O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 28, 2015

Play Off Nacional_2015>> ADIANTE #MARELNB CARA A CIDADE DA CULTURA!!



















A chama preguizeira dos coitelos afiando a madeira , a descougada pracse do activista rachando a noite coa ollada violenta dun ramallo calquera , unha edición máis Nachok abraza o risco para amordazar coa súa implacábel narracion-visual a angustia vital do palanador e palanadora a noite antes de entrar en combate . Play Off Nacional_2105 , a psicose latexante do coroceir@ nacional que non o foi aínda...




Toda unha tempada resumida nunha gran xornada de festa, billarda e loita nun marco absolutamente desproporcionado e que a LNB buscou coma xeito de provocación na que dun ou outro xeito todos estaremos representados. Recordamos que O domingo 31 as 8:00 h. Sairá da estación de Ribadeo o "Bus da LNB" cara a Santiago. Fará parada en Vilalba (no Hostal Montero) contra as 9:00 h. para recoller a xente da Chaira. O xantar como as anteriores ocasions será autoxestionado é dicer , hai que levar comida, a poder ser tortillas perfecto para compartir e para participar no mítico " Concurso de Tortillas do Play Off Nacional" co premio MIllo Corvo para a mellor tortilla e " Premio Falso Shaolín" para a peor . Comentar que haisitio para sentarse a pé de pista e unha pequena cafeteria e que estará aberta. Tamén se recomenda levar todo tipo de cartelería , bandeiras , faixas ou calquer tipo de motivos billardeiros e instrumentos para ambientar o máximo posíbel ise entorno tan hostil coa cultura e despoto que é a Cidade da Cultura.
























Iste domingo pois dende ise masa pétrea da infamia e o despilfarro salvaxe ollaremos ó amigo , ollaremos a Chupi , presente xa sempre canda nós coma os montes nativos coroados polas xestas ....Colle o palan e a Marra e Adiante #MareLNB cara a Cidade da Cultura!!

sábado, maio 23, 2015

"MARIO DE CONXO" .... O XESTOR DOS PLAY OFF NACIONAIS DA LNB ABRAZA O RETO E LEVA Á SERPE MULTICOR Á CIDADE DA CULTURA!!














,
ESPECTACULAR IMAXE A QUE PUIDEMOS CAPTURAR DO FACEBOOK OFICIAL DOS IRMÁNS DE XOGOS TRADICIONAIS DE COMPOSTELA INSPECIONANDO ISTE VENRES O TERREO DE XOGO DO AGADADÍSIMO PLAY OFF NACIONAL 2015. O QUE COMEZOU A SENDO UNHA BRINCADEIRA NA GUAGUA DA LNB RUMBO Ó ESTADIO DE CONXO NO QUE CELEBRABA O PASADO PLAY OFF NACINAL TORNOUSE EN ALEBRESTRADA REALIDADE GRAZAS Ó RADICAL COMPROMISO DO GRAN MESTRE MARIO  E DE TODA A TRIBO_LNB QUE VIVE , MEDRA E SE REPRODUCE NA LOUCURA COMPULSIVA DOS GRANDES RETOS A TAN SÓ UN PASO DO ABISMO...





















E tan só unha semana antes,  iste sábado na referencial conf. RíasBaixas, as billardas e os palans rubricarán definitivamente no explosivo e derradeiro aberto puntuábel  no Pazo do mar de Sanxenxo os nomes dos palanadores e palanadoras que deputarán a coroza no incendiario Play Off Nacional_2015 que iste vindeiro domingo tinxirá a cidade da cultura de Compostela  da bandiera tricor da bandeira galega. Será despois da celebracion do aberto cando as luzes dos esceario do pazo Emilia Pardo Bazán de sanxenxo se acendan para enfocar aos activistas da Conf. RíasBaixas elexidos pola gloria para representar á conferencia nos Play Off Nacionais , será nunha espectacular gala na que ademais dos premiaod@s animando a velada estarán sobre a s táboas Soalleira e Olodium do Coio...Planeta Furancho Sempre , non ao holocausto cultural!

quinta-feira, maio 21, 2015

CONSUMOUSE A TRANSGRESIÓN MÁS BRUTAL DA LNB ..PREPARADE OS PALÁNS E AS MARRAS PORQUE CHEGA O PLAY OFF NACIONAL!!

















