O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 25, 2015

ISTÁ SÁBADO MÓLLATE NO ALBARIÑOS ( CUNTIS ) POLOS RÍOS, A TERRA E A BILLARDA!!


















Nun  país no que a unidade entre entidades de caracter político se torna imposíbel , a menos que haxa unha deputacion polo medio claro , é un luxado ter coma aliados a un colectivo como o Fervedoiro de Cuntis que unha vez máis collen os palán e as billardas non só para pasar unha tar xogando nomítivo verde do Albariños senón que para transformar unha área e unha zona de terra e auga esquencida polas institucións. iste sábado dende as 11 h . acode ó campamento base de Guimarei para participar na limpeza do río e como informan no espectacular estalo do seu web-blog oficial despois do río virá o xantar de irmandade para coller forzae e podes cuspir a iso das 16:30 h nas mans e na cara do inimigo na xa V edicon do Aberto de Billarda de Cuntis . A guinda a porá unha explosiva foliada con horario e final incerto....Fervedoiro Sempre , Adiante co Albariños!!

quinta-feira, setembro 24, 2015

ISTE SÁBADO EN CUNTIS...O FERVEDOIRO GOLPEXA DE NOVO!!



Aterradora video-creacion a dos activistas do Quinteiro do Umia que situan en cámara lenta e baixo a marra dunha banda sonora operistica a un palanador de incerto pasado que cun palán e cunha billarda  combate os seus propios demos internos . Impresncindíbel non darlle ó play e extremecerte unha vez máis co estalo que anuncia a xá 5º edicon do mítico Aberto de Billarda de Cuntis que oganizan inenterrumpidamente os activista da Asocion Fervedoiro na área de Albariños de Guimarei. A cita será iste sábado apartires das 16:30 mais se queres unirte dende a mañá hai activiades como a limpeza do río e o xantar de irmande previo ó Aberto e finalizado o torneo continuará a festa cunha brutal Foliada ..colle o palán e o fouciño e bótate a Guimarei , inscripcións: ofervedoiro@hotmail.com ....Billarda Film Fest xa!!

terça-feira, setembro 22, 2015

CUSPINDO NA MANS!!

















Unha gran tempada aproxímase na fronte NorLeste e a tribo da confencia mae acudíu como xa é tradición ó gran templo de Remourelle para conseguir a bendición do Deus Calvete no marco dunha nova edició do Aberto na honra do gran palandor dos Petapouco posterios ó xantar de irmandade co año do parroquial 2015 coma convidado de luxo.

















Mais antes de sentir a forza de Calvete , as billardas da conf. mae bruaron no Aberto do Son do Masma celebrado o sábado en Celeiro de Mariñaos Barreiros . Alí carabullos e Billardeiros mediron forzas e tantearonse coropo a corpo de cara ó primeiro gran desafíao regular no campo minado de Outeiro ( Muimenta ) ... non imos paras ate xogar en todas partes!!!

sexta-feira, setembro 18, 2015

EN MOSCOSO E REMOURELLE...CALVETE SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!























Espectacular cartaz para espallar na rede o anucion do Aberto de Billarda de Mosoco que iste sábado tinxirá de vermello , branco e azul o Campo da Lameira . Sende puntuais rogan os activistas da Conf. RíasBaixas para que apartires das 16:30 h as billardas comecen a bruar nista segunda enganchada puntuábel  , insitimos , que gran cartaz e que ben ía quedar coma portada do libro que artella a LNB coa disculpa do décimo anivesario...


















Un libro que dende logo terá un apartado especial para figuras tan transcendentais e icónicas coma Calvete. O gran palanador dos míticos Petapouco estará de novo iste domingo presidindo a pista de Remourelle na nova edicion do Memorial que leva o seu nome. Antes a tribo da Norleste collerá forzas na taberna de Lola no xantar de irmandade entorno ó año mouro gañado polos Billardeiros Musicias no pasado Interparroquial . Nen un paso atrás nen na moto nen co palán, Calcete Sempre , Adiante co Varal!!

quarta-feira, setembro 16, 2015

BROSAS E PALÁNS .... XEO NOS BEIZOS , SANGUE NAS MANS!!


















