O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, agosto 06, 2016

CADA VARADO É O LUME E GASOFA QUE MANTÉN ACESA A CHAMA NO NOSO NON-ESTADIO OLIMPICO!!
















Non estarás , si que estarei....era un dos retrousos da sempre referencial canción dos Resentidos "Vigo´92" adicada á gran pantomima olimpica que ise ano se poleirou en Barcelona . En cada varado de lume nas pistas da LNB e en cada estalo da explosiva exposicion itinerante Fiestras da Liberdade resoa o retrouso contra a corrupción no deporte olímpico e federado da galiza e do mundo enteiro.















Miles de atletas desidratados deixaron o seu pelexo defendendo o seu limpo soño olimpico , máis tan só unha presada de imaxes lograron transcender do ambito exclusivamente deportivo para converterse en iconos sociais , un deles sen dúbida foi o impactante intre no que que un impresentábel sáe de entre o público nunha rúa de Atenas e placa ó maratoniano brasileiro Vanderlei Lima cando ía primeiro a moi poucos km. da meta . Que fora Lima e non o mafioso de Pele o elexido coma ultimo portador para acender a chama olimpica no estadio Maracaná foi un puntazo de esperanza nise mar de podredume que son as olimpiadas Río2016


















Unha imaxe a de Lima que marcou uns xogos mais a instantanea que realmente se converteu en icono foi a do podium do Black Power nas olimpiadas de México 68 , tan só fai un par de semanas na entrega de premios do Abierto de Noreña dos noso irmans do Liriu isa imaxe foi reconstruida ó igual que uns meses atrás o foi no podium do Aberto do Lacón de Meira.
















Temos un deporte e temos unha chama , isa que arde cara un dos nosos paláns e en cada un dos chisqueiros que tod@s levamos dentro , o teu varado é a gasofa que manten sempre o lume aceso no noso Non-Estadio Olimpico ...Billarda Sempre , Adiante co VARAL!!