O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 30, 2017

PLAY OFF NACIONAL_2017>> PRESENTACIÓN , NÓ E DESENLACE!!



















Ruxiron os paláns , as billarda e os centos de Rumoros@s da LNB que iste pasado domingo se deron cita no espectacular marco do campo de futbol de terra do Fátima para a celebración por todo o alto e baixo da gran muiñada do Play Off Nacional-2017



















iste próximo sábado a Galega emitirá a Copa Ibérica de Futbol Gaélico que se vai desputar na Coruña, unha excelente nova para todo o desporto autoxestionado e de raigame mais unha mágoa que ista cobertura do ente publico galego non se extenda máis aló xa que por desgraza eventos multitudinarios como o noso Play Off Nacional continúa na penumbra máis absoluta dista canle publica.




















Será que o poder , as institucions e os medios publicos galegos temen e igual con razón a firmeza e queren evitar o inevitábel ...a brutal proxeccion nacional e internacional da indomábel Tribo Coroza!!



















Desporte e xantar autoxestionado , as tortillas e o viño voltou correr a regos coma o sangue correrá dende o Caurel a Compostela para derrubar coas forza das nosas billarda as fiestras tapiadas polo feixismo para que os nosos irmnás do centro social Escarnio e Maldecir volten vacinar de vida e coraxe as pedras do seu local na praza de Cervantes.



















E non só viño e cervexa regaron cada un dos nosos varados , sidra artesá e galega ó estilo bretón saíu da neveita portatil da tribo da Noroeste para de xeito solidario acompañar os petiscos das mesas veciñas ...saiban todos ahí fóra , se queres auténtica sidra galega dirixete a Martiño de Campo da Feira



















E no medio da tempestade de varados , petiscos e grolos ....o xuri do Millo Corvo arrincaba o seu paseiño armado con navallas e coitelos para elexir  a mellor e peor tortilla do Play Off Nacional




















Aromas e sabores das mellores tortillas do país misturábanse coa coñac coa que algun dos xuices do Milla Corvo desinfectaba os beizos despois de cada petisco- Non cho quero decir , a tortilla realizada por Luis Camiña dos Corredoiras de Bueu foi a Millo Corvo 2017.


















Finais de mañán e tarde queconvertiron o estadio do Fátima nise Estornópolis que todos levamos dentro...
















Adriana de Valpaço proclamouse campioa nacional infantil





















A Mñitica Chefa de Corredoiras de Bueu campioa nacional feminia


















Markitos de Billardeiros Musicais rachaba o horizonte e preparaba o corpo e a boneca para vestir a Coroza proclamnadose Campión Nacional de Varados.


EQUIPOS: 1º Corredoiras Bueu / 2º Carabullo de Muimenta / 3º Gharaboto Marin























E coma colofón brutal Markitos de Billardeiros Musicias proclamouse Coroceir@ Nacional_2017 convertindose ademñais no primeiro gran tricampión nacional absoluto da LNB...Coroza Sempre , Adiante Play Off Nacional!!