalmente autoxestionado desafiaren en connivencia coa LNB as malditas dictauras que acurralan a moitos do colecctivos sociais es estado vexetativo na espera da subvencion divina, divina subvención....


















En sesion de mañá foron os pes quen sufriron a camuflaxe do plástico para habilitaren as mans na procura do lixo despositado nas augas do río que baña a máxica terra do albariños , imposíbel non recordar ise lóstrego sonoro disparado por un francotirador billardeiro titulado " Top model en Katiuscas "















Con paso firme e glamour salvaxe a tribo toda do fervedoiro e os experimentados activistas da LNB chegados dende a Laracha e Marin afiaron os dentes e despois do reconfortábel xantar e sobremesa bañada en licor de paixón dispuxéronde ó asalto da pista de xogo

















Para enmarcar unha vez máis o espectacular crónico guindado no web-blog oficial dos irmáns do fervedoiro , sumerxete como eles o fixeron no río para limpar o teu susconciente culpábel por poder ter compartido cos aborixes de Cuntis que coma Chori lle fixeron suar a superestrelas coma o á postre campión absoluto Camiña e Collazo ( segundo clasificado) ... Mais a quen carallo lle importa o podium?? Fervedoiro e a LNB >> o podium para tod@s e tod@s para o podium!!