O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 27, 2015

O FATÍDICO ATAQUE DAS VESPAS ASIÁTICAS A UN GALIÑEIRO DE XERMADE PON EN ALERTA A TODA A CIVILIZACION BILLARDEIRA!!














Alerta máxima en todos os recunchos do país , se dende o incicio dos tempos a LNB sempre impulsou as súas poderosas billardas contra as bioinvasións foran istas do tipo que foran deportivas ou vitais ,  nun intre coma o actual no que as chamadas Vespas Asiáticas asulagan as nosas terras , é o intre de extremar precaucións e porse unha vez máis  na vangarda para a aniquilacion dista especie invasora.









E máis cando coñecemos a extremcedora nova do ataque distas Vespas Asiáticas a un galiñeiro de Xermade que deixou a vagade de tres galiñas mortas , unha declaracion de guerra en toda regla á filosofía vital da LNB que ten no froito dos ovos un dos sus pilares básicos de acción , de seguir por iste rego periga seriamente Abertos coma o do Galo de Nadal de Ribadeo ou o da Galiña de Mos en Castro Ribeiras de Lea , en plena terra cha , moi preto ddo galiñeiro de xermande donde aconteceu iste triple atentado avícola ....paláns ergueitos e coma en Korea do Norte estado de preguerra contra as bioinvasións en toda o universo billardeiro!! 

sexta-feira, agosto 14, 2015

ALMORZA CALOSTROS E #faitedaLNB!!

















Imaxes dun impacto brutal nos propianaron os exploasivos abertos celebrados a pasada find ó longo dos territorios da galaecia toda . Se ver a Sak , aborixe dos Ancares e mítico palanador dos Filloas de Sangue , recollendo o trofeo que o acredita coma gran campión do Aberto do Urogalo de Cervantes que el mesmo empurrou para nacer fai unha presada de anos e que despois dun parón de dúas edición retorna ó calendario LNB coa forzza dun xabarín ferido...



















  e dunha imaxe de altísimo calado indíxena a outra non menos alebrestrada , a que se producíu en Bueu durante a celebracion do gran Aberto de Chan na que puidemos ver ó mesmísimo Coroceiro Nacional  peito ó ar cazando unha billarda baixó o sol abrasador da pista de  Cela.

















e sen deixan de extremecernos , sincronizando os reloxos pola hora natural galega , é dicer. a oficial que rixe os destinos nas terras lusas , podemos ver a espectacular e histórica foto de familia realizada no lusco e fusco despois da celebracion do Aberto de Valpaços, a primeira gran accion LNB en terras portuguesas de consecuencias impredecíbeis...















Coa serpe multicor en marcha comezando a ultimar os calendarios regulares das diferentes conferencias , no horizonte aparecen cousas tan potentes coma a imaxe do popularmente coñecido coma o Piraña da LNB , o rapaz de 11 anos que arrasou con todo e se fixo co título de campión absoluto no aberto de Trives , se queres ser coma el ... almorza calostros e #faitedaLNB!!

sexta-feira, agosto 07, 2015

VALPAÇOS , TRIVES , BUEU E OS ANCARES ...OS CATRO PES DO GATO DO CHISTE DE FLORES!!















NON ESQUENZAS A TOALLA NEN O PALÁN CANDO VAIAS PARA A PRAIA ....ISA FOI UNHA DAS CONSIGNAS SOTERRADAS QUE CEIVOU O NOSO SELECCIONADOR NACIONAL CANDO AS CÁMARAS DA TELEVISION GALEGA O CAZARON POR SORPRESA NO SEU ESCONDITE DE VAGAR NAS PRAIAS DE BARREIROS , ISA E MÁIS A DE ABRIR SEMPRE OS OLLOS ANTE OS DESAFÍOS NO HORIZONTE  TANTO EN TEMPOS DE CANÍCULA COMA DE FRIAXE A QUE EMANA DO SEU XA MÍTICO CHISTE DOS GATOS..


















E nada mellor para meterse en faena que iste sábado acudir prestos e incluso sen deitarse ó campo da Barreira de Trives porque apartires das 11 h da mañá hai armada unha boa coa tribo emerxente da tan desexada Conferencia Auriense disposta a abrise paso a varados caia quen caia..

















Un sábado que promete emocións moi intensas tanto nos territorios de seu coma nos alén do Miño galegos de seu tambem , xa que apartires das 18 h . por hora natural galega e portuguesa celebrarase no estadio da Cruz de Valpaços o primeiro Aberto oficial LNB en territorio e franxa horaria lusa. Un gran paso ó fronte perpetrado polos activistas da Conf. RíasBaixas que escoitaron o tremer da terra veciña que pide bilharda a berros..






















E ó día seguinte , o domingo apartires das 5 da tarde moitos dos e das supervivintes de Valpaços estarán en Cela ( Bueu ) na desputa dunha nova enganchada de verán que tinxirá de marelo , as cores das xestas do coroceiro nacional , o serán do morrazo todo..


















UN domingo marcado a ferro na pel da serpe multicor da LNB co desputa dunha nova edicon do xa mítico Aberto do Urogalo nno campo de futbol do colexio de Cervantes . No marco das festas de San Román a semente prantada fai uns anos polos activistas indíxenas distas indomábeis terras dos Ancares fixo que o povo esixira billarda de novo despois duns anos de parón o foran a prpia institucion muncipal que collera as rendas e co asesoramento da LNB puxera en marcha a tan desexada V edicion do Aberto do Urogalo....Contra a extincion Pita Salvaxe e Billarda Sempre!!