O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 11, 2017

A LNB ESTREA EN POIO O PRIMEIRO CAMPO PERMANENTE DE BILLARDA ...UN ESPAZO CEIVE E LIBERADO DA REPUNANCIA DEPORTIVA!!






















No restaurante A Gata Meiga de Poio é donde se garda a mítica Coroza coa que cada Play Off Nacional se viste o campi@n  absoluto , e moi preto do acougo da coroza unha histórica acción aconteceu ista find. coa inauguracion do primeiro campo de xogo permanente destinado á práctica da billarda por obra e graza do concello de Poio.















A LNB atopu un aliado niste concello pontevedrés para por en marcha unha brutal experiencia piloto cun espazo billarda para o desenrolo do noso deporte nacional que ogallá sirva para espallar a idea por todos os recunchos do país. Dous varais permanentes e meterial sempre  á disposicion de calquera que queira por a bruar as billardas , son os elementos básicos  sobre os que pivota ista pista iniciativa que axuntou en Poio iste pasado sábado 8 de marzo do 2017 a palanadores e palanadoras de todas as conferencias para inaugurar iste campo base LNB.















Espectacular album da voz que amosa ás claras o exitazo da inauguración do campo permanente , un espazo que aínda que destinado á practica da billarda na LNB desexamos que sexa aproveitado multidisciplinarmente por disciplinas do deporte galego de seu coma as chegas de bois , a loita galega , a chave , os bolos ou a porca. Campos permanentes de Billarda ...espazos ceives e liberados da repunancia!! 

19 Comments:

Postar um comentário

<< Home