O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 27, 2015

RACHA AS CADEAS>> ABERTO DA CANDELORIA , DO LACÓN E DA CACHUCHA NAS FESTAS DO SAN ROSENTO E ABERTO DE CHORIS EN CARBALLO!!
















Posibelmente un dos mellores cartaces da história é iste auténtico xortregazo artístico creado por un dos activistas máis perigosos dos Penaverde , un palanador infurerido utilizando unha guitarra electrica coma palán para golpexar a billarda no ar ilustra o tsunami Billardeiro que iste sábado 28 F apartires das 18:30 H . vai sacudir o pazo de feiras e congresos de lugo no previo ó explosivo festival da Candeloria-2015


















E entre perfomance entroideira Pujolaika  e de Boi e Vaca , o gran seleccionador nacional Flores , tivo tempo para artellar xunto coa comisión a xa segunda edicion do Aberto das Festas do San Miguel de Reinante. A loita polo cacón , cachucha e resttra de chourizos iste sábado apartires das 16 h. e prégase puntualidade porque Flores ás 20 h, ten que estar en Trabada cunha nova perfomance con Pujol e a súa dona de protadonistas...



















E despois da espectacular acción na praria de Laxe , as billardas da NorOste continúan na súa procura de novos horizontes arrincando os chantos e invadindo as leiras do universo Bergantinhos. A cita será iste domingo ás 11 h na pista de Choris ( Carballo )...Billarda Sempre!!


segunda-feira, fevereiro 23, 2015

IL MONDO , IL MONDO.....MONDOÑEDO_2015!!


















Unha auténtica montaña rusa emocional azoutou a toda agran serpe multicor da LNB-NorLeste iste pasado sábado 21 F no espectacular marco da Alameda dos Remedios de Mondoñedo. Motivad@s ate o infinito os ducias de activistas billardeir@s non quixeron dar o brazo a torcer e desafiaron a climatoloxía dende o minuto cero ate que as exquisitas tartas de mondoñedo da pasteleiria Cabaleiros de Lourenzá invadiron o podium imposíbel...




















Il Mondo, Il Mondo ....Mondoñedo!! , ise era a coletilla a xeito de bucle da canción dos resentidos era a sincope sonora que acompañou ó gran Collazo en cada un dos seus golpexos e sobre todo no que posibilitou que acadara o seu primeiro Varado na terra de Cunqueiro . Son preto dos 30 os varados conseguidos pola gran estrela da Laracha ó longo de toda a xeira histórica na LNB , unha espectacular anotacion que sabemos pon nervioso a ise outro mito da anti-literatura e pintura galega chamado Luis Pirucha que no seu ultimo aberto acadou a cifra de 149 varados.


















Cento e pico Varados , unha cifra que para alguns poder parecer algo mais inalcanzábel a menos que Pirucha sufra algun "accidente inesperado" mais ate para iso na LNB hai solucion xa que os activistas de Carabullo xa comunicaron que ante calquera posibel doenza ou lesión eles teñen médico na vila de 11:30  a 13 h , un tempo que segundo as autoriades sanitarias é tempo suficiente para atender a preto de 20 doentes nisa hora e media na que tamén se inclue o tempo de tomar o café o médico ou médica desprazado dende Cospeito.


















Unha situacion absolutamente insostíbel e de descréto total que fai que a LNB non poida para nada confiar en ningun tipo de institucions galegas e que nos obrigua a por os nosos fondos a salvo en seguros paraisos fiscais suizos e andorrans coma fixeron antes honorábeis e referenciais persoeiros coma o ex-president Puyol .


















Foi un gran Aberto porque unha vez máis unha estrana forza de atraccion interactua entre   todos os palanadores e palanadoras da NorLeste para achegarnos en masa a un punto máxico no que non ten equipa nen nengun xogador participando na competición e ate as tartas aínda sendo de Mondoñedo son feitas en Lourenzá. Daniel dos Billardeiros foi quen levou o Tartazo maior , seguido de Pepe do cadaval e terceiro Chaly de Carabullo que non puido estar presente na espectacular entrega de premios...


















