O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, fevereiro 21, 2017

O CADAVAL EXTENDE O SEU PODEROSO MEXO DE LOBO DENDE O CANDELORIA-LUGO Ó ABERTO DA TARTA DE MONDOÑEDO!!



















EN MONDOÑEDO FOI COMO SE TODO SE PARARA...FÓRMANSE ESTALIDOS , REDONDÉNANSE LOMBOS E MURIEGO DINOS ALGO TREMENDAMENTE PEDRA.



















Pepe Vidal asaltou o podim Mindoniense e fíxose coa gran Tarta autóctona que o acredita coma campión absoluto dista nova edición do Aberto na vila  de Cunqueiro . A imaxe do podium contrasta e ó mesmo tempo exemplifica o brutal impacto social que ten billarda no seu propio ADN  , a veteranía do gran palanador de Cadaval cos xovesncísimos Tomas e Rubén cos que comparte xornada de gloria.




















Máis de medio cento de palanadores e palanadoras participaron nista oitava edición do xa mítico Aberto da Tarta de Mondoñedo...un xeito alternativo de pescudar novas experincias sobre o chan da psita dos Remdios o que outros van buscar nas profundidades da cova do rei cintolo



















Pese a non poder asaltar o podium , sen dúbida , Angel de Billarda Verde , a franquicia con sede na Chave das Noces de CastroVerde, foi un dos grandes protagonistas da xornada , xogou a final polo terceiro posto e pese a quedar fóra dos tres peldaños bañados polo cabelo de anxo das tartas deixou fonda pegada do poderío seu en particular e da súa equipa en xeral . E ademáis do xogo non podemos deixar á marxe a súa querencia pola moda aplicada ós seus pantalóns , nun intre no que se está afirmando que o mexo de lobo é o unico remedio válido contra o asedios dos xabaríns ás leiras de millo e de todo tipo de cultivo , Angel aplica metaforicamete ista premisa ó seus vaqueiros que semellan teren sido atacados polo fero e marabilloso animal dos montes galegos para ó vestilos posuir a súa raiba , forza e precision en cada un dos varados na pista.


















Non é que os lehendakaris muertos viñeran de lugo-candeloria no seu coche oficial para adesputa do Aberto a Mondoñedo , senón que a billarda como desporto extremo que é non quere ambulancias nen botiquíns, nen padiolas ....a pé de pista . senón que o único vehículo que espera é o cocbe da funeraria unico tranposte posibel para o palanador ou palanadora en quebranto na pista da LNB.
















Un quebranto que houbo a feixes ben entrada a noite no festival da Candeloria de Lugo donde os Lehendakaris e a LNB coincidían de novo despois duns anos atrás ter outra vez colapsado en Chantada. Pepe de Outeiro nunha final de infarto que paralizou o sábado no lusco e fusco ó país enteiro por medio da histórica retransmision ao vivo de Tele-Varal Facebook-Live, alí puidemos seguir dende calquer recuncho do mundo o sufrimento de Viqueira ó ver como se lle escorraga o triunfo coma a auga entre as dedas e ollar a felicidade de Pepe ó verse asaltando o primeiro posto no podium. Completou o tridende histórido do Candeloria_2017 , o palanador-Maradoniano Ismael de Outeiro cun gran terceiro posto.




















Unha imaxe e unha verbas , as de Tomas  , recibindo no podium a Tarta de Mondoñedo que o acredita coma segundo clasificado no Aberto Cunqueirense , - É unha emocion e un orgullo moi grande recibir de ti Flores iste gran trofeo .Unha admiracion que é extensíbel ó terceiro clasificado o xovencísmo Rubén que sempre amosa o seu resteito máximo á figura do noso gran seleccionador nacional tanto na pista de xogo coma cando del recibe os premios no podium.





















E como xa é habitual entre bítores e apupos, como a franquia a bater que sempre son ,  recibirom os Billardeiros Musicais o espectacualr Botelo da LNB, o premio á mellor equipa da xornada




















E por se non fora pouca mostra de fraternidade ó espírito da LNB agradecer con isas verbas a entrega da Tarta de Flores, Tomas e o resto da tribo carabullo dirixíronse ó templo mindoniense do indixenismo-billardeiro chamado O Valeco , para compartir o exquisito trofeo e bañalo en viño , cervexa ....e emocións compatidas...Billarda e Valeco Sempre , Adiante co Varal!!