O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 20, 2017

DA ZAPATEIRA A LAXE, A LNB TENSA O ADIVAL DA HISTÓRIA CUN EXPLOSIVO ALL STARS_2017 NA COSTA DA MORTE!!















A noite dun Billarda All Stars sempre é máxica e máis máxica e salvase é se a tribo LNB desemboca despois dun día enteiro de varados e furia coma unha larada de lobos e lobas famentos diante dun esceario con 12labirinto e os seus compañeiros de grella artistica , Xenderal e Druidas da Rolda



















Arrincaba unha histórica  xornada no espectacular marco da praia de Laxe cun multitudinario concurso de tripas e varados que pola súa gran afluencia impedía que se celebrase o mítico concurso de mates que para unha vindeira edicion quedará














Xantar de luxazo no restaurante o Pino  donde as diferentes confluencias da LNB presentes en Laxe  mentras lle metían o dente á carne fresca e lle petaban ó viño e likor estableceron os tecidos para os futuros asaltos














Pero ademáis da multitudinaria asistencia e da gran xention organizativa da Noroeste , iste All Stars Laxe:2017 pasará á história pola espectacular retransmision en tempo real polo Facebook-Live , unha incendiaria version de Tele-Varal ao vivo que converteu ista edicion do partido das estrelas no máis seguido de todos cantos se teñen celebrado. Explosivas doses en forma de estalos a pé de pista con Serxio coma enviado especial e Xosé Miguel coma cámara alebrestrado fixeron posíbel iste gran suceso que eclipsou totalmente o partido de Galicia vs Francia de futbol gaélico emitido pola Galega.




















E sobre a area de Laxe no lusco e fusco desputouse o gran partido das estrelas no que palanadores coma David Fontan tensaron o gran adival da LNB que une Laxe co primeiro Billarda All Stars celebrado na Zapateira da Coruña.
















Xosé Collazo foi o gran campión do concurso triplas-Varados All Stars_2017 e o mítico Ivan de Furabolos da Conf. Centro foi o campión absoluto no partido das estrelas. Paláns e alto porque o vindeiro Billarda All Stars por primeira vez na história desputarase no hemisferia sul do país...Billarda Sempre , Adiante All Stars!!

sexta-feira, março 17, 2017

BILLARDA ALL STARS_2017 >> UN FEIXE DE ANOS DESPOIS AS ESTRELAS, OS MATES E OS VARADOS RETORNAN Á GRAN CONF. NOROESTE!!






















Despois dunha infinidade de varados o all stars retorna á conferencia mae do partidos das estrelas , da Zapateira da Coruña á area  ás cuncas da praia de Laxe.















Un programa espectacular dun billarda all stars-2017 que foi apresentado cunha incendiaria  Palestra LNB en Laxe acompañada dunha brutal instalacion artitistica e audiovisual...















Todo elo enmarcado co arrecendo dos suores e xuramentos da exposición itinerante Fiestras da Liberdade , 10 anos de actividade e hiperenxebrismo . Iste sábado mates , varados , tripas , estrelas e chipiños de likor café en Laxe e no universo billardeiiro enteiro co Tele-VARAL live no facebook oficial da LNB Noroeste ...All Stars Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, março 12, 2017

VARADOS NA PRAIA E GROLOS DE VIÑO E CERVEXA ARTESÁ OLLANDO CARA A LAXE _BILLARDA ALL STARS_2017!!















Os activistas da Noroeste xa están emparandose de area e salitre na praia da Laracha entumecendo os seus ósos e paláns coa brisa atlantica para dentro dunha semana desfrutar da explosiva nova edicion do mítico Billarda All Stars . Triplas , mates e sen fin de varados e activiades inundarán a praia de Laxe iste vindeiro sábado .


















Como previo de luxo o gran aberto do Río Umia ista find . no que os palanadores e palanadoras da Conf. RíasBaixas afogaron entre varados , viño LNB e cervexa artesá as súas ansias de abrazalas estrelas. Viño LNB dos Caselledin que vale tamén para bridar polo gran triunfo que suporá dentro duns días a primeira emision  en directo pola Galega dun partido de futbol gaélico, e cervexa artesá galega e billardeira para bebela dun grolo e arrebolarlle ós directivos da devandita canle a botella ós fuciños para recordarlles que aínda está pendente a retransmisión dun partido do noso deporte nacional ...Billarda Sempre , Adiante co viño e cervexa galego indíxena e artesá!!  

sábado, março 11, 2017

AQUÍ A TERRA E ALÍ O PORCO CHATO MURCIANO!!


















A LNB estivo de promo internacional cun brutal estalo que se emitirá nun par de semanas no "Aqui la Tierra de tve1"


















O día anterior á gravacion no espectacular marco do campo fronte á mítica estatua do gaiteiro galego da Santa Cruz de Ribadeo , emitiuse no programa unha reportaxe referida á recuperacion do porco chato murciano , unha laboura equiparábel á que se está a facer no páis co porco celta , que levan sobre unha ducia de criadores de cocho disas terras que no caso de celebrarse un aberto en terras murcianas dende logo apostariamos porque xirase sobra a figura diste gran cocho mouro de fuciño chato.


















e
Vai sintonizando pois o teu aparello para dentro duns días desfrutar do gran estalo billardeiro que se emitirá no programa da tve1 entre as 20:30 e 21 h. da tarde...Billarda , Terra e Porcos Sempre!!

domingo, março 05, 2017

#FAITEOUVIR ....NA LNB AS NENAS TEÑEN PALÁN E OS NENOS TAMÉN!!



















A sempre polémica Guagua serigrafiada da LNB co lema das nenas teñen palán e os nenos tamén
 un ano máis fixo parada e fonda en San Miguel de Reinante para a desputa do Abertinho non puntuábel do San Rosendo coordiando polo gran selecionador nacional Manolo Flores.




















Un Abertinho que edición a edición colle pulo e forza no gran almake da LNB que nista enganchada do 2017 contou cunha espectacular nómina top de palanadores da mariña e da chaira.



















ás xa coñecidas e recoñecidas estrelas da conferencia mae que se deron cita en San Miguel sumaronse novas promesas que se estrearon na competicion como foi o caso do gran palanador da Pontenova Carlos que da man do capitan Satxas das Troitas Bravas agarrou o palán para de seguro xunguirse a el para non ceibalo xamáis ó igual que o resto de exercito de  doentes da billarda



















Un exercito regular billardeiro que xa ten entre as súas filas a un outro referencial Troita Brava como é Navallo , o indomábel palanador do EoNavia residente e resistente en Castropol , con nome de tribo indíxena americana , foi un dos pilares dun gran Aberto que con cadanseu golpexo alumeaba coma un lóstrego a pista da festa de San Miguel de Reinante.



















Uns lóstregos e un ar enfurecido que tumbou o esceario da orquestra Trebol mais que permitiu unhas horas antes de suspenderse a festa a explosiva entrega de premios do gran Abertinho do San Rosendo_17 co Ekipa-Bítere Xermán Viluba aferrado ó espectacular Lacón de seis kilos que o acredita coma campión absoluto nun podium acompañado por Daniel abrazado á cachuca coma segundo clasificado e Manolo Pozo bicando as dúas restras de chourizos coma terceiro clasificado..Racha co apartheid anti-indíxena , colle o palán e #FaiteOuvir!!