O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 30, 2015

O BRUAR DAS BILLARDAS E O SILENCIO DO AÑO MOURO...

















Chegou o Año á pista e cn el a loucura total .... unha edicion máis o mítico torneo por equipas da LNB non defraudou e encheu de emocion suor e bágoas cada un dos golpexos dos palanadores e palanadoras que iste pasado domingo 28 de xuño se deron cita en intensa sesion de tarde na explanada do restaurante Huerto de Ribadeo.



















Un día antes e a tan só un excaso km. de distancia a donde o Año desfrutou do seu torneo , activistas da LNB celebraron o agardadísimo Aberto do Xamón do Eroski baixo un sol de xustiza na gran explanada da área comercial ribadense.

















Agradécese ver que unha marca comercial aposta por un deporte coma a billarda aldraxado sistematicamente por todas as institucions e marcas comerciais , un 10 para os responsábeis do Eroski por ista aposta e ogallá que se repitan accions coma ista na que o gran palanador dos Billardeiros M. Franco se fixo co tan desexado Xamón do Eroski.















E simultáneos os varados polo xamón a unhas dúcias de Km. na Pontraga en Ordes , resoban os golpexos da madeira contra a madeira a prol dunha moi desexada República Galega. Que dúbida colle que o día que chegue ise intre de proclamar a república galega será por méritos de xente coma Xosé Collado e toda a tribo da Conf. NorOeste que unha edicon máis fireon bruar as billardas da LNB na gran festa da República Galega.

















E unha república necesita xente e animáis comprometid@s... dispostos a pasar frío , fame e sede para que a billarda e a nosa indepencia sexa total e plena . Isa é a filosofía que emana do Año da LNB e da cada unha das equipas parroquiais que loitron por el coma gran metáfora da soberanía vital da LNB. Dende Outeiro con reforzos dunha experimentada gorxa e palán Meirego e un xove valor da cantira Ribadense , co segunto posto no podium ovino ista foi a única equipa que logrou por nerviosos aos todo poderosos Billardeiros Musiciais



















Como marca o ADN da EkipA , a procedencia e o xogo alebrestrado de cada un dos intedrantes dista comando billardeiro fixo que pese a un moi potente arrinque , a medida que discorria o torneo os golpexos dos paladores se ías desinflando . Unha terceira praza define moi claramente a dimension dista gran equipa deseñada para accións explosivas que perde fuelle nas longas distancias ...

















E pese a unha mermada nómina de efectivos a os Bulls demostraron unha vez máis que non neceitan nada máis ca un pouco de ar para respirar e uns xuramentos para porse en marcha , e se ademáis contan coa alinanza da EkipA , a equipa indíxena irmán para non dubidou un intre en ceder unha espectacular estrela como é Angel Barcia , para dar lustre e brilo a unha participacion máis que digna como corresponde a unha equipa histórica da LNB. Cuarto posto para uns activistas Top da LNB que trocaron a ovella pola cabra coma metáfora brutal da súa filosofía vital.

















Situados no outro hemisferio , empalmados en varadero tantearon o terreo coma turistas nun campo minado de billardas , a metamorfose da alta competicion dente Pol pasando por Meira , a culler de pau que tanto abrazaba Daniel con sorna foi para as mans distes activistas que deron unha maxistral leccion de compromiso billardeiro desprazandose varias dúcias de km . priorizando sobre todas as cousas o valor de atoparse...


















Todas as quinibillardas pronosticaban que os Billardeiros Musicais isa noite durmirían co Año ó lado , e non se equivocaron, non houbo nengun tsunami nen dentro nen fóra da pista que o impedira polo que un ano máis os Billardeiros brilaron coma a roupa lavada con Perlán....Billarda , República e Año Mouro Sempre!!

sexta-feira, junho 26, 2015

DO ABERTO DA REPÚBLICA GALEGA NA PONTRAGA Ó ANHO MOURO DE RIBADEO!!
















