O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 08, 2015

CAXADE PON A LINGUA GALEGA A FERVER NA POTA AO LUME SOBRE ESCEARIO DO SUNS-EUROPE FESTIVAL DE UDINE!!
















iste venres 11 de decembro en Udine ( estado italiano ) celebrarase a primeira edicion do SunsEurope , o festival das musicas e artes en linguas minorizadas da europa. Herdeiro en filosofía do mítico Liet International , o Suns arrinca en terras friulianas e abraza ademis dos sons a literatura , o cine e demais artes dos paises sen estado representados sobre o esceario do teatro Nuovo G. de Udine.













Unha nómina de 9 nova formacions dunha punta a outra de europa son as que ista primeira edicion do Suns competirán con cada súa cancion interpretada na súa lingua mae , entre eles estarán os Caxade reprentando á terra e lingua galega co seu tema Gente Pota. Seguro que podería haber algunha opción igual mais imposíbel mellor porque Caxade están nun intre espectacular da súa carreira , despois da Dança Das Moscas , co directo xunto a banda municipal de bandeira baixo do brazo e cun disco a punto de  comezar a gravar , Caxade interpretarán a Gente Pota para un público famento de novas sensacions ao que de seguro deixarán impactados...

























E ó caron de Caxade , 9 formacóns máis , entre as que destacan os veciños peninsulares Kasernarat representando a Euskal Herrria  , se na derradeira edición do Liet os Portugueses Bandalheira foron unha das proposta máis impactantes , os activistas do euskaro de seguro que tampouco deixan a naide indiferente . Xunto a eles outras das propostas máis excitantes son os Rhapsodya , os da foto que representas cunha brutal contundencia sonora á lingua bretoa

























E dende logo que outro intre moi potente do Suns-2015 vai ser cando os Irlandeses Tuath invada o esceario coa súa trangresora sonoriade gaélica.




















Sexa como for , iste venres igual se pode incluso seguir por streaming .....en Udine estarán varias propostas da europa dos pobos , a única que os palanadores e palanadoras da LNB queremos  e desexamos e  xunto a elas xuices de  cada distrito lingúistico calificando o incalificábel . Moi dificil o ten o Suns acadar o impacto e difusion que tivo o Liet International mais ogallá que ista primeira pedra de Udine teña firmes para afianzar a proposta no tempo .....Europa dos Pobos Sempre, Adiante co Varal!!