O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 27, 2015

COPA CANTÁBRICA_2015 >> OS BALBIN@S DO DEPORTE GALEGO E ASTURIANO!!














O perigoso tsumani Liriu-Billarda azouta unha vez máis o embravecido mar cantábrico , un katrina de emocións unha vez máis vai estourar en cada encastrau que os machetadores da seleccion asturiana e os palanadores da Auténtica tenten acadar nise Nova Orleans imposíbel no que se vai converter a pista de Piedras Blancas iste sábado 28 de Novembro apartires das 12 h. Un madri grass billardeiro ao que por mor dunha escordadura interna a gran estrela da Auténtica Daniel dos Billardeiros Musicais non vai poder estar co seu palán defendendo a tan desexada posesion da Copa Cantábrica fronte a unha selección asturiana que olla con ollos de fame a orelleira e que quere aprovietar ista gran baixa para rachar coa maldicion das ultimas edicions nas que viron como a Copa se lles escorregaba entre as dedas nos ultimos golpexos . Mais nunha xogada maxistral o gran seleccionador de Auténtica acaba de mover ficha e para cubrir a baixa de Daniel e convocou para ela á implacábel Alvariño , o axente libre que fichou pola Polka , vai ser sen dúbida a gran arma segreda da Auténtica niste seu gran asalto á Copa Cabtábrica_2015










Alerta Auténtica>> Sabádo 28 de Novembro quedada de carros para a defensa e asalto da Copa Cantábrica-2015 en “Piedras Blancas “ na estación de Buses de Ribadeo ás 9:30 h. Contacto Plataforma xestión da Auténtica: 607.630364 – Cantábrica Sempre , Adiante coa Auténtica!!!



















Unha vez máis a Auténtica vai enfrontarse ó gran reto de vencer na Copa Cantábrica e facelo xogando ao castru-sistema , o xeito co que xogan os irmáns do CNL ( Conceyu Nacional do Liriu ) , despois do xantar de irmandade desputarase o Abiertu do Llacón no que se utilizará un sistema mixto de Varais e Castru.


















Copa Cantábrica_2015>> O xantar de irmandade celebrarase no Restaurante Rosario a moi poucos metros da pista de Piedras Blancas - Fabada ou pote asturiano , xamón asado , viño, postre , café e chupiños ( 15 euros ) 

A xestion da pista , do restaurante e a coordinación da seleccion astur está realizada polo gran Javier Hevia Lopez , incansábel machetador e referente absouto do Liriu no país asturano que iste vindeiro 10 de decembro por fin recoñecerase oficialmente a súa grande laboura co premio á mellor iniciativa deportiva do concello de Castrillón....Hevia Sempre , Adiante Furada Cantábrica!!