O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 11, 2016

MANOLO POZO FAISE CO ESPECTACULAR GALO NO PRIMEIRO GRAN ABERTO DE BILLARDA-QUIMBUMBIA DO RIBADEO INDIANO!!














Mentras en Viveiro a cor preta metálica inivadía os peitos dos milleiros de fans do Resurretion a cor branca anticolonial tomou a pista do parque dos indianos para desputa do primeiro gran Aberto do Ribadeo Indiano de Billarda-Quimbumbia que a LNB puña en marcha en colaboracion coa organizacion do evento para visualizar a irmandade na loita do pobo cubano coa Quimbumbia e do galego coa Billarda




















Un prisma , o caribeño , que ademáis do propio cubano viuse brutalmente amplificado polo presencia dun palanador Porto Riqueño que non dubidou en pousar os instrumentos da charanga coa que se achegou á vila para coller o palán e loitar coma un palanador máis polo ansiado e espectacular Galo Indiano.
























Un Galo Indiano e uns reconstituindes sólidos e líquidos que estaban situados no Set LNB a pé de pista á disposicon dos palanadores e palandoras para repor forzar e evitar a desidratacion nun Aberto moi esixente pola alta temperatura e o estreito do capo de xogo.

































Un Aberto indiano cuxa lista de participantes combinou unha espectacular nómina de xogadores , actuais estrelas da LNB militantes en franquicias coma Billardeiros Musicais ou á EkipA Bíteres , uníronse nomes míticos da LNB coma a palanadora Ribadense Lola que desputou todo o aberto a un gran nivel a piques de colarse na final e tamén como aconteceu co palanador Porto Riqueño unironse ó Aberto palanadores foraneos como o machetador asturiano Florentino que realizou niste Aberto Indiano o seu bautismo billardeiro e que dende Xixón se vai unir ó exercito Liriu na vindeira edicion da Copa Cantábrica.































Un primeiro Aberto Indiano que desembocou cunha gran final a catro na que a cor morado dos Billardeiros Musicias brilaba só eclipsada polo gran palandor da EkipA Michael Matos . Ó poderío do gran Manolo Pozo só o seu compañeiro Rubén   puido aguantarlle o tiron ate o final polo que o máis xoven dos BM ocupou o segundo posto no podium.

































E un terceiro posto compartido por Miguel dos BM e por Michael , o palanador e bitilleiro galego-domincano abrou coa mesma forza e precision dos seus golpexos a espectacular botella de Ron Arehucas coa que asalta por primeira vez un podoim da LNB .
















Un novo fronte se abre na gran xeira de Abertos de verán da LNB , a do Aberto de Quimbumbia-Billarda do Ribadeo é tan só un paso máis nista gran teima que nos invade e que cantaban os míticos Labazada no disco República Billarda ...Non imos parar ate xogar en todas partes , polo que donde haxa un palanador ou palanadora e haxa unha festa , un festival ou en evento haí ten que haber un Aberto , de nós depende- Billarda Sempre, Adiante co Varal!!