Sen billarda non hai República e sen Aberto non hai festa na Galiza ....e iso sábeno ben os organizadores da festa da República Galega que iste sábado organizan unha edicion máis diste xa mítico festexo que reune en Ordes a todo o activismo que dun ou outro xeito traballan a reo guiados polo espírito de xuño  do 1931 cando se proclamou a I República Galega ...espectacular Cartaz que arrinca ás 12 h coa desputa dunha nova edicon do Aberto de República para dar paso á sesion vermú e a todo un feixe de repichocas literarias e musicias que vai encher a Pontraga da festa e loita ...























E o Domingo en sesion de tarde , unha vez máis os palanadores e palanadoras da LNB se voltarán a identificar con ise animal diferente que coma cada un dos practicantes diste desporte busca fuxir da manada. Apartires das 16 h. na explanada do Restaurante Huerto de Ribadeo , torna a emocion e os espectáculo do Interparroquial_2015!!























E o sábado coma previo do Anho Mouro , na explanado do Eroski de Ribadeo vaise celebrar un Aberto con exibicion previa para nenos e nenas no que todo o mundo poderá participar porque un xamón e moitos máis premios doados polo supermercado basco está en xogo...Billarda , Xamóns , Años e República Sempre!!

sexta-feira, junho 19, 2015

ISTE DOMINGO ABERTO DO FOLK IN RÍO DE TOURO E NO HORIZONTE O INTERPARROQUIAL DO AÑO MOURO_2015!!
















Iste domingo o relevo e o palán o colle a tribo da conf. centro coa celebración do xa  mítico Aberto do Folk in Río de Touro se sesión de maña , afía a billarda e a Touro!! Contacto: 654.232108
























E do planeta Touro ao universo Año , porque ate os fogares de moitos palanadores e palanadoras xa está chegando ise intenso cheiro a perico co que as billardas entolecen e non hai dios que as ature na bolsa , sinten a chamada do Año Mouro e iso xa se nota no ambiente...porque iste vindeiro domingo 27 de Xuño na explanada da Restaurante El Huerto en Ribadeo se vai celebrar unha nova edicion do máis mítico dos Torneos por equipas. Saca o lob@ que levas dentro e organiza a túa equipa parroquial para levar o Año Mouro_2015!!!

segunda-feira, junho 15, 2015

A TXIRIKILA-BILLARDA REGRESA A EUSKADI. TIAGO VENCEU NA GRAN TORMENTA DE ERRENTERÍA.



Pese á brutal oferta de Al-jazeera , Xose Miguel Blecua , decidíu verquer en exclusiva mundial no Varal o espectacular macro-crónico do Aberto de Errenteria Txirikila-Bilharda 2015 , que o desfrutedes...Avante Marea Cantábrica!! >>
A Marea Cantábrica superou a mellor das súas espectativas cun multitudinario aberto de txirikila-billarda nas festas do barrio de Gaztaño en Errentería baixo unha gran tormenta. Fai xa bastantes anos que a Txirikila comezou a súa expansión en Euskadi da man do gran Mourinho, ao que enviamos o noso pésame polo falecemento da súa nai e un grande abrazo. Tras o seu regreso a nosa terra fai un par de anos os diversos billardeiros que se atopan por Euskadi non foron quen de organizarse para dar continuidade a todos os abertos organizados polo Fato Daniel Castelao. Esta pasada fin de semana púxose fin a estes anos sen sentido nos que a sociedade basca demandaba txirikila coa reactivación do Txirikila Bai, a plataforma creada polo pobo para crear a liga basca de billarda e a súa retransmisión a través da ETB.








Ana de Donosti e Paulo de Errentería comezaron fai meses as xestións da reactivación de Txirikila Bai, e coa excusa das festas de Gaztaño as billardas golpearon mais forte que nunca en Euskadi, para xa non marchar dunha terra que quere billarda.