Ismael de Outeiro e Xoan Pinto pintaron a diana ....e a LNB disparou a billarda!!! Confirmado oficialmente , iste domingo 31 de Maio o Play Off Nacional da LNB despurarase na Cidade da Cultura. A maxistral xestion de Mario de Conxo fixo posíbel o máis transgresor dos pesadelos...preparade os palán e as marras, BILLARDA SEMPRE!!

domingo, maio 17, 2015

BILLARDA E MUNICIPALISMO INDÍXENA SEMPRE!!








O rego de viño e festa esparabellada pola gran serpe multicor da LNB a pasada edicion do xerro do salnés en Xil estourou de novo iste sábado 16 no explosivo festival das letras celebrado na carballeira de Barrantes.




















un festival cun previo de luxo xa que dende as 16 h. as billardas da Conf. RíasBaixas estiveron presentes exercendo de teloneiros das bandas que apartires das 22h asaltaron o esceario de barrantes , un espectacular cartaz coma altofalante dunha gran xornada de billarda , festa e reivindicacion da fala indíxena , lástima que a pé de pistas por mor do apartheid eleitoral exercido polo partido popular a faciana do palanador e candidato por Somos Ribadumia nas vindeiras eleccions municipais do 24M Enrique Oubiña , non puido lucir guindado nas paredes e farolas....Billarda e Candidatos Indíxenas sempre!!

segunda-feira, maio 11, 2015

O COELLO E TRIBO_LNB!!
















Remourelle , unha vez máis convertido en gran  pista de despegue do avión de combade da conf. Norleste cunha tripulacion composta de kamikaces billardeiros que co coello de Suso coma piloto aterrarán en compostela iste vindeiro 31 de maio para a desputa dos Play Off Nacionais...
















porque todas as olladas tanto dende Remourelle coma dende Meis donde se desputaba tamén un definitorio Aberto da Conf. Rías Baixas se tornaban cara un varal situado nun punto na cidade galega..

















e todo iste coctel molotov de emocións compartidas e billarda a ceo aberto foi condimentado maxistralmente por unha improvisada intervencion sonora dos Ex-Tension Agraria experimentendo co formato desenchufado co que veñen de impresionar ao público pontevedrés na súa recente actuacion no recinto univertisario..
















Markitos dos Billardeiros Musicais levou o coello de Suso , un clásico gañados diste aberto que se víu apreixado polo empurre dos Chaireos Nacho de ExTension Billarda e Pepe Vidal do Cadaval...Coello Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, maio 08, 2015

ARRINCANDO OS CHANTOS OLLANDO CARA O PLAY OFF NACIONAL EN REMOURELLE E MEIS!!


















Coa dor inmensa en cada un dos nosos paláns , a serpe multicor da LNB volta ó campo de batalla para afrontar unha nova find. de abismos e varados sabendo que o compañeiro e irmán Chupi estará para sempre canda nós ollándonos e vixiándo ca un dos nosos golpexos dende o máis alto do podium que a história reserva só para os máis grandes. Iste sábado a Conf. Mae afronta o seu final de tempada regular e faino como é mester niste máxico e bravo lugar chamado Remourelle....


















A desputa do xa mítico Aberto do Coello de Suso pechará as cancelas dunha gran tempada regular e arrincará os chantos da conferencia norleste para asaltar a coroza no Play Off Nacional. Apartires das 14 h. xantar de irmandade para a continuacion dirixirse á pista de xogo e como remate entrega de premios e torrezmada_LNB con foliada billardeira cun folión sonoro atizado polos Billardeiros Musicais e polo anti-coro LNB dirixido por Chousa , a gorxa dos Amigos do Caldeiro , incendiou cada unha das cuncas na brutal xira de Furanchos no Xerro do Salnés e chage a Remourelle disposto e repetir fazaña ...

















E donde o lume billardeiro e o recordo a flor de pel do gran palanador dos Paquete Pincha correrá a regos en cada varado será iste sábado tamén no Campo da Boca en Meis donde a Conf. RíasBaixas desputará unha nova enganchada regular cos ollos postos na Coroza que agarda en Compostela no Play Off Nacional 2015....Chupi Sempre, Adiante co Varal!!