Na noite as montañas de Remourelle cuspen o vento do deserto , o bruar dos bois ceives e os espírito salvaxe do noso Calvete Sempre seduce unha vez máis o palán e os lápices de cores dun dos máis grandes referentes dista nosa revolución dun e outro lado da Ponte . Desafiando o reflexo das árbore no río , tecendo o presente e o furturo da LNB coa mesma brosa que o verdugo fendeu as nosas mentes Muriego rastrexa as profundidades do nosa identidade comun coma homus-billardeiros que somos para alertarnos que iste domingo en Remourelle e o sábado en Celeiro de Mariñaos no Son do Masma... Calvete Vive a Loita Sigue!!


















E Calvete Vive en cada varado no gran Aberto apertura da Conf. NorOeste na pista do Melga de Ponteceso no que Daniel de B.M seguíu coa súa teima de prantar pexegueiros na referencial beira atlantica da LNB...
















E Calvete vive en cada varado olimpico do exercito imbatíbel das RíasBaixas no estadio olimpico de Marin....Cuspe nas mans, Billarda Sempre!!

sexta-feira, setembro 11, 2015

AS NOSAS BILLARDAS EN PONTECESO , MARIN E TODO O PAÍS ACABICORNADAS SEMPRE Á LOITA DO SECTOR LACTEO GALEGO!!

















Compostela e Lugo sitadas polos tractores , a desesperacion e a esperanza de todo o pobo galego xunguido  inexosabelmente ó futuro e ó mais raiboso presente do sector lácteo. Vacas e paláns ó parlamento porque como dicían ás portas dise esterqueira de coiro e moqueta , alí non saben o que son nen unha cousa nen outra...




















Coas nosas billardas e olladas acabicorandas á loita do sector lacteo , iste sábado arrinca a brutal accion regular nunha das conferecias histórica da LNB, na NorOeste e faino estreando un espectacular espazo como é o Campo de Xogos do Melga en Ponteceso aproveitando o impulso que nos proporciona o balbordo das festa da Barquina e a forza do gran referente e druida do xogo tradicional galego e internacional Ricardo Pérez i Verdes , e como se anucia no espectacular cartaz, para competir e desbancar ós repunantes da Formula1,  haberá o sábado sesion de adestramentos oficiais e o domingo gran Final do Aberto apartires das 11 H. para toda a xente que previamente con tope ista pasado xoves se tivese inscrito niste gran campionato co que a NorOeste dá o pistoletazo de saída.

















E atención porque en Marin si vai haber pegatinas , porque para contradecir quela mítica canción dos Resentidos de Vigo´92 , na que Reixa cantaba que nunca Vigo sería olimpica e nunca terian pegatinas como tivo Barcelona. Pois iste domingo a Conferencia RíasBaixas da LNB fai un brutal despregue de medios e activiadas para subsanar a carencia olimpica que o corrupto Samarán non puido dar á Galiza.

















Unha morea de probas e actividades no estadio e vila olimpica de Marin que contará cun explosivo coctel sonoro en sesión de mañá cos imprescidíbeis Son de Marin homenaxeando ó gran músico , asubiador e petaportas  John Balán e pola noite no paseo marítimo da vila coas actuacions de Dakidarria , Tomawor&check selectak...unha festa das que deixan pegada, records mundiais e marcas no corpo !!

sexta-feira, setembro 04, 2015

A NOSA ISTÓRIA FACÉMOLA NÓS!!














No espectacular Aberto da Festa da Istoria de Rivadavia fai unhas semanas e farémola ista find. en Salvaterra e O Grove...























Porque iste sábado a xustiza poética camiñará unha vez máis acabicornada á xustiza billardeira no xa mítico Aberto do Festival da Poesía que dá o pistoletazo de saída á actividade salvaxe no marco da indomábel Conferencia Sur da LNB , apartires das 11:30 h. no Condado ( Salvaterra do Miño ) os paláns e rimas no Festival da Poesía 2015!!

















Pode que incluso se quedache con fame de billarda en Salvaterra déas un chimpo e pola tarde a iso das 17 h. arramples co teu arsenal billardeiro para a praza do Corgo no Grove donde toda a tribo das RiasBaixas estará agardando por ti coas billardas e os dentes afiados...Billardas Sempre , Adiante do Varal!!