A PRAZA DE EUROPA DE PIEDRAS BLANCAS VIBRA COA CELEBRACIÓN DA X COPA CANTÁBRICA DE LIRIU#BILLARDA!!
Imaxe para a história , o Conceyu Nacional del Liriu e a Liga Nacional de Billarda de xeito sempre autoxestiando conseguían o fatídico mesmo día do anuncio da morte do Comandande Fidel Castro celebrar a tan desexada X edicion da Copa Cantábrica , a mítica competicion de Liru#Billarda que enfronta dende fai de 10 anos de xeito interrompido ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza.
Ambientazo na centrica Plaza de Europa de Piedras Blancas donde despois de varios anos a Copa Cantábrica voltaba a desputarse grazas á maxistral xestion e teima do comandande do Liriu Hevia.
Comezaba a competición e pese que a Asturies repelía as primeiras embestidas disa gran besta brava chamada Auténtica non puido evitar coas súas machorras o retorno da Copa Cantábrica a terras galegas.
Voltou a Auténtica dirixida polo referencial seleccionador nacional Manolo Flores , facerse coa Copa Cantábrica nista décima edición da gran competicion asturgalaica.
Rematada a décima edición da mítica enganchada internacional entre Asturies e Galiza , os xogadores e xogadoras trocaron os paláns e machorras polas culleres , tenedores e coitelos no restaurante El Guaje para desfrutar dun espectacular xantar de irmandade presidido pola emoción e unha magnífica fabada asturiana.
E despois dos cafés e chupiños volta á pista de xogo, ista vez ó pavillón cuberto de Piedras Blancas para a desputa do mítico Llacón cantábrico-
O podio foi para 1º Daniel, 2º Pepe de Outeiro que levou para a chaira un espectacular exemplar de coello reproductor raza leonao de borgoña e 3ª Franco. Houbo entrega de premios e diplomas por parte do "capitán Hevia", alma mater destos enfrontamentos Galaico-Asturianos. Copa Cantábrica e Fidel sempre, Adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home