O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 24, 2016

COLLENDO IMPULSO CARA O DESAFÍO DO BILLARDA-CROSS DO ALL STARS DE MOSTEIRO COA CACHUCHA DE BUAL E OS CIMÓS DE OUTEIRO!!




















Nabo , Nabiza e Grelo....a trinidade do bon galego , o refraneiro galego reforza a intensa co verde que istes días previos xa ó antroido inunda os nosos pratos e noso mais profundo ser indíxena. Cimos da mesma terra pola que cantou o carro de Manuel Maria bañaron as marabillosas e aluneadas conversas que surxíon fronte á Cachucha de Bual gañada por Manu de Polka e que iste sábado aterrou no Taberna de Lola de Remourelle presidindo un espectacular cocido de irmandade de equipas indíxenas da Norleste

















A conexion cantábrica do Liriu#Billarda como non podía ser doutro xeito acompañou cada tallada da Cachucha de Bual que estiraba a orella durante a tira e puxa verbal entre palanadores galegos e asturanos que teimaban en saber se o idioma que outorgou cooficialidade no concello da Veiga era o galego ou fala galego-asturiana . Dende logo , uninamidade total na mesa que non importa como carallo se chame a lingua senón que o governo municipal lle outorgue o respaldo oficial para que tando agradecen os o as falantes do idioma de seu. Porque mentras na nosa terra as institucions galegas aldraxan o noso idioma noutros parámetros como acontece na Veiga asturiana se lle outorga ise valor que todos apreciamos e en rúas coma as do Bierzo penduran placas co nome de Calle Xogo dos Bolos para designar ise canellón mentras que na Galiza o xogo dos Bolos e da Billarda son brutalmente deturpados para borrar toda pegada das prazas e rúas do país enteiro.















Mais non temos medo, co seleccionador nacional Flores e os capitán da selección Alvariño dirixindo os nosos pasos a Billarda continua no seu imparábel proceso expansivo cuxa metáfora brutal acontecerá no explosivo Billarda All Stars de Mosteiro en Pol coordiando polos activistas de Polka na que por primeira vez se porá en marcha a alebrestrada proba do Billarda-Cross. arrincando os chantos e invadidndo as leiras!!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home