Foi fai uns meses, durante a desputa do xerro do Salnés, cando os galegos coñecimos que o sábado 13 de Xuño sería o regreso da billarda a Euskadi, e foron moitos os que non querían faltar a esta cita histórica e organizaron a auténtica caravana galega da Marea Cantábrica, enchendo de galegos Errentería en Euskadi co Aberto de Gaztaño e Piarnu en Asturias onde simultaneamente celebrouse o xa mítico Aberto do Pitu Caleya. A terras bascas desprazaronse multitude de galegos. De terras galegas partiu a caravana con activistas billardeiros das vilas de Carballo, Santiago de Compostela, Mondariz, San Xoán de Río, Monforte de Lemos, Vigo e mención especial para o convoi de Ponteareas que foi o mais numeroso. Indo tanta xente era lóxico que houbese algunha avería, e o convoi que partiu de Castro Caldelas comandado por Raquel sufríu problemas técnicos e non chegou a tempo para a desputa do aberto. Por outra banda ducias de galegos residentes en Euskadi non quixeron perder esta cita histórica. Mención especial para os galegos que viñeron dende Gasteiz e que dende o sábado forman parte da Gran Familia da LNB. E como todos sabemos: non existen ex-xogadores de billarda, polo que chegaron para quedarse.









A caravana galega da Marea Cantábrica chegou a Errentería e o recibimento foi espectacular. A organización feita por Paulo tiña estudado ata o mais mínimo detalle. O punto de encontro era a Sociedade Gastronómica de Gaztaño, un lugar do pobo e para o pobo. A chegada o gran Bukowski de Pasaia, o Flores basco, o seleccionador e capitán da selección de Euskadi de Txirikila recibiu aos galegos cun gran abrazo recordando o Galiza-Euskadi desputado en Ponteareas.








A continuación, o concurso de tortillas de Gaztaño, no que os xuices locais deron voz e voto ao xurado do concurso de tortillas da MilloCorvo-LNB e aceptaron discutir para o vindeiro concurso o premio falso Shaolín a peor tortilla onde o premio serán unhas leitugas para que esa persoa dediquese as ensaladas e non as tortillas.
Acto seguido, nunha gran acción e obra de enxeñería modificouse a fonte do pobo enchufandolle a cañería a un enorme barril de sidra para que durante as festas a fonte so botase sidra. Os billardeiros tomaron como referencia esta fonte durante todo o fin de semana.




Despois foi o acto de entrega de chaves do Caserío-LNB, o albergue que o concello de Errentería cedeu aos billardeiros para o seu aloxamento. Un gran lugar para asentar a base de operacións dos billardeiros galegos para todo o fin de semana e que os motivos económicos do caro que son os aloxamentos na zona non impediran que naide faltase a esta cita coa historia.
Na noite do venres bascos e galegos socializaron entre sidra e concertos festexando o regreso da billarda a Euskadi. As forzas comezaban a escasear e os billardeiros dirixianse ao caserío para descansar para o que sería o día forte.








Pola mañán os activistas da Marea LNB dividironse para visitar o máximo número de lugares e visibilizar a billarda. Un gran acerto. Unha das mellores accións da mañán foi chegar ao lugar no que todo comezou, a praza de Pasaia Donibane, lugar onde se desputou o primeiro aberto de Tkirikila-Billarda nun magosto do Fato Daniel Castelao. Nun pobo dividido con tensións entre San Juan e San Pedro, que todos os que seguen o mundo das traíñas coñecen esa rivalidade a Marea Cantábrica, nunha acción a antiga, cruzou en barco a Bahía de Pasaia unindo a través da billarda ambos pobos. A xente do pobo celebrou esta acción na que se demostrou que a billarda é o único deporte que so une.








Xa pola tarde unha ríada de xente acudiu en masa a chamada da Marea Cantábrica para desputar o aberto de Gaztaño. Rúas cortadas en Errentería e todo o pobo pendente da txirikila. Estaba todo previsto e decorado para a ocasión nunha pista con handicap, como se de golf se tratase, nunha pista en curva propicia para zurdos e nos que a dificultade técnica da pista engadía mais emoción ao aberto. 

















Pero acertaron os meteorólogos que prevían unha gran tormenta en Errentería, e chegou a tormenta minutos antes de comezar o aberto caendo chuzos de punta e tendo que replantexarse todo o aberto. Pero non é a primeira nin será a última vez que chove e Serxio do Faísca tomou o mando da organización e desaloxou o campo da festa que contaba cunha carpa e puidose desputar o aberto.







