O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 14, 2016

CUN ÉXITO DESBORDANTE VOLTOU Ó CIRCUITO DE VERÁN O MÍTICO ABERTO DO UROGALO DOS ANCARES!!

















Non foi no Carioca Areana de Río donde o Urogalo voltou bruar e emosar a súa espectacular prumaxe, senón que foi no campo de terra fronte ó pavillón municipal de Cervantes nos Ancares..

















donde o autocnono animal acompañado dunha poderosa tribo de palandores e palandoras famentos de billarda asediaron o Varal Cervantino
















Trocando o palán pola libreta de enfrontamentos estivo unha vez máis o grande Sak , o mítico palanador lugués que mantén sempre aceso o lume da palloza da LNB nos Ancares , foi quen coordinou e arbitrou iste mítico Aberto do Urogalo que despois duns anos en estado de ivernacón coma os osos que habitan tamén istas terras , voltou ó calendario de verán da LNB coa forza dun xabarín ferido

















Del tamén son as verbas do crónico do Aberto do Urogalo 2016 celebrado na primisra semana de agosto coincidindo coas festas locais >
>Rematou o aberto de Urogalo, con público totalmente entregado ao
desenfreno billardeiro. Desde nativos experimentados a novos
palanadores, pasando por emigrados retornados. O gañador foi Pablo,
novísimo palanador pero que xa levaba varios urogalos ás costas.



















Os Ancares coa sua feira con artesania, pitas de Mos, fotografia,
musica e baile pero a estrela da tarde foron as duas horas e media de
billarda nos colexios. 

E como non detrás do rastro das billardas
 queda sempre

a reivindicacion dunha fauna animal e vexetal autóctona e diversa que o Urogalo representa

porque nos nosos montes queremos coellos e pitas do monte 

e non chisqueiros do madrid e amo galicia

            que prenden o lume e nos condean a morte
                
Billarda e Urogalo Sempre, Adiante co Varal!!

sábado, agosto 13, 2016

A LNB CONSOLIDA O SEU BARATHON INSTRUMENTAL COA CELEBRACION DO GRAN II ABERTO DE TRIVES!!














Parece que hai Marea ...mais o realmente transcendete para o páis é que iste sábado 13 de agosto do 2016 houbo unha nova edición do mírico Aberto de Billarda de Trives , un brutal barathon instrumental para colapsar as cunetas e as gorxas do Sil de cervexa, likor café e semente billardeira...



















Co lume aceso polos irmáns da Canceiría de trives espallandose coma contra-fogo ó xerado polo dos
chisqueiros coa instripcion de  amo galicia , o cartaz do evento revolucionario incendiou as redes anti-sociais dos famentos palanadores e palanadoras das terras de ourense ...



Activistas de toda a provincia separatistas acudiron prestos e armad@s ó berro da Caceiría para atoparse apartires do medio-día na espectacular na explanda da Finca da Barreira para a desputa diste xa mítico Aberto  de verán no desordeado e implacábel calendario da LNB















Foto de Famila coa que celebrar o exitazo do gran Aberto de Trives e coa que depaso felicitar en nome da LNB os 90 anos dise quimbumbio e veciño de Láncara chamado Fidel Castro. Akí o espectacular crónico do sucesso bilhardeiro retrado polo compañeiros do Osil.com >>

Esta proba principiaba ao mediodía do 13 de agosto na Finca da Barreira
Tradición e deporte entrelánzanse nunha das propostas incluídas na VIII Mostra de Patrimonio Inmaterial, que promove a Asociación Cultural Caniceira. Trátase da segunda edición do Campionato de billarda que se desenvolvía cunha nutrida participación no mediodía do 13 de agosto na Finca da Barreira. Ao mesmo tempo abrían as portas da mostra de artesanía, situada no casco antigo da localidade

LUME E BILLARDAS EN BEGONTE CONTRA AS LAPAS E OS SEUS RESPONSÁBEIS!!

















Arde Galiza co lume forestal... tamén arden os teus ollos e billardas con pupilas de metal - Iste sábado en Begonte no incendiario Aberto de Billarda do festival 27373 lume en cada golpexo para combater o lume co lume de cada un dos nosos varados!!




















Unha marea de lapas percorre o país nada nos artililuxios das velas aromáticas e da incompetencia suprema dos dirixentes galegos mais tranquilo pobo porque somos os pailáns sacades os vosos paláns e deixade que o presidente apreite o chorro da  mangueira coas súas mans...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

sábado, agosto 06, 2016

CADA VARADO É O LUME E GASOFA QUE MANTÉN ACESA A CHAMA NO NOSO NON-ESTADIO OLIMPICO!!
















Non estarás , si que estarei....era un dos retrousos da sempre referencial canción dos Resentidos "Vigo´92" adicada á gran pantomima olimpica que ise ano se poleirou en Barcelona . En cada varado de lume nas pistas da LNB e en cada estalo da explosiva exposicion itinerante Fiestras da Liberdade resoa o retrouso contra a corrupción no deporte olímpico e federado da galiza e do mundo enteiro.















Miles de atletas desidratados deixaron o seu pelexo defendendo o seu limpo soño olimpico , máis tan só unha presada de imaxes lograron transcender do ambito exclusivamente deportivo para converterse en iconos sociais , un deles sen dúbida foi o impactante intre no que que un impresentábel sáe de entre o público nunha rúa de Atenas e placa ó maratoniano brasileiro Vanderlei Lima cando ía primeiro a moi poucos km. da meta . Que fora Lima e non o mafioso de Pele o elexido coma ultimo portador para acender a chama olimpica no estadio Maracaná foi un puntazo de esperanza nise mar de podredume que son as olimpiadas Río2016


















Unha imaxe a de Lima que marcou uns xogos mais a instantanea que realmente se converteu en icono foi a do podium do Black Power nas olimpiadas de México 68 , tan só fai un par de semanas na entrega de premios do Abierto de Noreña dos noso irmans do Liriu isa imaxe foi reconstruida ó igual que uns meses atrás o foi no podium do Aberto do Lacón de Meira.
















Temos un deporte e temos unha chama , isa que arde cara un dos nosos paláns e en cada un dos chisqueiros que tod@s levamos dentro , o teu varado é a gasofa que manten sempre o lume aceso no noso Non-Estadio Olimpico ...Billarda Sempre , Adiante co VARAL!!