O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 03, 2016

QUEIMAR ...E DESPOIS LER, XOGAR E ENCHERSE!!














A celebración dos 66 varados do gran Camiña no gran Aberto do Río Umia estivo acompañada pola presenza na pista de todas as estrelas do universo RíasBaixas , incluida a presenza do especialista na especialidade e artista multicisciplinas Luis Pirucha que nun break da súa frenética actividade promocional do deu ultimo libro ¨Ministerio de Literatura¨ acompañou co seu palán e a súa billarda un novo esturido billardeiro na súa conferencia de referencia.




















E simultáneo ó xostregazos en Ribadumia a tribo da Conf, NorLeste dirixía os seus varados cara o Varal instalado na pista exterior do Ceip da Pastoriza para a desputa dunha nova edición do Aberto da Bola de Liscos.

















Queimar e despois ler , isa é unha das máximas que está exprimindo Pirucha na súa xira promocional do ¨ Ministerio de Literatura¨ , chegar e despois vencer é a máxima que utilizaron os aslatadores do podium sobre o Río Umia nun Aberto maxistralmente xestionado polos Casilledin.














Chegar , bicar a bola de liscos e despois festa!! foi a máxima do colectivo indíxena que decidíu celebrar por todo o alto o exitazo de xente e emocions compartidas no gran aberto das Terras da Pastoriza , coordianado polos referenciais Cruzad@s , os palanadores dos Billardeiros Musicais transladaron o seu rodillo dende Ribadeo ó campo de Ceip chairego o seu rodillo que de vez en cando pasan polas diferentes pistas da Conferencia Mae. Daniel situouse no máis alto dun podium no que dun lado tiña á xove gran estrela fichada en estranas circurtancias polos Billardeiros , Rubén , e polo outro á todo poderosa Geni , sobre decir que en equipas tamén temberon se partiron entre eles a espectacular bola de liscos.