O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 25, 2017

MANU POZO , O GRAN PALANADOR CORDOVÉS DOS BILLARDEIROS MUSICIAS CRUZA A PONTE DOS SANTOS CO PITU CALEYA_2017!!



















O barruzo da sidra golpexando no fino vaso e bañando os nosos corpos e paláns , marca inexosarablemente o pistoletazo de saida na marxe cantábrica da brutal e impredecíbel xeira de abertos diste verán 2017.




















Cheiro a sidra e a pitu caleya unha vez incendiaron as festas de Piarnu no concello asturiano de Castrillón que unha vez , e xa van 10 con ista , acolleu o mítico torneo de Liriu do Pitu Caleya.



















E coma un raposo famento asexando no galiñeiro , Manu Pozo , o gran palanador cordovés dos Billardeiros Musicais dende o primeiro intre botoulle o ollo ó espectacular exemplar de Pitu Caleya situado coma sempre a pé de pista , un sentimento de supervivencia e persecucion salvaxe que transladou ó terreo de xogo en cadanseu golpexo na procura do tan desexado Castru.



















Un castru e un Pitu Caleya que unha vez máis tivo ó Comandante do Liru Hevia coma coordiandor e organizador diste prestixoso evento referencia bsoluta para o deporte do Liriu en Asturies.
















E mentras na beira cantábrica se combatía a canícula a base de fresca e cantarina sidra , na beira atlántica o viño e as sardiñas eran os acompañantes perfectos para cada varado en Poio no primeiro Aberto de billarda de San Xoán coordiando polos refenciais Armadiña Billarda



















Estoupaban os foguetes no ceo de Piarnu e os xeos nos primeiros vasos do vermu para celebrar e anunciar ó mundo a Manu Pozo coma gran e merecedor campión do Pitu Caleya-2017....Pitu e Hevia Sempre , Adiante  Liriu Asturies!!