O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 19, 2015

PARA A CIVILIZACIÓN BILLARDA O 20D NADA VAI TROCAR....COLLE O PALÁN E ESNAQUIZA AS FURNAS!!

















Para a civilizacion billarda o votar por calquera das opcións que iste 20D se apresentan ten a mesma validez ou incluso menos ca calqueira voto emitido nuns comicios da veciña Korea do Norte. Nengunha formacion política falou nen tivo en conta nos seus programas ou horatoria o conflicto billardeiro latexante nen cada recuncho do país , motivo polo cal lexitima que calquera palanador ou palanadora no canto de introducir o voto na regaña da caixiña , colla o palán e esnaquice a furna coa forza dun xabarín ferido...




















O 21D nada vai cambiar para a tribo LNB , é mais , todo induca que dun xeito ou outro teremos que engraxar con máis xenio ca nunca o unto de cabalo os nosos paláns e afiar coas brosas con maís punta aínda cada unha das nosas billardas...para ir facendo a boca auga nada mellor ca iste sábado de non-reflexion acudir ó Campo da Estacada de Bueu para particpar no oitavo asalto puntuábel da Conf. RíasBaixas...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!