O aberto comezou con un aberto infantil no que demostrou que a Txirikila-Billarda ten futuro. A continuación e ante unha marea de xente e unha ríada provocada pola chuvia comezou o Aberto de Gaztaño no que os palanadores galegos dominaron sen nengún tipo de dúbida e demostrando que Txirikila Bai ten un grande traballo se queren chegar ao nivel dos galegos. O Tiago dos mellores tempos refundouse en Euskadi e lembrou a aquel Tiago das grandes victorias nos terreos mais duros e alzouse coa victoria sen nengún palanador aguantando o seu nivel. Segundo foi Carliños de Mondariz, un debutante que é mais do que aparenta a simple vista, e completou o podium o Veterinario Colombiano, convertendo este aberto en multicultural e coa promesa de introducir a billarda en Colombia. O veterinario colombiano so cumpliu dentro da pista, xa que foi o primeiro en abandonar esa noite a expedición botandolle a culpa ao jet lag cando todos sabemos que non deu aguantado o ritmo de vascos e galegos.










Tralo aberto celebrouse unha cea de irmandade na que se sentaron as bases da implantación total de Txirikila Bai por todo Euskadi. Trala cea celebrouse o típico pique de cancións bascas e galegas nos que ambos grupos defenderon coas súas gorxas os cánticos mais populares en ambos países. Trala cea todo o mundo celebrou ao grande o gran regreso da billarda a Euskadi e agora so falta marcar as seguintes datas para que o lume que acendeu a Marea Cantábrica este finde espállese por todo o territorio basco. En Errentería, golpe a golpe, a billarda serviu de altofalante para o achegamento de todos os obxetivos. TXIRIKILA BAI TEN FUTURO.

AVANTE MAREA CANTÁBRICA >> GALIZA - ASTURIES - EUSKAL HERRIA!!














Arrincou ista find. a indomábel Marea Cantábrica e fixoo  parella ó anagamento das diferentes casas do consitoriais do país e da peninsula toda e arrincou cun xostregazo sobre o mostrador da caixa rexistradora dun supermercado da mariña de lugo ...


















un sitio o supermercado , o mesmo marco elexido fai un tempo polos  irmáns do SAT Andaluz para dar o pau como xeito de alerta ante o xenocidio económico e social , que valeu para que dende ista fin de semana os palanadores e palanadoras da Conf. Andaluza poidan xogar nunha cidade a de Cadiz , liberada despois de tantos anos de escuridade institucional...


















E cunha maña radiante , mais baixo a amiaza de dioivo, o sábado un poderoso comando LNB cruzou a Ponte dos Santos para a desputa do mítico Aberto do Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) tan só unhas horas despois que o venres pola tarde o fixeran o coche patera rumbo ó Aberto de Errenteria no que as billardas ían bruar ó carón das Txirikilas..



















Un ambientazo de festa e reivindicacion do liriu e a billarda coma desportes oficiais de ámbalas dúas nacions sen estado tinxiu cada un dos golpexos cos que os preto de trinta machetadorxs e palanadorxs festexaron ista máxica oitava edición do decano dos Torneos do Liriu en Asturies.















Bruaban os Lirius e Billardas e a sidra basca comezaba a acender as Txirikilas en Errenteria...




















e simultaneamente en Piarnu a sidra estouraba tamén no vidro encastrando cada culín no corpo sedento dos activistas do Pitu Caleya..
















Unha sede interior e exterior de billarda que levou a moitos dos participantes galegos no Pitu Caleya de Piarnu polo serán de volta a Ribadeo mergullarse no mar verde de Vilaselán para desputar unha nova edición do Aberto das Festas dista poderosa parroquia ribadense






Unha xornada a do sábado na que Daniel , o palanador de Billardeiros Musicais , que viña de arrasar facía unha semana en Muimenta no Aberto da Filloa , o sábado en doble sesión executou o triplete unindo ás filloas o Pitu Caleleya e o trofeo do Aberto de Vilaselán














Mentras tando no lusco e fusco das terras bascas , a Marea Cantábrica estouraba en Errentería con case 20 activistas LNB participandando niste incendiario Aberto pasado por auga que consolisa a Txirikila-Bai coma un dos principais colectivos emerxentes do universo euskaldun...



