Unha entrega de premios cargada de emocion incontrolábel xa que ao non estar presentes nen Merce nen Txomin que son as dúas brutais conexións Mindonienses da LNB foi oficiada polo gran Cheriff da LNB  chegado de Meira , Ficas, e polo flamente nova fichade dos Remourelle-Bulls , o xa referencial Basanta, que rachou todos as cadeas e aramios de espiños co seu incendiario debut LNB na Alameda dos Remedios que fixo inevitábel que rematara o Aberto entregando o Botelo da LNB ós Billardeiros Musicais que os acredita coma equipa campioa.  Non só os Bulls teñen un gran fichaxe senón que apadriñado polo Comandante Collazo , Basanta, entra con pleno dereito no apaixoante universo LNB representando ise espíritu indomábel e insaciábel que todo bicho-Billardeiro ten que levar dentro....Basanta e Mondoñedo Sempre , adiante co Varal!!   

sexta-feira, fevereiro 20, 2015

RUMBO A MONDOÑEDO MOTIVAD@S E DESAFIANDO AS ISOBARÁS...CUNHA TARTA NA MAN E NA OUTRA O PALÁN!!



















A alta temperatura nos corpos dos activistas da Conf, NorLeste amiaza ás isobarans do xélio microclima mindoniense porque pese os previos a LNB menten firme o seu pulso climatolóxico para iste sábado apartires das 15:30 h . asediar os Varais situados na pista da mítica Alameda dos Remedios cos lostregos dunha  magnífica tarde máis de billarda , tartas e entrudo!!












E se queres seguir coa troula , os activistas da Conf. NorOeste ista find. seguen coa teima de vingar o aldraxe do comité olimpico internacional de non dar a Vigo as Olimpiadas do 92 coma reivindicabannos Resentidos e no seu lugar os abirixes olíbicos teñen que sufir a entroidada dise alcalde sátrapa que coma en Ribadeo gosta de colocar barcos nas rotondas para rirse da cidadania nos seus fuciños. Ista vez no canto dos Resentidos son os Zenzar e toda a comunidade Cocikeira-LNB as que reivindican a gran masacarada olimpica de Cerceda 2024....Billarda nas Olimpiadas a prol da dopaxe Sempre!!

domingo, fevereiro 15, 2015

SANGUE , VIÑO E AUGA A FEIXES NO MULTITUDINARIO ABERTO INDOOR DE BARRANTES!!

















Ista tarde de sábado mentras milleiros de filloas sairan coma tiros das tixolas de todo o país , nas indomábeis leiras de Barrantes as billardas dos activistas da Conf. RíasBaixas bruaban no pavillón municipal por mor da crudeza meterolóxica que impedíu o desenrolo do Aberto no alto da praza da carballeira coma inicialmente estaba estipulado




















O entroido vivíuse con intensidade brutal por todos os palanadores e palanadoras tanto dentro do pavillón de Barrantes coma fóra a unhas ducias de km. xa que en Vigo , activistas da LNB, trocaban momentaneamente o palán pola vara para mutarse no mítico Merdeiro sair co chankete parcorrer as rúas de Vigo..

















E ó carón do case un cento de participantes aborixes das RíasBaixas uníronse activistas coma o Comandante Collazo das terras da Laracha da NorOeste que nos ilustra cun espectacular raio-verbal a xeito de microcrónico da xornada que deixou ate sangue dunha testa na pista de xogo; Onte en Barrantes,apoteose billardeira nun pavillón que chovía dentro,un palanador ferido na cabeza polo impacto dunha billarda,ambiente de Entroido,chovendo a mares fóra.A billarda non pon mala cara ao mal tempo!!

terça-feira, fevereiro 10, 2015

ENTROIDO LARAFUZÁN , COMÍCHESME A CARNE E DIXÁCHESME O PAN!!
















Os irmáns de OZOCOgz xa teñen en circulación por todo o páis as espectaculares camisetas-antroideiras para que ti poidas disfrazare o teu pelexo , pon un peliqueiro no teu peito e vai preparando o corpo para nun futuro quizais moi próximo poder lucir un explosivo deseño billardeiro de Ozoco...

















