O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 30, 2016

MONTEXALO É O EXEMPLO - #FaitedaLNB ....VEN , PARTICIPA E DIFUNDE!!















Un avion estrélase por falta de gasofa nun descampado colombian segando con elo a vidas de case todo o equipo de futbol brasileiro que ía nel , nunha outra explanada un outro avión , o da Conferencia Noroeste da LNB, despega firme e cargado de combustíbel de biomasa de toxo e ilusion dende a espectacular pista de despegue do Montexalo . Unha mañá histórica na que a referencial conf. atlantica rachou cadeas acadando un brutal novo record de asistencia.



















A redefinicion da estructura territorial da LNB reflexouse tanto no campo de xogo coma no podium , a noroeste acolle históricamente palanadores e palanadoras nómadas da norleste mais amplifica o súa nómina á natural absorcion da tribo estornela orixinaria da mítica conf. centro . Un podium que por primeira vez nista tempada desterrou a palanadres da conf. mae e deu entrada a Toño da Centro no terceiro posto , Collazo no segundo e Andrade no máis alto.















Un exitazo que xente e emocións compartidas que de seguro non vai deixar de medrar na Noroeste e en todos os frontes abertos pola LNB , en verbas dos organizadores diste grande evento no Montexalo puido ser aínda máis multitudinario de ter posto os cartaces en algun dos bares cercanos , polo que incidimos na necesidade do boca a e o varado a varado . #FaitedaLNB ..Ven, participa na difunde!!

domingo, novembro 27, 2016

A PRAZA DE EUROPA DE PIEDRAS BLANCAS VIBRA COA CELEBRACIÓN DA X COPA CANTÁBRICA DE LIRIU#BILLARDA!!


















Imaxe para a história , o Conceyu Nacional del Liriu e a Liga Nacional de Billarda de xeito sempre autoxestiando conseguían o fatídico mesmo día do anuncio da morte do Comandande Fidel Castro celebrar a tan desexada X edicion da Copa Cantábrica , a mítica competicion de Liru#Billarda que enfronta dende fai de 10 anos de xeito interrompido ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza.


















Ambientazo na centrica Plaza de Europa de Piedras Blancas donde despois de varios anos a Copa Cantábrica voltaba a desputarse grazas á maxistral xestion e teima do comandande do Liriu Hevia.


















Comezaba a competición e pese que a Asturies repelía as primeiras embestidas disa gran besta brava chamada Auténtica non puido evitar coas súas machorras o retorno da Copa Cantábrica a terras galegas.


















Voltou a Auténtica dirixida  polo referencial seleccionador nacional Manolo Flores , facerse coa Copa Cantábrica nista décima edición da gran competicion asturgalaica.


















Rematada a décima edición da mítica enganchada internacional entre Asturies e Galiza , os xogadores e xogadoras trocaron os paláns e machorras polas culleres , tenedores e coitelos no restaurante El Guaje para desfrutar dun espectacular xantar de irmandade presidido pola emoción e unha magnífica fabada asturiana.



















E despois dos cafés e chupiños volta á pista de xogo, ista vez ó pavillón cuberto de Piedras Blancas para a desputa do mítico Llacón cantábrico-





















O podio foi para 1º Daniel, 2º Pepe de Outeiro que levou para a chaira un espectacular exemplar de coello reproductor raza leonao de borgoña e 3ª Franco. Houbo entrega de premios e diplomas por parte do "capitán Hevia", alma mater destos enfrontamentos Galaico-Asturianos. Copa Cantábrica e Fidel sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, novembro 23, 2016

COPA CANTÁBRICA LIRIU#BILLARDA_2016!!









10 anos de Liriu , Billarda , Sidra e Licor Kafé. Iste sábado a Auténtica dirixida por Flores volta cruzar a Ponte dos Santos rumbo a Piedras Blancas ( Asturies ). Quedada de carros na estación de buses de Ribadeo ás 10 h. / Asturies-Galiza: 12 h. / xantar irmandade 15 euros e despois Abiertu do Llacón






















Palán ergueito, no brazo unha estrela, 
                            a nave de buxo rebenta a mañá!!

sábado, novembro 05, 2016

LATAS DE SARDIÑAS E BILLARDAS NAS INVISÍBEIS TRINCHIERAS DA CARRAXE!!















A espectacular exposición no museo Alfaco de Vigo sobre as latas de conserva atopadas nas trincheiras durente a guerra civil nos frontes do Ebro , Segre e Teruel " Cando obsevedes istas latas , tentade porvos no pelexo do soldado ao que serviron de sustento . Pechade os ollos e pensade no rapaz de entre 17 e 25 anos , sentado nunha trincheira , coa súa arma lista para ser utilizada e cunha distas latas latas entre as mans acompañada dun chusco de pan , inxerindo a súa única comida do día que podía convertersa na derradeira da vida.





















Oitenta anos despois nas trincheiras do desexo e do indexinismo un outro exercito regular cos paláns listos para entrar en loita se concentra iste domingo para dende as 11 h. abrir a lata das billardas na mítica Praza da Sardiñeira da Coruña e plantarlle cara ó mesmo verdugo das mil caras contra o  que os soldados da brigada internacional aloitaron














unha find á que que chegamos cargados de furia, furia  necesara para cuspir na tumba do amigo como fixemos xa fai anos na do punki da vida Lois Pereiro e fai tan só uns días na do Samurai de Cerceda Tabe . Furia tamén para cuspir dende a Sardiñeira na cara do inimigo, ise suxeiro que estaba fai oitenta anos ó outro lado da trincheira asexante mentras comiamos as latas de sardiñas e que hoxe está recén estreando goberno...Brigadas Indíxenas e Billarda Sempre!!

terça-feira, novembro 01, 2016

O GALEGO VOLTA Ó SUNS-EUROPE DE UDINE DA MAN DO GALAIKO-IEIE DA FAMILA CAAMAGNO!!










A mítica crew de post-hiphop galico-suizo , Mafia Galega, representou á nosa lingua  na que á postre sería a derradeira edición na que o galego estivo presente no referencial festival de linguas minorizadas da Europa , o mítico “ Liet International “





Anos despois e baixo a etiqueta do SunsFestival con residencia fixa no Teatro Giovanni de Udine votou andar iste festival de idéntica filosofía que o Liet, foi o ano pasado , na edición 2015 cando  Caxade apresentou ao vivo o seu Gente Pota formando  parte dos  finalistas que un xuri elixe de entre todas as achegas remitidas ó festival dende todos os recunchos da Europa minorizada . E para seguir coa festa ista edición 2016 tamén teremos representante galego no Suns xa que A Familia Caamagno foron elexidos entre os oito finalistas para aparcaren as vespas diante do teatro Giovanni e ceibar a súa furia galaico ie-ie. Serán a única banda peninsular do festival , o seu tema “Lausanne” competirá con grupos Bretons, das illas feroe, irlandeses , escoceses... , a cita o vindeiro 3 de decembro ... moita merda e billarda Familia!!