O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 01, 2016

O GALEGO VOLTA Ó SUNS-EUROPE DE UDINE DA MAN DO GALAIKO-IEIE DA FAMILA CAAMAGNO!!










A mítica crew de post-hiphop galico-suizo , Mafia Galega, representou á nosa lingua  na que á postre sería a derradeira edición na que o galego estivo presente no referencial festival de linguas minorizadas da Europa , o mítico “ Liet International “





Anos despois e baixo a etiqueta do SunsFestival con residencia fixa no Teatro Giovanni de Udine votou andar iste festival de idéntica filosofía que o Liet, foi o ano pasado , na edición 2015 cando  Caxade apresentou ao vivo o seu Gente Pota formando  parte dos  finalistas que un xuri elixe de entre todas as achegas remitidas ó festival dende todos os recunchos da Europa minorizada . E para seguir coa festa ista edición 2016 tamén teremos representante galego no Suns xa que A Familia Caamagno foron elexidos entre os oito finalistas para aparcaren as vespas diante do teatro Giovanni e ceibar a súa furia galaico ie-ie. Serán a única banda peninsular do festival , o seu tema “Lausanne” competirá con grupos Bretons, das illas feroe, irlandeses , escoceses... , a cita o vindeiro 3 de decembro ... moita merda e billarda Familia!!