E por se non fora pouca intensidade , o domingo coma gran guinda do pastel cantábrico , na parroquia barrerirense de San Xusto celebrouse unha xuntaza organizada pola Anpa do Ceip. de San Miguel de Reinante que coma plato forte para os nenos e nenas tiña unha sesion de iniciacion ó deporte da billarda coordianda por membros de Pena Verde e Remourelle Bulls....Billarda Sempre , Avante Marea Cantábrica!!

quarta-feira, junho 10, 2015

COLLE O PALÁN E ÚNETE Á GRAN XEIRA DE VERÁN ....ISTA FIND: ERRENTERÍA ( EH ) , PIARNU ( AS ) , VILASELÁN E SAN XUSTO!!
















O Aberto da Filloa en Muimenta lanzou as billardas de toda a tribo á gran Mará dos Abertos de verán , unha brutal arañeira que se tece por todos os recunchos do país e do estranxeiro rego a rego e varado a varado...


















Iste sábado pola beira Cantábrica Asturies e EuskalHerria acollerán dous explosivoss abertos que en ambos casos condimentarán a súa boráxime con activistas LNB que estarán tantoen Piarnu coma en Errentería compartindo e apoiando a festa e a loita do Liriu e da Txirikila pola súa definitva supervivencia e expansion.

-sábado




















11:30 h . Aberto do Pitu Caleya ( Piarnu - Asturies ) / contacto: 644.294287

18 h. Aberto Billarda-Txirikila nas festas de Gaztaño ( barrio de Errenteria - Euskal Herria )  / contacto: 627.780891


















E no lusco e fusco no marco das festas da poderosa parroquia ribadense de Vilaselán , unha vez máis celebrarase iste imprescindíbel Aberto do Pemento sobre herba do xa mítica campo de Javito, o mítico palanador dos Bulls , impulsor diste xa clásico estourido billardeiro que dá a saida á gran xeira de verán no univeso billardeiro da mariña luguesa. Contacto: 609.248416

- E para quen o domingo queira seguir xunguido ó palán : ás 16 h. Xuntanza billardeira para inciacion no deporte da billarda ós nen@s do Ceip San Miguel de Barreiros no campo da festa de San Xusto . / contacto: 607.630364

sexta-feira, junho 05, 2015

ISTE DOMINDO ABERTO DA FILLOA DE MUIMENTA E DESPOIS PITU CALEYA DE PIARNU E I TXIRIKILA-BILHARDA TXAPELKETA DE ERRENTERIA!!
















O periodo estival no almanake LNB marcao inexorabelmente a gran festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta , un espectacular marco para a celebracion dunha nova edicion do Aberto da Filloa que cada ano acada mais empuxe e relevancia , chega dicer que das tixolas con pingo fervendo ó caron da pista de xogo ademáis de cociñar as mellores filloas do mundo foi a semente perfecta da que surxío o referencial equipo do Carabullo que a pasada fin de semana asediou na cidade da cultura a billardeiros musicias e gharabotos e que iste domingo 7 estarán no seu territorio do Recinto Feiral coordianando e desfrutando cos centos de activistas LNB que se acheguen apartires das 16 h. Contacto: 676.597050

















