O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 17, 2017

AS BILLARDAS NAUFRAGAN NAS MADRUGADAS DE LUGO E MONDOÑEDO!!


















Afrontamos unha brutal finde na que gorxa e o palán se preparan para combinar o paladar co perigoso sabor salgado do Aberto de Billarda no festival Candeloria de Lugo e o Aberto das Tartas de Mondoñedo...





















Iste sábado o exterior do pavillón de feiras e congresos de lugo arderá apartires das 16:30 h. co Aberto de Billarda do Candeloria_2017...un previo perfecto para que os lehendakis dende o esceario expresen a súa admiracion polos osos panda , Maradona e @s da LNB , únete á xente e fauna perigosa / inscripción: 676.597050!!
























E o domingo a serpe multicor transladarase de Lugo a Mondoñedo coas rais continuas , os cubatas e as cuncas de viño escorregando pola faciana en forma de lagañas para a iso das 15 h asaltar as lastras da mítica Alameda dos Remedios. Deixareemos a ialma , o fígado e o alento en cada Varado na loita polas tartas aborixes do vello e o novo Simbad!!