E do Carballiño a Salceda porque foi alí donde iste sábado os activistas da LNB-Sur deixaron fluir sen complexos o salvaxe peliqueiro e o merdereiro que levan dentro ...No Aberto dos 13-24 Filloas de leite de burra e o Oso de Salcedo cada Varado!!

sexta-feira, fevereiro 06, 2015

ENTRE EUFORIAS E CATACLISMOS...SALCEDA DE CASELAS RECIBE Ó MERDEIRO E ÓS SEUS MINISTROS!!



















Serán dúcias @s activistas-encarantoñad@s que iste sábado se acheguen cos paláns e as perrucas preparados para asaltar coa mesma raiba das formigas avinagradas de Laza os Varais situados polos irmáns treze-catorce na pista detrás do pavillón de Salceda de Caselas - A cita antroideira coa involución Pincha apartires das 15:30 H - Dende o sur para a Galiza toda... Pincha, Antroido e Merdeiro Sempre!!

terça-feira, fevereiro 03, 2015

XSÉ COLLAZO E MONCHO VALCARCE , DOUS REFERENTES AO MESMO NIVEL NAS TRINCHEIRAS DE PONTOXO!!

















Ate os flashes da Conferencial Noroeste enmudeceron iste pasado domingo nas Encrobas para inmortalizar cada un dos espasmos billardeiros  no segundo Aberto Homaxe a Moncho Valcarce. En cada varado na pista do Pontoxo a teoría da liberacion do Cura das Encrobas e ó final un vencedor , que no facebook oficial da NorOeste verqueu istas emocionadas e impactantes verbas:
Toda unha honra,gañar este Aberto tan especial.
Vai por tí Moncho Valcarce.
BILLARDA SEMPRE.!!!
















Do facebook oficial da NorOeste recollemos tamén istas imaxes e iste gran micro-crónico da xoranda de billarda e loita: Imaxes do II Aberto de Billarda en homenaxe a Moncho Valcarce no 22 cabodano da súa morte e disputado en Pontoxo (As Encrobas). Collazo foi o gañador nunha final disputada con David Fontán. Ao remate todos os participantes levaron un libriño en banda deseñada sobre a biografía de Moncho, con debuxos de Fran Bueno e guión da Irmandade Moncho Valcarce.
















Tamén antes do Aberto realizouse unha ofrenda de billardas e paláns diante do busto de Moncho Valcarce.Fotos de Distrito Xermar.
https://www.dropbox.com/…/j3k0hj…/AACy89moWYhXSJ7arunnljlCa…

domingo, fevereiro 01, 2015

SANTI GAÑA O MÍTICO LACÓN DE MEIRA NUNHA FINAL A 3 FRONTE A MARKITOS E IVÁN, O GRAN ROOKIE-LNB DOS PENAVERDE!!


















A friaxe de fóra combatéuse en Meira coa canícula dos varados dos palanadores e palanadoras da Norleste no interior do pavillón munciapal da vila chairega . Un lacón en xogo e máis de medio cento de activistas famentos desexosos de meterlle o palán e o dente...


















Agarando polo pichón da LNB que anuncie a magnitude da traxedia no Aberto das Encrobas da NorOeste , en Meira , a raìdez da pista e a boráxine dos golpexos situou unha final con tres plenos donde a gran sorpresa foi o gran palanador de Penaverde Iván , un debutante iste tempada que arrincaba a súa carreira no alto da Cadeira para nun tempo record situarse nunha final top no xa mítico Aberto do Lacón de Meira.

















Unha final que catapultou a Santi, despois de varios abertos rendindo a un nivel máximo, ao máis alto do podium abrazado ao espectacular Lacón dos MdeMeira, no posto pisándolle os calcaños situouse o xa cLásico entre os laureis Markitos e coma terceiro clasificado entrou coa forza dun raposo da Cadeira o gran rooky dos PenaVerde Iván. Lacón e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!