E o que fai uns anos comezou sendo unha parente inocente alianza entre a Txirikila e a Billarda no tamén espectacular marco da bahía de Pasaia , iste vindeiro sábado 13 tornarase en brutal treboada de Txirikilaris e palanadorxs xa que da semente de Pasaia o lume extendese cara as festas do combativo barrio de Gaztaño na vila de Errentería , donde entre o gran programa de actos se inclue un explosiva Aberto de Billarda coordiando por activistas LNB e da nosa ente irman en EH Txirikila Bai. E Atencion porque ó igual que para a desputa ise mesmo sábado do mítico pitu caleya en Piarnu ( Asturies ) para o I TXIRIKILA-BILHARDA TXAPELTEKA hai xa en marcha unha explosiva kedada de carros que ten xa case 20 activistas LNB movilizados para a viaxe . O berro xa está ardendo nas redes anti-sociais da billarda 
Algo moi grande ocorrerá o sábado 13 de Xuño en Errentería. Apuntate a Caravana LNB do día 12 de Xuño da LNB a Errentería. Caravana Galiza-Euskadi venres 12 de Xuño. Saídas dende Ponteareas, Vigo, Carballo, Santiago de Compostela, Lourenzá, etc. / CONTACTO: 627.780891

ATENCION Ó PROGRAMA , UTILIZAMOS UN TRADUCTOR DE EUSKERA :

El barrio de Gaztaño celebrará sus fiestas a partir del 12 de junio hasta el 14 del mismo mes. Después de una semana de descanso, se sumergirán de nuevo en el ambiente festivo en la víspera de San Juan. Programa del viernes • 16:00, campeonato de Futbito 4 • 18:00, payasos Kiki eta Moko • A continuación bajada de Maritxu y chupinazo • Despúes, cabezudos y entrega de camisetas a los y las recién nacidas • Seguido, concurso de tortilla de patatas • 20:00, abrirán la fuente Iratxo para degustar su sidra • 23:00, Concierto Gaztañorock: The Loockers (Ziburu), Broken (Donostia), Aski da (Errenteria) eta Zezenaren Taldea (Baiona) Gaztañoko plazan • A medianoche DJs en el Gaztetxe Programa del sábado • 10:30 IV. Cross de Gaztaño • A continuación, III.Cross infantil • Después de la entrega de premios, concurso de pintxo pote • 12:00, cronoescalada de bicicleta desde la plaza hasta Aramendi • 16:00, Concurso de Mus en la asociación Bukagaitz • 17:00, Juegos infantiles • 18:00 • 18:00, lanzamiento de virutas-Billarda/ En la Plazan ZUMBA para el público infantil y adulto • 21:00, Cena popular amenizada con la txaranga Kuxkuxtu. Ensalada, tortilla de bacalao, costilla con piperrada, queso, nueces, pan. Bebida y copa. • 23:00, en el Gaztetxe Zabalenea, Dantzale Sound • En la plaza D.J Bull • A la madrugada, se repartirá la bebida mágica de las brujas Programación de domingo: • 12:00 Concurso Toka y Bote • 14:00 Comida de los y las que fueros jóvenes • 16:00 Fiesta de la espuma y a continuación fiesta del agua • 18:30 de Gaztaño al Mundo. Música, danza, comida y bebidas de otras partes.

quinta-feira, junho 04, 2015

NON ERES DA LNB SE NON PARTICIPACHES NO CONCURSO MILLO CORVO - FALSO SHAOLIN Á MELLOR E PEOR TORTILLA DO PLAY OFF NACIONAL!!



Un brutal Big Bang de sensacions que estou na boca dos palanadores do Cadaval,  na do enviado especial de Tele-Varal e na de todo o xiri cando degustaron a tortilla coa que ista gran franquicia chairega se achegou á cidade da cultura para desputar o Play Off Nacional 2015 , erguere ás 6 da mañá , pelar e fritir as patacas cazonas , misturalas con ovos de galiña de Mos , utilizar pingo de porco autóctono na vez de aceite foraneo e por a guinta utilizando cebola shalot orixinario cebolin da franza pero que se converteu en cobola na sabana chairega.....pero quen carallo pode competir contra todo isto?? 

















Unha vez máis no Play Off Nacional de LNB de entre fogo cruzado merxeu das trincheiras da soberanía alimentar o temíbel Komando Carnelao para analizar cadaunha das tortillsa dos diferentes colectivos presentes no xantar de irmandade.

















