O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 27, 2017

SÁBADO EN VILABOA E O DOMINGO DO LATEXO NAS ENCROBAS Ó ABERTO DO LACÓN DE MEIRA!!




















Espectacular catar o que se curraron os activistas da Conf. RíasBaixas para anunciar ó mundo a enganchada regular diste sábado en Vilaboa. O domingo nas Encrobas estará a exposición itinerante de cartaces e estalos dos anos de activiade e hiperenxebrismo da LNB , dende logo hai que ir pensando nun apartado para incluir xoias para os nosos ollos e sentidos coma iste flyer de Vilaboa






















E o domingo , espectacular programa de actividades paralelos do explosiva  xornada regular da conf. noroeste nas Encrobas , Moncho Valcarce en cada varado iste domingo aparitres das 11 h. e sempre!!















E moito ollo porque os acticvistas LNB que iste domingo se queiran desprazar da conf. atlantica á conf. mae que teñan coidado xa que ista pasada madrugada foron liberados unhas 400 perdices dunha granxa de Monforte ....
















Coas perdices ceibes e Quinin vivindo a corpo de rei en Dumbria non hai mellor perludio para que a oitava edicon do xa mítico Aberto do lacón de Meira se convirta nun autnetico exitazo . Paláns ergueitos e lacón salgado , iste domingo apartires das 15 h, no parque se o tempo o permite e senón no pavillón municipal a tribo LNB ten unha cita ineludíbel nas terras da tropa lixiera....Billarda Sempre, Adiante co Varal!!