Diferentes texturas , cores e sabores acariñaron o órgano gustativo dun xuri que non se deixaba impresionar por nengun tipo de marea pataqueira chegada do cantábrico ou atlantico piscina.

















durante a previa do Play Off Nacional as redes antisiociais-LNB arderon co lanzamentos da Tortilla de Esterko coa que  posuidor do premio da pasada edicion á peor tortilla tentaba asaltar de novo o agora maxistralmente denomidando Premio Falso Shaolin á peor mistura.




















A tension subía a cada que o Xuri Carnelao se achega a a cada tortilla , o activistas de Carabullo  que viñan de asaltar o podium na final de equipas rillaban nos petiscos e na tortilla collendo forzar cara rematar a faena co Millo Corvo e nas finais de Varados e Absoluta da tarde..

















E por vez primeira na historia do prestixioso Premio Gastronómico MilloCorvo na procura da mellor e peor tortilla do Play Off Nacional participaban os Billardeiros Musicais que tentaron reforzar o sabor da súa creación ofrecendo viño a un xa desidratado xurado que prestoso se prestou á corruptela

















Simultaenamente á celebración o Play Off Nacional na Cidade da Cultura , no estadio Vicente Calderón de Madrid os míticos AC/DC preparábanse para á noite asatar o esceario na primeira das actuacions na capital da que Manuela Carmena axina será alcaldesa. Uns clasicos implacábeis os AC/DC e a tortilla dos Gharabotos deronse a man a centos de km ise serán de domingo para alimentar a Manuel Camiña que tan só unhas horas despois sería campión nacional de Varados.

















As facinas neutras coas que o xuri saboreaba cada petisco trocouse en analise polo miudo ó final da xeira de catación cando tocou valorar as diferentes creacions e sinalar as diferentes circunferencias sinaladas pola gloria do Millo Corvo e  Falso Shaolin


















un podium que tremou cando Serxio coma vocal do xuri anunciou a aplastante primacía chairega nista gran edicon do MilloCorvo do Play Off nacional 2015 , se como vimos noi video estalo de Tele-Varal o condimento verbal dunha filosofía de xogo e cociña do Cadaval fixo inconmensurábel o seu aplastante triunfo foi , a creacion dos Carabullo , a que datou a loucura entre os afecionad@s e a que fixo saltar todas as alarmas dos restaurantes dunha e outra banda do nacemento do Miño porque en se Mario abrazaba o trofeo con orgullo o valioso premio MilloCorvo á Mellor Tortilla con igual ou aínda máis orgullo se cabe o facía Mijo abrazando o trofeo Falso Shaolin que premia o atrevemento e a valentía dentro e fóra da cociña...MIlloCorvo-FalsoShaolin Sempre, Adiante a indixenismo alimetar e desportivo na Galiza!!

terça-feira, junho 02, 2015

...E DECÍAN QUE NON VALÍA PARA NADA!!
















Unha das máis controvertidas decisions da história da LNB foi sen dúbida elexir ise brutal insulto á dignidade galega perpetrado polo expresidente Fraga e incomprensíbelmente aínda en pé pese a que aquel tívio goberno gris de dous partidos collidos pola man se paseara pola moqueta de san caetano e tivera a oportunidade de botalo abaixo. De tódolos xeito un bipartito que non tivo coraxe para eliminar Luar da grella da television galega é case unha broma esixirlle que durante o seu mandato libere o Gaias disa esperpéntica mole de pedra chamada cidade da cultura.

















Recen inaugurada a Cidade da Cultura o gran seleccionador nacional Flores en compaña do seu secretario técnico Suso Villarino dos Remourelle Bulls foron dos primeiros visitantes o holocausto formando parte dunha excursión , en canto pisaron as primeiras lastras xa se deron conta que en realidade tantos miles de millóns de euros foran gastados non en balde senón para construir unha perfecta pista de billarda. Unha idea que inmediatamente transladaron á LNB que sen embargo tivo que agardar un tempo no conxelador , xa que a priori semellaba unha auténtica loucura froito dun posíbel sindrome de estocolmo que o seleccionador e o seu secretario técnico sufriran durante a visita ó descomunal empedrado do Gaias.Mais foi durante o traxecto na Guagua da LNB para a desputa do pasado Play Off Nacional de Conxo cando Ismael de Outeiro destapou de novo o saco dos tronos sinalando entrando en Compostela a Cidade da Cultura coma futuro obxectivo...e así foi como foi , desafiando a mesma lóxica ca o que perpetrou iste insulto ó pobo galego , insultamos ao insultador e levamos a Coroza da LNB e o Play off Nacional á zoa cero...















Foi iso , un espectacular derrube simbólico  ,o que quixo exemplificar a LNB levando á boca do lobo a celebración do Play Off Nacional , como dixo nun dos estados do facebook lanzados dende a pista de xogo polo palanador do Faisca Xosé Miguel , o gran pecado da LNB foi encher por primeira vez dende a súa apertura de Cultura e por encima Galega a Cidade da Cultura.


















Arrincaba pois un día histórico no que a incertudime e a carraxe eran as forzas invisíbeis que dirixían cada un nosos varados , en sesón de mañá como é norma desputáronde as finais nacionais infantil , feminina e a de equipas...


















coa adrenalima cabalgando polas veas dos palanadores e palanadoras da LNB chegaba a hora do indispensábel xantar de irmandade autoxestionado a pé de pista , un intre no que unha vez máis se puxo en marcha o agardadísimo concurso gastronónico MilloCorvo na procura da mellor e peor tortilla dos diferentes xantares que inundaron as mesas de pedra do Play Off Nacional 2015 , un concurso que sacou das trincheiras ó mítico Komando Carnelao que paseou a súa lingua por cada un dos manxares na procura da obra Millo Corvo e da súa contracapa , o premio Falso Shaolín á peor proposta.



















E despois do xantar , postre , café de pota-madre , chupiño e faria para aclimatar o corpo á sesion de tarde na que a final de Varados e a Final Absoluta serían os protagonistas...Mais foi unha sobremesa na que faltou un dos elementos cruciais , O Chiste dos Gatos de Flores , foron ducias os palanadores e palanadoras que botaron en falta iste imprescindíbel condimento no menú do play off nacional mais por motivos persoais Flores non puido estar fisicamente mais si o fixo espiritualmente guiando as nosas billardas e os nosos chistes...


















Toda unha tempada resumida nun golpe a cara ou cruz , a vida ou morte...na primeira tanda de de 5 varados nengún dos finalistas conseguiu a meta mais na segunda volta , cun adianto de 5 metros a final tinxiuse de emocion e fixo tremer as lastras do patético mausoleo fraguista. Palanadores que percorreron centos de km só e unicamente para xogar ista final , demostran a magnitude do brutal compromiso , un 10 para eles e para tod@s ises que chegaron reinqueantes e tolleitos polo dioivo festeiro pero que alí estiveron arrimando o hombreiro e o palán e pondo o seu gran de area...






E no ocaso da tardiña , a coroza púñase en xogo , coma o óxido das pedras chairegas que adornan a mole vergoñenta avanza sobre os adoquín do aldraxe....con isa mesma natural e incontrolábel forza e precision as billardas procuraban o varal na mítica final absoluta diste Play Off Nacional_2015.

















Podium Infantil >> Campion Nacional: Adrián
















No podium feminino>>  CAMPIOA NACIONAL: LU de CORREDOIRAS, 2 º BEGO de CORREDOIRAS , 3 º ELENA de GHARABOTOS

















Podim por Equipas : Campións Nacionais: Billardeiros Musicais , 2º Gharaboto , 3º Carabullo de Teixo
















Podium de Varados>> Campion Nacional: Camiña  , 2 º Salva , 3º Ricar




















E COROCEIRO NACIONAL : RICAR DE CORREDOIRAS /  traspaso de poderes e Coroza de Xan Rodiño Ricar sen incidentes mais faltou outra Coroza para o gran Mario de Conxo que abrazou canda nós a loucura e foi capaz de realizar as xestións pertinentes para que a gran serpe multicor da LNB puidera chegar e deslizar as súas billardas e a carraxe na arañeira de pedra tecida por un psicópata. Mario Sempre , Adiante Play Off Nacional!!